lunes, 24 de enero de 2011

Tonecho de Rebordechao



Editorial Galaxia, Autor: Breogán Riveiro








Trata dun neno chamado Tonecho que vive na cidade, pero que ten que trasladarse para un pobo chamado Rebordechado. Nese pobo non había escolas, entón reunianse nunha casa da escola para poder estudar. Tonecho alí fixo un amigo co cal compartía moitas cousas, a eles gústaballe a súa profesora, por iso pelaxaban moitas veces.
Tonecho e Kevin descubren moitas cousas como: cartuchos con sangue de palomos...



NOTA:9

domingo, 23 de enero de 2011

O último traballo do señor Luna


Autor: Cesar Malloquí

Editorial: Rodeira



Este libro vainos entrelazando varias historias ata convertilas nunha soa.

O señor Luna é un sicario ao cal encargan un traballo que resultará finalmente bastante atípico.



NOTA: 9

jueves, 20 de enero de 2011

El secreto del fuego


Publicado pola editorial Siruela, o seu autor é Henning Mankell



Este libro conta a histoía dunha nena africana, chamada Sofía, que ten que pasar moitos sufrimentos. Primeiro ten que abandoar o seu poboado porque os bandidos o queiman e perden o seu pai, logo de camiñar durante moito tempo encontran outro poboado no que levan unha vida tranquila ata que por culpa dunha mina ela perde as dúas pernas e súa irmá maior morre... Tarda moito tempo en recuperarse pero grazas a unhas pernas de madeira que lle fan logra outra vez andar.....


NOTA: 9

lunes, 17 de enero de 2011

Tonecho de Rebordechao


Editorial Galaxia. escrito por Breogán Riveiro


Este libro trata sobre un neno chamado Tonecho que vive en Rebordechao. Ía ao colexio onde coñece a Kevin, un rapaz do que se fai amigo, e a súa profesora Sabela. Un día vai pasear co seu can Langrán polo monte ata un castiñeiro, aquel día para a comer un bocadillo, nese momento aparece un lobo pero o can de Tonecho asústao. Logo seguiu camiñando ata que chega a unha vila onde vivía unha bruxa. Un día dille a súa amiga María e a Irene que vaian resolver o misterio ......


Nota:6

Matilda


Editorial: Alfaguara. Autor: Roald Dahl.




O libro trata dunha rapaza chamada Matilda, que é moi intelixente pero a súa familia non se percata diso e ademais tratábana moi mal, pero a nena vingábase deles. A primeira vez que foi á escola, a súa profesora, a señorita Honey decatouse de que a nena era moi intelixente. Despois coñeceu a súa directora, a señorita Trunchbull, que era unha especie de monstro. Un día tivo clase coa directora e foi ese mesmo día cando Matilda descubreu os seus magníficos poderes. E a partir dese momento é cando Matilda lle ocorren unhas cantas aventuras.


NOTA:9,8

sábado, 15 de enero de 2011

Unha estrela no vento


Unha estrela no vento; Autora: Ledicia Costas



Esta novela trata de vinganza, amor, traizón e desgrazas contadas e vividas desde a pel dun adolescente chamado Miguel.
NOTA: 9

viernes, 10 de diciembre de 2010

O home que plantaba árbores


Publicado pola Editorial Galaxia da autoría de Jean Giono.

O libro fala dun pastor que converte un territorio ermo nun bosque grazas a que cada día vai plantando sementes, dun xeito totalmente anónimo e sen ánimo de lucro.
O bosque foi declarado patrimonio da humanidade.


NOTA: 1

Tonecho de Rebordechao


Autor: Breogán Riveiro, editado pola editorial Galaxia


A historia trata dun neno chamado Tonecho que naceu na cidade pero mudouse para a aldea cos seus avós. A aldea está na provincia de Ourense. Os seus avós teñen animais e a vila está rodeada de montes. Os nomes dos avós son Manolo é Hermosinda e teñen un can chamado Langeón. Vive as súas propias aventuras.

O libró é divertido e ameno.



NOTA:

A casiña azul


Editorial: Galaxia. Autora: Sandra Comino.


Este libro trata dunha rapaza que a maltrata o seu pai e é abandoada pola súa nai. Pero ela atopa consolo nos libros que le. .As únicas persoas que a queren son o seu amigo Bruno e a súa avoa materna.



NOTA: 8

miércoles, 8 de diciembre de 2010

A expedición do Pacífico


Este libro da editorial Xerais é de Marilar Aleixandre.


