O autor deste libro chámase Patrick Süskind.jueves, 17 de diciembre de 2009
El perfume
O autor deste libro chámase Patrick Süskind.jueves, 10 de diciembre de 2009
Ollos de auga
Mutacións xenéticas
O seu avó oíuno, foi alí correndo e comezou a contarlle que estaba experimentando con animais para aforrar enerxía.O avó empezoulle a falar dun amigo seu que vivía nun barco.
Nota: 6
jueves, 3 de diciembre de 2009
Cuartos oscuros
O autor deste libro chámase Juan Madrid.Anagnórise
A autora deste libro é María Victoria Moreno. Trata dun home que critica ás mulleres porque non saben conducir. Un día un rapaz marchou da súa casa sen que se enterasen os seus pais. El púxose na estrada e paraba os coches para que o levasen. Estivo esperando moito tempo, pero non paraba ninguén. Despois dunhas cantas horas, parou unha muller e preguntoulle que facía alí. O rapaz díxolle que quería ir para un sitio. A muller colleuno e comezou a falar con el. Díxolle que debía volver para a casa. El respondeulle que non quería. A muller preguntoulle se quería ir tomar un café. O rapaz dixo que lle daba igual. Ao final foron. Despois arrancaron co coche e el estaba asustado polo rápido que conducía esa muller. Ela tiña un coche normal que non tiña moitos cabalos para correr, pero ela pisáballe ata o fondo. Nunha curva intentoulle adiantar a un camión e pola outra banda viña outro camión. Tivo que reducir a marcha e volverse poñer no seu sitio. Se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 9.
miércoles, 2 de diciembre de 2009
jueves, 26 de noviembre de 2009
A escura luz do Tiber
Este libro trátase dunha rapaza chamada Marcia. Ela era libre porque súa nai foi liberta de Roma. Súa nai morrera e entón ela quedou soa co seu padrasto que el quería que fose vivir a Séneca porque era a ilusión de súa nai. Ela foi para alá. Alí, en Roma, tratábana coma a súa propia filla, puxéronlle unha criada para ela soa. Paulina díxolle que a iban a pormar. Marcia ali coñeceu a un poeta que lle gustaba moito o que el facía e ela quería ser poeta coma él.Marcia tamén coñeceu a duas amigas que unha delas é a súa mellor amiga porque tamén era liberta.Ela tamén coñeceu a Tito Adrónico, que era o peiteador da Urbe. Era un peiteador moi bo e xa montara un salón grande. En Séneca imos todos peitearnos alí. As rapazas namoráranse duns mozos que había en Roma.Un día Marcia e Claudia foron dar unha volta e de súpeto escoitaron música na casa de Plautio. Miraron entre os arbustos no que viron unha festa de disfrazes que alí había. Elas viron a Lavinia no que se decataron de que por ese festexo era unha cristiá. Elas decidiron decirllo porque de todas formas Lavinia era a súa amiga.O final non lle dixeron nada.Un día houbo un incendio na cidade de Roma. Culparon a Marcia de que fora complice dunhas persoas que o prenderan. Meterona no cárcere e despois Tixelino quería forzala para que contase todo o que pasara, pero ela non lle dixo nada e entón deixárona en liberdade. Nese incendio, os xudeos matáron os cristiáns.En Roma empezaban unhas festas na casa de Tirana das que ela xa estaba farta de tanta xente nova e de cousas raras que ela presentía. Lucano e Séneca non podían aparecer pola Urbe e Marcia non sabía como avisalos ata que decidíuir ata xunto eles. Con ela tamén foi Ruth e Tirana. Elas intentaron cruzar un control que había no estreito e o final lográrono. Un día, Lucano matou a Séneca e entón prendérono. A Marcia, dixéronlle a verdade, a verdade de que o pai que a adoptara non era seu pai verdadeiro. Tamén lle dixéron que Lucano era seu irmán e por todo o mal que fixera, morrera dignamente. Marcia estaba namorada de Fabricio, o poeta, pero non podía casar con el, e Petronio quería casar con Marcia sen estáren namorados. O final, Marcia decide non casar e volver coas poesías de seu irmán Lucano e regresar o seu país natal.
lunes, 16 de noviembre de 2009
jueves, 12 de noviembre de 2009
A cova das vacas mortas
O autor deste libro é Jaureguizar. lunes, 9 de noviembre de 2009
A Idade Media (I): os pobos bárbaros e o Islam
jueves, 5 de noviembre de 2009
O diario vermello de Carlota
Este é o segundo libro que leo neste novo curso e titúlase O diario vermello de Carlota e a súa autora é Gemma Lienas. Trata dunha moza que se chama Carlota, á que lle gusta moito escribir. Un día decidiu ir mercar un caderno vermello para poder escribir un diario sobre a sexualidade e vai co seu amigo Flanagan. Cando lle dixo a Flanagan o que ía facer, el decidiu facer o mesmo e foron os dous mercar un caderno vermello.Cando Carlota chegou á casa e llo contou a súa nai, ela díxolle que facía ben, xa que ela fixera outro sobre os maltratos e a violencia de xénero, ao cal ela lle chamou o diario violeta. Carlota comezou a escribir no seu caderno sobre a pubertade e puxo todo o que sabía.
Logo pensou que lle podía preguntar a súa tía, xa que ela sabía moito diso e así foi: mandoulle un correo e xa rápido llo contestou.
Carlota ultimamente non paraba de pensar en Flanagan. Un día decidiu quedar con el coa excusa do diario. Así foi ,quedaron citados nun parque.Cando chegaron, decidiron ir sentar a un sitio cómodo onde poidesen falar. Viron unha montañiña e foron para alí. Nese lugar había un montón de parellas e eles sentíronse incómodos e decidiron marchar. De alí a unha semana volveron a quedar na casa de súa nai para poder estar sós, pero saíulles mal a cousa porque ao final súa nai chegou antes do previsto e fastidiouselles todo o plan. Carlota díxolle que foran para alí para estudar. Entón a nai estivo un pouco con eles, pero decidiu marchar a facer a compra e eles foron para o sofa, xa que estarían máis cómodos. Comezaron a bicarse moi apaixoadamente. A continuación marcharon para o dormitorio e alí mantiveron relacions sexuais. Carlota non quedou totalmente satisfeita pois , ao ser a primeira vez, doeulle bastante.
Se queredes saber como acabou a relacion entre Carlota e Flanagan, só tendes que ler o libro.
A miña nota é un 7.
Os dous de sempre
Este libro esta escrito por Alfonso R. Castelao.martes, 27 de octubre de 2009
A historia. Primeiras civilizacións: Roma

