viernes, 19 de junio de 2009

Good morning, Galicia



Non corren bos tempos para a nosa lingua. Incomprensiblemente, en pleno século XXI estásenos cuestionando o dereito a coñecela. Logo virá o de usala. Nas vosas mans e na vosa intelixencia, alumnas e alumnos de Forcarei, está unha parte do futuro dunha lingua que empregades acotío porque, como di o poeta Carlos Negro, vós nos vos avergoñades do cheiro a esterco dos vosos avós. Lembrade que Sócrates, un sabio da antigüidade grega, dicía que só hai un gran ben, o coñecemento; e só hai un gran mal, a ignorancia. Lamentablemente, hai moito xente en Galicia disposta a gabarse da súa ignorancia.
Se queres saber por que coñecer linguas é saber máis, clica aquí.



Déixovos o meu agasallo virtual para todos. Déixovos esta fermosa canción de Mercedes Peón que nos visitará en breve ao insituto.



E tamén este poema de Celso Emilio versionado por Dios ke te crew.




1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola, pasaba por aquí, logo dunha tempada do seminario de dinamización lingüística e preguntábame se poderiamos poñernos (dpatrines@yahoo.es) en contacto co fin de que no centro se fagan cousas semellantes ás que facedes en Forcarei. Moitas grazas.