Trata dunha expedición de zoólogos que van nun barco, onde se agocha unha moza porque tamén quere formar parte desa expedición, e coa axuda do seu irmán disfrázase de home. Pasan moitas aventuras por moitos países, ata que ao final Emilia decide facer saber a súa verdadeira identidade.


NOTA: 5,25

lunes, 6 de diciembre de 2010

O capitán Zochusman

Este libro publicado por Sotelo Blanco foi escrito por Luis Seixido.

Toñín é un rapaz de seis anos cunha gran capacidade de imaxinación, aínda que é bastante fácil de enganar, sobre todo polo seu compañeiro Manuel. Como quere ser un superherore é un neno moi aplicado nas clases. Inventa o seu propio traxe e un nome e consegue vingarse e crerse un auténtico heroe.


NOTA: 5

domingo, 21 de noviembre de 2010

A voz do lago

Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Este libro, que vai sobre sereas, cóntao Irene, unha nena que vivía cerca do pazo de Goiáns, cando chega á súa vila María Mariño xa que os seus tíos ían herdar o pazo.
Todo empeza no colexio cando lle contan unha historia sobre os Mariño que logo Irena contará a María; esta respóndelle que no pazo había un libro que cada vez que se poñía a lelo escoitaba unhas voces laiándose e xa non podía seguir lendo.
MAría invita a Irene ao pazo para que lle axude a desvelar o misterio, e así o farán.


NOTA: 8

VANESA tamén lle dá a este libro un 8.

sábado, 20 de noviembre de 2010

A voz do lago


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Esta bonita historia ten dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa que o pazo vai ser herdado pola familia desta última. Esta María non é unha moza calquera, senón que estamos a falar de María Mariño, a nosa poeta, durante a súa estancia na zona.
O libro está cheo de intrigas e lendas que se resolverán cara ao final grazas á valentía destas dúas nenas. Saberemos do poder das sereas e do amor dos humanos que todo ou nada o pode.

NOTA: 9

lunes, 15 de noviembre de 2010

A expedición do Pacífico


Este libro da editorial Xerais escribiuno Marilar Aleixandre.

Emilia é unha moza galega de trece anos a quen lle gustaría estudar Zooloxía, pero no século no que vive (XIX) as mulleres non poden ir á Universidade.
Un dos seus irmáns vai participar nunha expedición científica con varios especialistas en diversas ramas da Historia Natural. Ela agóchase para poder ir. Cando a descobren, xa é imposible a volta á casa, así que disfrázase de home para poder seguir a viaxe con normalidade. A expedición resulta chea de experiencias fantásticas e de desgustos, así como de inicio ao amor. Problemas económicos, de saúde... de todo hai nas súas páxinas.

NOTA: 2,5

MARTÍN dálle a este libro un 2

viernes, 12 de noviembre de 2010

A abella abesullona


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Manuel Janeiro.

Nunha colmea de abellas non daban conseguido suficiente mel, por iso as abellas tiñan que desprazarse moitas veces e por riba non conseguían flores suficientes. A raíña da colmea xa non sabía como facer, e a Abella Abesullona decidiu encargarse de buscar flores e marchou na súa procura. Buscou e buscou, pero non daba atopado. Polo camiño, fíxose amiga doutra abella, pero tiña que seguir buscando. Un saltón díxolle onde atopar flores e foi avisar á raíña da colmea, pero ela decidiu ir onda a súa amiga solitaria.


NOTA: 4

jueves, 11 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Rapazas novas que son obxecto de amoríos por parte de tres vellos que ao final se reúnen para cavilar na inconveniencia de amar de vello. Está dividido en tres lances e un epílogo.



NOTA: 5


VANESA a este libro dálle un 6

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Dividido en tres lances e un epílogo, o libro conta como de malo pode chegar a ser para un vello namorarse dunha moza e as consecuencias que tales amoríos carrexan. Ningún dos tres lances difiren no contido, coa presenza continua da morte, que lle dá á obra un carácter diferente de realismo.
O epílogo é unha especie de conclusión.


NOTA: 8,5

MARTÍN dálle a este libro un 7

jueves, 4 de noviembre de 2010

El secreto del ordenador


Este libro da editorial Casals foi escrito por María Aymerich.