Non scholae sed vitae discimus (Séneca)
lunes, 26 de octubre de 2009
Leonel
O autor deste libro chamase Antón Cortizas. Este libro trata dun rapaz que non aprobou o curso e súa nai decidiu mandalo para casa dos seus avós. Un día pola mañá súa nai despertou e díxolle ao rapaz que o ía mandar de vacacións. O rapaz non quería ir porque nin sequera coñecía aos seus avos. Só os vira nas fotos de súa nai. O fillo colleu a maleta e subiu no tren que ía para a casa dos seus avós. Cando ía no tren, empezou a pensar que estas vacacións serían as peores da súa vida. Cando chegou, xa o estaba esperando o seu avó e un veciño na estación do tren. O veciño subiu no coche e díxolles aos dous que subisen tamén, que ía arrancar. O avó do rapaz díxolle que eles querían ir andando porque o vello queríalle ensinar moitas cousas ao seu neto, que nunca fora a esa aldea e polo tanto nunca vira esas cousas que había aí.Antes de que chegasen á casa atopáronse co veciño que ía ir en busca deles. Ao chegar á casa, o rapaz estaba aburrido das hitorias que lle contara o seu avó. O vello estáballe mareando a cabeza todo o tempo con historias e contos. O seu avó díxolle que non se preocupase por que non ía estar só, xa que o veciño tiña unha neta da súa idade. Se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 9. Gustoume moito.
lunes, 19 de octubre de 2009
A historia. Primeiras civilizacións: Grecia
E agora, as dúas civilizacións que constitúen os alicerces da nosa: Grecia e Roma. A política. A ciencia. A arte e a literatura.A historia. As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto
Despois de adicármolle unhas sesións á Prehistoria, tócalle agora ás primeiras civilizacións. Á Mesopotamia de Nínive, de Ur ou de Babilonia; á Mesopotamia dos pictogramas e á Mesopotamia dos zigurats. E tamén a Exipto: os segredos das pirámides, os faraóns, as momias, o xuízo dos mortos e os xeroglíficos. E o Nilo.jueves, 15 de octubre de 2009
Xuntos mais nada
jueves, 8 de octubre de 2009
A illa do tesouro
Este libro está escrito por Robert Louis Stevenson. Trata da vida dun mozo, Jim, que traballa no bar de seu pai, "O almirante Benbow". Un día entra pola porta do bar un mariñeiro que quería pasar uns días por alí. Aloxouse no bar, e botou alí moito máis tempo do previsto. Bebía moito e impoñía respecto aos demais clientes. Tamen o Dr. Livesey, que non se levaba moi ben co mariñeiro, frecuentaba ese bar. Un día entrou un home, chamado "O gato Negro" preguntando polo mariñeiro e, cando o atopou, tiveron unha gran disputa, na que o mariñeiro acabou ferido. Morreu máis tarde por culpa do alcohol. O mariñeiro tiña un baúl que non quería que se abrise, así que Jim aproveitou para cobrar as débedas do mariñeiro. Atopou un mapa dun tesouro. Cando se reuniron os suficientes homes, embarcaron. Aí coñeceu a John Silver e o seu loro, O Capitán Flint. Durante a travesía Jim caeu nun barril de mazás e ,aí escondido, escoitou que John Silver preparaba un motín. Despois Jim, atopou a Benn Gunn, que é un pirata abandonado na illa por John Silver. Benn, que levaba na illa un tempo, atopou o tesouro antes e transladouno á súa cova, por iso os demais non o encontraron no lugar que esperaban. Cando o acharon, levárono dificultosamente cara "A Española" (ó seu barco). Cando estaban desembarcando, Benn díxolle a Jim que John Silver escapara con parte do botín.A expedición do Pacífico
A autora deste libro é Marilar Aleixandre. Este libro trata duns mariñeiros que queren investigar os insectos. Pararon o barco na beira do mar. Andrés e Claudio eran os zóologos desta expedición. Pero o proprio Andrés recoñecía que o Claudio sabía máis ca el dos insectos. Na expedición tamén estaba Beatrice, que é a irmá de Andrés, e Emilia é a súa nai. Despois a nai da rapaza, que tamén estaba con eles, díxolle á filla que as mulleres non poden ir por aí polas selvas. Emilia, que é a nai da rapaza, díxolle que, cando ela teña a idade do seu irmán Andrés, xa estará casada. Despois de que xa acabaron a expedición, colleron o barco e decidiron ir para as Canarias. Aí podía ser o fin das súas expedicións. A expedición ata as Canarias duraba polo menos tres días. A rapaza levaba durmindo xa bastante tempo no barco e espertou moi rápido por un soño que tivo; non sabía que hora era, pero tiña fame. Mentres ela estaba comendo, seu irmán Andrés daba voltas na cama. Na seguinte expedición o Arguijo era o capitán e era o responsable de todos os membros da expedición e o don Aurelio Buiza, igual. A maior parte do tempo que estivo en Chile foi no deserto de Atacama. En xuño de 1870 embarcaron de novo na goleta cara Perú, Ecuador e Centroamérica. En Perú pasaron os meses de xullo a setembro. O último tramo que fixeron foi polo Amazonas. Ao final do tramo quedaron sen diñeiro para comprarlle á rapaza libros e roupa para vestirla. Embarcaron en novembro de 1871 e chegaron a Lisboa un mes despois. No mes de maio de 1872 organizaron unha exposiciónjueves, 1 de octubre de 2009
O último traballo do señor Luna
O autor deste libro é César Mallorquí.A miña nota é un 7
O que é a vida
Crime en Compostela

