jueves, 22 de abril de 2010

Caderno de agosto

A autora deste libro que lin é Alicia Vieira.
Trata dunha rapaza chamada Gloria que ten 15 anos. Escribía todos os días un diario no que contaba as cousas máis importantes que lle pasaban. A Gloria non lle gustaba nada estar moito tempo con súa nai porque sempre discutían por algo. Gloria tiña un irmán chamado Antonio, con quen vivía e mais con súa nai, porque seus pais estaban divorciados. Un día, a Gloria pareceulle moi raro que súa nai estivera cariñosa con eles, e sobre todo con ela, xa que se levaban mal. Súa nai estaba así con eles porque estaba namorada, pero non de seu pai, senón de outro home, Teotonio. A nai de Gloria invitouno un día á súa casa a tomar un café con eles. El foi e estiveron toda a tarde falando. Despois, Teotonio tivo que marchar. Gloria e Antonio tiñan un plan sobre súa nai e o seu namorado con súa tía Fátima. Un día a nai de Gloria invitou o seu namorado a cear e esa cea foi algo desastrosa, aínda que os rapaces marcharan ao cine con súa tía Fátima para deixalos sós. O pai deles preguntoulle a Fátima se era verdade que a súa ex-esposa tiña namorado e ela confirmoullo. Esa noticia sóuboa tamén a avoa de Gloria, que se asombrou moito.
De alí a uns días Teotonio deixou de ir á casa e era porque xa non saían xuntos. A avoa falou con el, pero non se solucionou nada. Unha noite Antonio e súa nai estaban vendo o telexornal coma de costume, ata que se lle estragou a televisión e tiveron que chamar ao veciño, que era técnico e aranxoulla. Desde ese día a nai dos rapaces volveu asubiar, que era sinal de que estaba contenta outra vez, todos estaban contentos. A súa nai dedicábase a escribir un libro con Arcanxo, un compañeiro da editorial, que o acabou e publicou. E dende entón, quen sabe se a nai dos rapaces volverá asubiar?
A nota que lle poño:8

1 comentario:

Unknown dijo...

A min tamén me encantou ese libro, e iso que xa son maior. Pareceume fresco e divertido.