Dous irmáns van para Girona á casa dos seus avós xa que seus pais tiñan que ir a un congreso. Poucos días despois de chegaren reciben un ordenador. Cando ían xogar con el, apareceronselles unhas palabras que daban a entender que había alguén en perigo, polo que comezaron a investigar de que se trataba; estas leváronos ata Portbou, a onde se dirixiron. Unha vez alí subiron ata a montaña, onde atoparon un home ferido que agardaba por unhas xoias roubadas...
E non conto máis para que sexades vós os que leades o libro e resolvades o final.


NOTA: 5

miércoles, 3 de noviembre de 2010

O último traballo do Señor Luna


O autor deste libro editado por Edebé é César Mallorquí.

Este libro trata dun asasino, o señor Luna, contratado polo señor Aurelio e o seu fillo para matar a unha muller, a señora Flor, serventa en Madrid na casa dun neno superdotado -e discriminado- chamado Paulo.

O libro está ben, a historia é moi boa e moi interesante. Un libro que ademais ensina a discriminación dos superdotados, e que fala da espantosa vida dos narcotraficantes.


NOTA: 8

martes, 2 de noviembre de 2010

Mimos e máis mimos


O autor deste libro publicado por Galaxia é Pepe Carballude.

Este libro trata dunha rapaza chamada Olalla que é filla única e ten moitos mimos, conséntenlle todo. A súa nai está embarazada e ten outra nena, Andrea.
Olalla é moi ciumenta porque lle fan máis caso á súa irmá. Os mimos póñenlle trampas e aprende a non caer nelas.

NOTA: 3

lunes, 1 de noviembre de 2010

La creación de Hugo Cabret

O autor deste libro publicado por SM é Brian Selznick.


O libro trata dun neno orfo que vive nos sumidoiros dunha estación de tren e arranxa os reloxos da estación. O único recordo que lle queda de seu pai é un moneco de engranaxes que ten que arranxar pero non dá. Sabe que nun recuncho da estación hai un xogueteiro a quen lle rouba as pezas que lle cómpren, pero este píllao e dille que lle queimou as súas posesións: o moneco e un diario. Pero Hugo é amigo da sobriña do xogueteiro e esta cóntalle a verdade: non lle queimaron nada.
Tempo despois, na casa dos padriños de Isabelle, descubriron moitos debuxos semellantes ao seu moneco asinados por Georges Melier, e o rapaz sabe que os viu nunha película. E comprende a verdade que estaba agochada aos seus ollos ata entón...


NOTA: 10

sábado, 30 de octubre de 2010

Cando petan na porta pola noite


O autor deste libro publicado pola editorial Xerais é Xabier P. Docampo.

O libro ten tres historias diferentes, o cal fai que me guste máis pola súa oferta variada. Sempre cabe a posibilidade de que se un relato non che gusta, que che gusten os outros. Pero neste caso gustáronme os tres, porque son fantásticos e por como están escritos, sobre todo o primeiro, por iso de ter un dobre e ter que pagar as consecuencias.


NOTA: 7

jueves, 28 de octubre de 2010

A verdadeira historia do burro Feldespato


O autor deste libro publicado por Galaxia é Xerardo Quintiá.

Este libro trata dun burro chamado Feldespato que se perdeu polo mundo e chegou a un barrio chamado Setelúas, onde coñeceu unha bruxa chamada Marica Pendella, quen o acolleu na súa casa. A bruxa durmía cen anos seguidos debido a un conxuro mal establecido. Mentres ela durmía o burro aprendeu a ler, a escribir e a falar, ata de que tanto pensar decatouse de que namorara de Marica. Como era un burro listo non tiña amigos, polo que decidiu ir percorrer mundo. Á volta escribiulle un poema á súa amada.
E ata que lla puido recitar non parou.


NOTA: 6

domingo, 24 de octubre de 2010

O Principiño


O autor deste libro é Antoine de Saint-Exupéry.

Era un neno ao que lle gustaba debuxar, pero os maiores prohibíronllo. De maior fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría no Sáhara, pero non lle quedaba auga máis que para 8 días. Ao espertar sorprendeuse ao ver un rapaciño diante del, xa que estaba a moita distancia de calquera lugar habitado. O neno, o principiño, pedíalle debuxos que el non sabía facer nun principio e foino coñecendo mellor.



NOTA: 7

jueves, 21 de octubre de 2010

A casiña azul



Este libro é de Sandra Camino.

O libro conta a historia dunha rapaza que é abandoada pola súa nai e maltratada polo seu pai; a única persoa que a quere é a súa avoa materna.
O libro gustoume moito, porque ten moito sentimento. Ademais, gustáronme moito as historias de amor, e non só porque poidan ter ou non un final feliz senón polas sensacións que transmite.