Donde surgen las sombras
O autor deste libro chámase David Lozano Garbal.viernes, 19 de junio de 2009
Good morning, Galicia

Se queres saber por que coñecer linguas é saber máis, clica aquí.

Déixovos o meu agasallo virtual para todos. Déixovos esta fermosa canción de Mercedes Peón que nos visitará en breve ao insituto.
E tamén este poema de Celso Emilio versionado por Dios ke te crew.
O meu agasallo para...
A este compañeiro eu poderíalle regalar moitas cousas porque coñezo moi ben os seus gustos, e entre as cousas que lle gustan poderíalle regalar un Honda Civic, porque pronto quitará o carné e xa lle fará falta, 1000 mulleres, roupa, cartos... O meu agasallo para....
O meu agasallo son uns pendentes de cor laranxa fosforito.O meu agasallo para...
E tamén lle vou comprar un coche de xoguete porque sempre está na clase xogando con cochitos.
O meu agasollo para ....
O meu agasallo para...

O meu agasallo para...

Esa persoa personalmente é unha persoa encantadora, se tes algun problema ela sempre estara alí aínda que ten un pequeno defecto por iso creo que o mellor regalo que podería ter é unha cremalleira. Non porque ande con elas rotas, non non, por iso non. Son outro tipo de cremalleiras que por desgraza non se inventaron ou iso creo. Pero cando se inventen máis dun a de ter que compralas para eles mesmos ou incluso para regalar como no meu caso. A cremalleira da que vos falo é unha cremalleira un tanto especial. É unha cremalleira para a boca xa que non cala nin debaixo da auga.
O meu agasallo virtual para ....
Pois, para empezar, dicir que a quen me tocou lle gusta internet. Entón está máis que claro que o seu agasallo sería un ordenador, para que se poida conectar.
Pero despois pensei, e deime conta de que tamén lle vai o fútbol moito, e matinei que tamén lle podería gustar un balón ou unha equipación.
Tamén o Tennis lle encanta, así que unha raqueta tampouco estaría mal. O que eu teño agora mismo é un dilema. Non sei que agasallarlle. As tres cousas lle gustan.
Así que optei polo máis facil. En lugar de ter que escoller entre as 3 cousas, voulle agasallar un ordenador con dous xogos instalados, un de futbol e un de tennis.
domingo, 14 de junio de 2009
O amigo invisible

Rematando o curso estivemos traballando cos textos argumentativos. E agora, como remate de curso, imos aproveitar esta ocasión para facer a actividade do "Amigo invisible". Despois do sorteo, deberás facerlle un regalo virtual -podes poñer na entrada unha foto ou un vídeo- para o compañeiro/a da clase que che tocara. Agora ben, debes argumentar correctamente por que razóns decidiches facerlle ese regalo. E logo a ver se adivinades quen vos fixo ese regalo.
viernes, 12 de junio de 2009
Mutacións xenéticas
viernes, 29 de mayo de 2009
A chamada da selva

