miércoles, 2 de junio de 2010

A I Guerra Mundial


Unha das imaxes da sanguinolenta I Guerra Mundial foi a das trincheiras. Para facervos unha idea de como foi esta cruenta guerra podedes repasar as fotos da revista Life aloxadas aquí.
Para continuar temos aquí unha actividade sinxela para írmonos facendo unha idea.
Foi tamén unha guerra tecnolóxica, como podes ver nesta entrada

E xa na web podedes ver numerosos vídeos sobre esta guerra. Aquí vos deixamos un deles:

E se aínda desexades saber máis, podedes ver este blogue.
Por último propóñovos as seguintes actividades:
a) Ver unha película sobre o tema, por exemplo, Sendeiros de gloria.
a) Imaxinade que estades nunha trincheira. Escribe un diario que abranxa tres días neste lugar
c) Facede dous equipos: uns investigade sobre o Barón Rojo e outros sobre Lawrence de Arabia. E logo presentádenos aos demais os resultados.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oliñas a tod@s!
Estiven buscando na páxina principal e tamén nese peixe tan requeterriquiñofaladeiro que tan amablemente che dá a benvida. E como non atopei onde escribirvos os parabéns polo premio que acadástedes, déixovos "fora de lugar" o comentario que vos quería facer:
Que parabéns por este premio, xa que é unha alegría ver como vos premian o traballo e o esforzo feito. Unha aperta para tod@s, aos "sete" e máis ao "un", e que teñades unha boa e feliz continuación de verán.
Vou seguir curioseando no voso blog, que tou aprendendo cousas da Primeira Guerra Munidal que non sabía e lembrando outras das que xa non me acordaba.
Apertas, Isabel, a de música!
;-).