NOTA: 8

miércoles, 20 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Unha nena chamada Matilda é superdotada, aínda que ten un familia superanomal que non só non lle fai caso senón que non a quere nin a coida nin a mima como se debe amar un fillo. Buscándose a vida soa, aprende a ler a vai á biblioteca, de xeito que cando comeza o colexio ten lidos máis libros que a propia profesora, que vén sendo unha moza encantadora que deseguida apreciará a súa intelixencia en contra da malvada directora, de quen conseguirán vingarse como é debido.

Ao rematar de ler o libro vimos o filme: este é moi gracioso pero un pouco esaxerado. Paseino mellor lendo o libro.

NOTA: 7

VANESA a este libro dálle un 9,75.


martes, 19 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Matilda é unha nena de oito anos, superdotada, que é tratada mal pola súa propia familia. Aprende a ler soa, mirando os xornais do pai. Logo vai todas as tardes á biblioteca a ler, e devora absolutamente todos os libros que lle poñan diante.
O pai de Matilda dedícase a vender coches estafando á xente. A Matilda non lle gusta esta actitude e víngase do pai, polos malos tratos e por mala persoa, de diferentes xeitos.
Cando Matilda comeza o colexio, a súa profesora percátase de que a rapaza é extraordinaria. Fala coa directora para cambiala para un curso superior, pero esta resulta ser unha bruxa mala que só pensa mal dos nenos e nenas do colexio.
A nena e a profesora fanse moi amigas e pasan tardes xuntas; así Matilda descobre a verdadeira vida da profesora e da directora e decide intervir.
E xa non vos conto máis.
Matilda é un libro moi divertido que nos fai rir e cavilar en que ser superdotado tampouco é unha opción moi boa. Gustoume moito o final. Se a comparo coa película, terei que engadir que me gustou máis o libro, a película é un pouco fantástica de máis.


NOTA: 7

sábado, 16 de octubre de 2010

Olga e o dinosauro

O autor deste libro publicado pola editorial Galaxia é Breogán Riveiro.


Trata dunha nena que se chama Olga a quen un día lle sae un dinosaurio sabichón que fala. Este díxolle que se non sabía por onde se saía e ela contestoulle que nunca vira a ninguén saír de alí, do seu armario. Como non deron con ningunha porta, acabaron tendo fame. Logo saíron á rúa e chegaron a un parque onde había un neno moi malo, polo que o dinosaurio comeuno, pero Olga mandou que o escupise. Cando volveron para a casa, prenderon a tele, onde botaban un documental sobre o camiño de Santiago, o que fixo cavilar ao dinausario.


NOTA: 6

viernes, 15 de octubre de 2010

Voces de vacas


O autor deste libro é Xavier López Rodríguez


O libro trata da vida dunha vaca, a Dourada, cando xa é maior. Ao seu arredor, comparten "casa" con ela outras vacas, personificadas e con voz propia. Páxina a páxina imos sabendo das súas debilidades e virtudes, da axuda que lles ofrece a Dourada como "alma mater".


NOTA: 3

viernes, 1 de octubre de 2010

Premio

A finais de maio presentamos o Proxecto 7+1 integrado polos blogues setemaisun e linguademontes aos V Premios da Fundación Impuls. Estes dous blogues estaban xestionados e realizados basicamente polo alumnado de PDC. En xullo, recibimos a noticia de que foran merecedores do II Premio Talita-Impuls, como boa experiencia docente de integración das TIC na aula para alumnos con Necesidades Educativas Especiais.
Daquela queremos deixar constancia do noso agradecemento a quen así o estimou. Para nós foi tamén un gran impulso e a confirmación de que traballabamos nunha liña que tamén outros pensaban axeitada.
E como coordinador, tan só compartilo con elas e con eles: con Alba, Dani B., Dani S., David, Guille, Iria, Iván, Jónatan, Lucía Leticia, Lucía, Marius, Ramón, Raquel e Santi. Grazas por aprendermos xuntos e por tantos sorrisos nestes tres últimos anos. E tamén a Marta (compañeira do ámbito científico) e Adriana (orientadora), por compartir as mesmas ideas.
Así mesmo, gustaríame recoñecer o traballo de moitas blogueiras e blogueiros en lingua galega agrupados en normalizagaliza. Non poucas veces nos deron ideas para mellorar o noso traballo.
E por último sinalar que, aínda que circunstancias laborais me afastan temporalmente deste proxecto, estou seguro de que vai seguir incluso con máis forza e con novas ideas.