Rebeldes

Barrotes dourados

Luna nueva
A autora deste libro chámase Stephenie Meyer.Edward e Bella romperon a súa relación e Bella púxose moi triste. Como Charlie o pai de Bella ve que ela está moi triste pídelle que ande máis cos seus amigos de antes para animarse un pouco. Bella faille caso o seu pai e comeza a andar con Jacob, e como se sentía moi ben con el comezaron a ser case inseparables.
lunes, 25 de mayo de 2009
Investigación 091
Este libro titúlase Investigación 091.Este libro trata dun rapaz que se chamaba Xavier e que estaba enfermo.
Xavier tiña dous amigos aos que quería moito, Ana e Rafa.
De alí a uns días Xavier púxose a mirar pola ventá e viu un coche parado diante da casa. Esperou un pouco e escoitou soar o timbre da casa. Eran os seus amigos Rafa e Manuel.
Xavier preguntoulle a Manuel se tiña algo con Ana e el díxolle que non, que só eran amigos.
Pero Rafa interrumpiunos e díxolle que Ana estaba moi mal porque lle pegaran unha paliza moi grande e non sabían quen fora.
Manolo púxose a investigar o caso. E á fin sacou como conclusión que lle pegaran por unha carpeta que Ana atopara tirada e que levaba para a súa casa.
Manuel decidiu chamar a Garda Civil para que lle axudara a investigar o caso.
Nota:5
Eu, a este libro, doulle un 5 porque non me gustou moito.
A noite d´o Risón
O autor deste libro é Gonzalo Moure. Este libro trátase dun enxeñeiro que se chama Amador Velasco de Velasco. Balbino é un amigo seu. Hai dous amigos que queren ir a unha festa que se celebra no pueblo onde vive un dos rapacez. O seu amigo pídelle aos seu pais que lle deixe ir, os pais dínlle que non pode ir porque despois non ten onde durmir. Pero o rapaz dille que ía durmir na casa da tía do seu amigo. Despois de que os pais lle deíxan ir el está contento e chama ao seu amigo para dicirlle que os seu pais déixanlle ir á festa. El as sete da tarde marchou para casa do sue amigo para ir á festa. Cando chegou, o seu amigo xa o estaba esperando diante da casa. Despois empezaron a falar os dous e contándolle un a outro cousas. Á noite foron cear e despois foron para a festa. A mañá foron polo bar da tía do seu amigo. No bar estaba o mariñeiro máis outros dous homes que lle axudaban ao mariñeiro. O rapaz díxolle ao mariñeiro que se o podía levar ata casa. O mariñeiro díxolle que non o podía levar porque o río estaba crecido e ían afogar. Un pouco máis tarde embarcaronse o rubio, a súa moza, o rapaz e os tres mariñeiros. Cando estaban no barco o rapaz estaba mirando para a moza do rubio porque era moi fermosa. O chaval sempre cando andaba, a imaxe da moza do rubio aparecíalle diante da súa cara. Eles cando andaban no barco dicían que a costa estaba acercandose a eles.Las pelirrojas traen mala suerte
O autor deste libro chámase Manuel L. Alonso.Este libro trata dun rapaz que marcha da casa porque trae malas notas e seus pais berránlle moito.
Veu uns ocupas dunha fábrica e decidiu ir onda eles. Alí coñeceu a unha rapaza que se chamaba Elena, e el namorouse dela.
jueves, 21 de mayo de 2009
Iberia

