domingo, 27 de noviembre de 2011

Eloisa está debajo de un almendro

Autor: Enrique Jardiel Poncela, Editorial: Espasa






Este libro é unha comedia de enredo, de dúas familias que son moi bos amigos, Briones que é unha familia de tolos e os Ojeda.


Mariana Briones e Fernando Ojeda son noivos e teñen un misterioso segredo que nos os deixa vivir realmente polo amor que senten.


Clotilde Briones, tía de Mariana por pare de nai (Eloísa), mantén unha especie de relación con Ezequiel Ojeda (tío de Fernando).


Micaela, irmá de Edgardo, está empeñada en que todos os sábados entran ladróns á facenda. Edgardo non se levantaba da cama dende que a súa muller Eloísa morrera asasinada.


Julia, a filla menor da familia Briones, desaparecera durante tres anos e foi aparecer casada cun policía chamado Luísote.


Clotilde pensaba que Ezequiel mataba mulleres, cando en realidade descubriu que mataba gatos.


Mariana pensaba que Fernando matara a unha muller e a enterrara debaixo dun almendro. Pero, ao final descúbrese que os Briones viviran na casa que agora pertencía aos Ojeda e o asasino estaba entre eles, era...




NOTA: 8,5

No hay comentarios: