viernes, 20 de febrero de 2009

A pulseira de Raquel


A miña pulseira sérveme para poñer no pulso da miña man. O seu tamaño é pequeno e de forma delgada. Ten unhas arandelas de dobre fío e cunha placa onde ten escrito o meu nome en maiúsculas e a data de nacemento. A súa cor é de prata. Para min ten un valor moi especial porque regalouma miña nai con moito aprecio e cariño. O seu prezo non o sei porque é un regalo. A súa procedencia tampouco a sei. Para min non se pode comparar con ningunha outra porque aínda que haxa algunhas máis bonitas só me gusta esta.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Confío que dentro de 20 años mires esa pulsera y te acuerdes de todo lo que significa para ti hoy y lo que significará en el futuro. Cuídala

Anónimo dijo...

A min tamén me regalara miña nai unha e sempre me dicía "é de prata da que cag... a gata". Cando souben o que significaba iso aínda me gustou máis. Anda sempre comigo na carteira, entre as moedas.