Disque a Península Ibérica ten forma de pel de touro. Disque en España hai unha dieta mediterránea. Disque nos gustan as corridas de touro, o fútbol, a sangría e a paella. Disque temos sol case todo o ano...
E ti que dis?
viernes, 15 de mayo de 2009
viernes, 8 de mayo de 2009
Erros e Tánatos
A segunda conta a historia dun rapaz que está nun camarote esperando o día dun concurso de castelos de area. Cando ese día chegou o rapaz fixo o castelo o mellor que puido. O seu castelo recibía admiracións e berros de ánimo. Cando os xuíces foron ver os castelos, foron todo admiracións. Manuel, o rapaz, estaba nervioso. Cando dixeron o nome do cuarto finalista, Manuel posicionouse entre 1º, 2º e 3º. Dixeron tamén o nome do terceiro e segundo. Manuel xa estaba co corazón saído. Dixeron o nome do primeiro... que tampouco era Manuel. O rapaz desilusionouse tanto que foi por un cinto para aforcarse. Pero buscando nos caixóns topou unha pistola. Foi ata onde estaban os xuíces, pero cando ía disparar a arma estaba sen munición. Despois dun anaco chorando, tranquilizouse e acordou que suicidarse non era a mellor solución así que se ía desfacer da pistola. Foi ata unha poza e alí tirouna pero acto seguido aparece un un xuíz, ó que Manuel enganou dicíndolle que lle caera unha pelota e tirouno ó pozo, afogándoo. Volveu ó camarote e foi comer. Chegaron os policías e sinalaron a Manuel. Este asustouse pensando que o cacharan, e foi desmoralizado xunto ós policias. Ó chegar ó lugar onde foron, empezou a chorar. Os policías preguntáronlle que por que choraba, se só lle ían devolver a pelota que perdera.
_____________________________________________________________________
____________________________________________________________________
A cuarta trata dun guía e do seu "guiado". O guía tiña que pasear a un escritor escocés pola zona na que vivía para que coñecera un pouco máis de Galiza mentras non comezaba unha convención de escritores na que se repartía un premio. A noite que chegou o escocés saíron de festa e topáronse cun vello amigo. Cando estaban borrachos o escocés dixo, de broma, que lles daría 5000 se acababan co seu principal rival para que levara el o premio, 2500 a cada un. O guía tomouno en serio e preocupouse. Máis tarde cando ían no coche o escocés quixo conducir, polo que tiveron un accidente, no que o guía rompeu o brazo e o coche levou un g0lpe. O escritor escocés díxolle que lle pagaría o arreglo. Foron para o hotel. Chegaron ó hotel. Ó día seguinte o escocés non saíu do hotel. Ó outro día celebrouse a convención e despois o escocés marchou. Á semana seguinte apareceu no xornal que o contrincante do escocés aparecera morto na bañeira. O guía mandoulle unha carta a ó escocés coa mensaxe "misión cumplida, il migliore intermediario". Ó mes seguinte recibeu un cheque de 2500 e o guía asombrouse. Máis tarde nun programa de radio o guía dixo que o escocés fora culpable da morte do outro escritor, polo que o agarraron e o fixeron calar. Na comisaría deronlle noticias do escocés, e explicáronlle que o cheque de 2500 era para o arreglo do coche.
