Mostrando entradas con la etiqueta Santi P. C.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santi P. C.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2008

El niño del pijama de rayas

El niño del pijama de rayas foi escrito por John Boyne
Bruno é un rapaz que vivía en Berlín. Ten que marcharse a Auschwitz poque seu pai era un xeneral que tiña que vixiar o campo de concentración. Bruno cando chegou alí o primeiro que observou foi que aquelo era moito mais feo que Berlín. Aquelo parecíalle moi aburrido posto que o primeiro ano non coñecía a ninguén. Un día cooñeceu a un rapaz que vivía dentro da reixa do campamento. Chamábase Shmuel. Colleu moi boa amizade con el posto que o ía visitar todos os días despois das clases. A nai de Bruno decide volver a Berlín. A Bruno xa non lle facía moita graza volver porque agora tiña alí un novo amigo. Para saber o final hai que lelo.
Pareceume un moi bo libro.

NOTA:9


viernes, 23 de mayo de 2008

Tim el salvaje


"Tim o salvaxe" foi escrito por P. J. Gary Backwood e editado pola editorial Casals.
Tim era un rapaz moi estudoso ao que se lle dan moi mal as actividades físicas polo que seu pai decide levalo de camping para que se empezara a acostumar a vivir por si só. Os dous primeiros días no campamento foi de pesca e o terceiro foi cortar leña para encender unha fogueira. Perdeuse e cortouse nunha perna coa machada. Botou dous días sen poder moverse. Despois cando puido empezar a andar había que buscar algo que comer e debeber. El contaba que o atoparan axiña pero a cousa tiña mala pinta. Todos os días facía unha cabana que lle permitira durmir máis quente e se chovía non se mollar. Decideu andar pola beira do río cara a súa desembocadura, así atoparía algunha vila. Polo camiño, atopou un lago que tiña moitos peixes pero non tiña con que cociñalos polo que creou coas sus gafas unha lupa e encendeu un lume.
Facendo unha cana para pescar rompeu a súa lupa polo que agora case tiña que atender case todo o tempo do lume.
Se queres saber o final terás que ler o libro.
Gustoume porque é moi intrigante e divertido.

NOTA:7

martes, 22 de abril de 2008

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego escribiuno Xosé Neira Vilas e foi publicado por Narrativa na coleccion Edicións do Castro .
Balbino é un rapaz da aldea. Ademais de vivir na aldea era dunha familia moi pobre polo que nunca saíra de Galicia e el quería ir para América. Seus pais eran caseiros e Balbino non entendía moi ben por que tiñan que darlle parte das ganancias e parte do que recollian ao dono das terras nas que traballaban. Balbino levantábase moi cedo polas mañás para levar as vacas ao monte e logo ir para a escola. Balbino era un rapaz que sempre estaba pensando porque pasaban as cousas como pasan. Un día veu unha profesora nova da que se namorou. Outro día coñeceu o seu mellor amigo que se chamaba Lelo co que compartía todo.
A Balbino nunca lle saían as cousas moi ben. Pronto quedou sen porque o seu amigo marchou para América, morreulle seu avó e outras cousas que para sabelas terás que ler o libro.
Pareceume un moi bo libro porque fala de como foi Galicia no pasado.
NOTA:9

martes, 1 de abril de 2008

Cairo Branco


Cairo Branco foi escrito por Jack London .
Dous homes levaban un morto a unha vila ó outro lado das montañas. Lévano nun trineo arrastrado por cans .
Na viaxe encontráronse cunha manada de lobos onde unha loba lle ía quitando os cans. Un dos homes enfrontouse aos lobos e morreu no enfrontamento, o seu compañeiro seguiu ata chegar a unha vila.
A loba tivo seis crías, cinco delas da cor dos cans e unha da cor dos lobos, o único que sobreviviu, os outros morreron nunha época de pouco alimento."O torto", pai dos lobos morreu no enfrontamento cun lince. A loba e máis a cría encontráronas uns indios que fixeran un campamento ao lado da cova onde vivían os lobos. Os indios foran os donos da loba chamada "Quichie"; ao lobezno puxéronlle o nome de Cairo Branco. Cairo Branco acabouse acostumando ás persoas pero a unha en especial. A nai morreu nunha pelexa de cans e Cairo branco foi co seu dono recorrer o mundo. Para saber o final hai que lelo.
OPINION:Gustoume o libro pero é algo pesado á hora de lelo.
NOTA: 6