___________________________________________________________________
A quinta é a dunha muller que estaba moi soa na casa, xa que o seu marido estaba de viaxe sempre, e namorouse dun empresario rico. Paulino Servoi. Era xove e guapo. Empezaron a quedar na casa da muller e a saír por aí. Pero un día citáronse e Paulino non foi a esa cita. Chegou o marido dunha viaxe e invitouna a unha cea con un amigo seu. Era un home baixo, calvo e gordo. Era o verdadeiro Paulino Servoi.
___________________________________________________________________
A sexta é dun rapaz e o home do saco. O rapaz vira o home do saco e asustouse tanto que un soño lle perturbaba a noite. O home do saco era un home que sinalara súa nai para amedrentalo. Un día de nevada que saíu a xogar cos demais rapaces no que chegara a hora da merenda. Cando acabou o rapaz volveu, pero os demais non o fixeron. Así que quedou só. Despois de tirarse 4 ou 5 veces co seu trineo veu outra vez o home que sinalara súa nai. Foi correndo e asustado cara á granxa que tiña un amigo do seu pai. Alí había unha escopeta que colleu o rapaz e coa que lle disparou o home. Cando o rapaz entrou pola porta da casa, feliz por matar o home do saco, veu a seu pai berrando que mataran ó pai de Pedriño de Lores. O rapaz estrañouse de que o pai de Pedriño de Lores fora o home do saco. Ó final descubriu que todo era un soño.
A pomba e o degolado
Este é outro libro que estou a ler neste curso o seu autor é Fina Casalderrey.Trata dun rapaz de doce anos ao que lle gustan os paxaros. Seus pais separáranse por mor de que o pai leouse cunha muller na discoteca na que traballa. A partir de aí a súa vida cambiou. Súa nai encerrouse no traballo e non lle facía caso ningún, súa irmá dende que marchou seu pai púxose coma se estivese autista e este escapaba para a casa dos avós onde disfrutaba collendo paxaros. Un día foi co seu amigo ata o cemiterio e viron un niño dun paxaro degolado. Eles como os veu o cura arramplaron polo medio das veigas.
Á noitiña foi co seu avó e colleron o paxaro. Levárono para a casa, déronlle de comer e lavárono. Cando o paxaro xa era grande o rapaz levouno para a casa, ese mesmo día sen darse conta quedouse durmido vendo a tele e aplastouno. Discutiu coa súa nai e marchou para a casa de seu pai en Pontevedra. Ao día seguinte o pai presentoulle a súa nova muller e máis a súa filla. Este como non estaba a gusto marchou de novo para a súa casa. Ao cabo duns días coincideu con eles na casa do avó, a que era súa irmá política ensinoulle unha caixiña que contiña porros, ect... Andrés cando viu iso dixo que renegaba de seu pai. De aí a dous días o avó foi para o hospital. Cando estivo algo mellor foi para a casa, pero non durou moito porque aos tres días de estar na casa morreu.
Andrés cambiou moito, agora xa non escapaba dos matóns da clase senón que lle plantaba cara. Un día levou unha cría de paxaro á clase e cando se deu conta esta estaba a dar brincos pola clase. Halima, unha rapaza da clase, colleu o paxaro e dixo que era dela. Andrés, deulle as grazas a Halima por tentalo encubrir, pero este dixo que non facía falla. Andrés saeu da cuncha e cantoulle as corenta aos matóns da clase. Cando chegou á casa, conectouse a internet para falar coa pomba. Andrés díxolle que era mellor que seguisen como ata agora, porque a el gustáballe Halima. Logo disto volveu discutir con seu pai, desta vez en serio, que non o volveu molestar máis.
miércoles, 6 de mayo de 2009
América, América

E se lle queres dar un repaso á xeografía deste continente fai as actividades que aquí se propoñen.
E, por último, cóntanos que obxectos tes na túa casa que chegaran de América. E non esquezas dicirnos como chegaron ata a túa casa.
lunes, 4 de mayo de 2009
Cazaría salvaxe
Este libro titúlase Cacería salvaxe. O seu autor é Agustín AgraA cabeza de medusa

Trátase dunhas rapazas chamadas Sofía e Lupe que eran moi amigas. Elas estaban xuntas na clase. Un día a profesora Olga mandoulles facer un traballo. Era buscar información sobre A cabeza de medusa e ela atopou que era unha cabeza con serpes. Un día elas saíron xuntas de festa e de regreso para a casa non tiñan con quen ir de volta. Elas quedaron coa nai de Sofía en que ían ir para a casa en taxi, pero nese momento non había ningún por alí. A Lupe ocorréuselle a idea de parar a algún coche que pasase por alí para que as levase, pero a Sofía non lle gustaba esa idea. De alí a un pouco achegábase a elas un coche e eran dous rapaces novos da universidade. Eles viron que eran dúas rapazas novas e paráronlles, ofrecéronse a levalas á casa e elas foron. Elas preguntáronlle que por onde ían que elas non coñecían ese camiño e eles dixéronlles que era un atallo. Despois eles pararon o coche nun sitio escuro e dixéronlles que baixaran do coche para ensinarlles as estrelas. Elas baixaron e despois un deles bicou a Lupe, mentres que o outro levou a Sofía para o coche. Alí el forzouna a ter relacions con ela. Ela negábase pero ela non logrou sacalo de encima. De alí a pouco tempo, eles marcharon e deixáronas alí soas e tiradas. Sofía estaba chorando porque fora violada, e Lupe tamén se encontraba mal polo que lles pasara a elas dúas.
Los armarios negros
O autor deste libro é Jose Manuel Gisbert. Este libro trátase de un rapaz que vive co seu pai nunha casa onde traballa o seu pai. Nesa casa hai un misterio dos armarios.