martes, 8 de enero de 2008

Maldino DNI




O libro de maldito D.N.I. escribiuno Pepe Carballude é publicado por Xerais na colección Fora de xogo.
Olimpio Montes é biólogo e ten cincuenta anos e fixo un estudo cronoloxico da súa familia e daballe que ia morrer os oitenta anos e queria vivir os ultimos anos da súa vida moi tranquilo polo que imbenta o seu enterro e falsifica a partida de defunción para desaparecer por fin dos documentos fiscais un amigo seu desconfía e vai donda a muller de Olimpio e pediulle explicacións e a muller enfaduse con el pero el seguiu investigando pola súa conta e todo lle parecía moi raro.
Olimpio máis a muller decidiron vender o viveiro que tiñan, onde xa fixo algo que o puxo en algúns apuros. O que queira saber o final que o lea
Pareceume moi bo porque é un libro entretido.
NOTA 8

jueves, 20 de diciembre de 2007

A Historia do home-can






A Historia do Home-Can escribeuna Pepe Carballude e publicouna Everest Galicia na colección punto de encontro.
Faustino Santos era notario pero non traballaba porque lle tocaran un montón de millóns e agora só tiña unha ilusión, a de recuperar a xuventude.
Atopara un menciñeiro que lle dera unha menciña que el tomara sen ler as indicaciós e non se podia mesturar con alcohol. Por ese motivo volveuse can e a súa muller botouno da casa porque non sabía que era el. Entón decidiu ir ó parque pero todo o mundo cando o oía falar tíñalle medo e collérano varias persoas para facerse ricas a conta del. Foi para a cidade e entón foi a varios sitios entre os cales tivo que ir á caixa de aforros para realizar unha obra benéfica e só lle fixeron caso cando falou de cartos.

Ese día foi para a vila de novo e foise cun amigo para unha choza. Cando espertou a media noite volvía ser como antes. Entón decidíu ir pasar a fin da noite coa súa muller.

NOTA 8

Este libro gustoume moito porque é divertido e moi pouco enrollado.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Nace un campión


Nace un campión é un libro escrito por Úrsula Heinze, publicado por xerais na colección Fóra de xogo.

Nace un campíon trata dun rapaz que en educación física non se lle daban moi ben as probas que mandaba facer o profesor. Un rapaz que non era un dos seus mellores amigos axudoulle e mellorou moito.

No colexio todos os anos facían unhas probas nas que os que gañaban tiñan un aprobado xeral e unha excursión pero o problema que tiña Andi era que non sabía nadar porque lle tiña fobia á auga por algo que lle pasara de pequeno. Súa avoa fora campioa de natación cando era nova, entón ó enterarse axudoulle a Andi a perder a súa fobia coa auga e Andi empezou a mellorar a pasos axigantados. O día da competicion un dos seus amigos estaba moi enfadado porque lle quixera axudar e el negárase con disculpas. Ese día ninguen confiaba nel excepto súa avoa e seu irmán todos daban o aprobado xeral e as vacacións por perdidas pero Andi fixo os cen metros braza perfectos e gañou, así conseguian os puntos que lle faltaban e conseguirongañarlle o colexio rival.

Dende aquela os dous amigos foron fichados polo equipo nacional de natación pero nas primeiras competicións non lle saíron moi ben e case se rende pero súa avoa animouno e entón seguiu coa competición quería ser profesional para saber como o fixo hai que ler o libro

Este libro pareceume moi bo

De nota doulle un 8

viernes, 26 de octubre de 2007

Salitre


Este ano comecei o curso lendo un libro titulado Salitre. O autor é Jaureguizar e foi publicado por Xerais na colección Fóra de xogo.

O libro trata dun rapaz chamado Eduardo. Seu pai tiña un bar e Eduardo axudáballe no bar, pero antes de ir para o bar ía recorrer a praia de Llas.

Un día chegou ao bar un home que lle puxeran o alcume de "O americano". Dende que viñera el, os mariñeiros non tiñan peixe e sospeitábase de que era un surfer que facía surf de noite e atraia os golfiños que lles espantaban o peixe, polo que botaron da vila a un vendedor de táboas de surf.

Chegaron uns periodistas á vila que preguntaban por un auténtico campión de surf gañador tres veces do campionato do mundo. Ninguén sabía quen era polo que o describiron. Descubreuse que era el quen atraía os golfiños para sentirse como nos vellos tempos.


A min gustoume moito o libro porque non sabes o que vai pasar ata o final e están seguido contando historias.

NOTA:8