Mostrando entradas con la etiqueta Iván Fernández. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iván Fernández. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de marzo de 2012

A mansión dos Pampín



Colexio de arquitectos ; Miguelanxo Prado




Este cómic cóntanos a historia dunha familia á que lle morre a súa tía e herdan unhas terras e unha casa... Pero atópanse que todo estaba moi cambiado dende a última vez e nada era como o recordaba porque estaba todo en moi mal estado, pero arranxan e véndenlla ao alcalde para sacar algo de cartos.


Nota: 5

martes, 21 de febrero de 2012

O mundo secreto de Basilius Hoffman



Editorial: Urco. Escrito por Fernando M. Cimadevila



Este libro cóntanos a historia dun home chamado Basilius e ten que coidar do seu sobriño chamado Peter durante as vacacións. Pero, ao durmir, unha especie de felino rouba os seus soños. Entón Peter e o seu tío Basilius van falar coa raíña da cidade dos Tellados e esta dille que aquel felino é o que quería. Cando se decataron de que lle querían roubar os soños foron de aventuras en busca dun bastón e dunha máscara



Nota: 7

lunes, 20 de febrero de 2012

Consumir preferentemente





Editorial: Anaya Escrito por: Raúl Vacas





Este libro gustoume, pareceume bastante entretido e estivo moi ben por algúns poemas, tamén me pareceu divertido por algúns outros.






Nota:6

martes, 24 de enero de 2012

O achado do castro



Escrito por Manuel Núñez Singala. Editorial: Sotelo Blanco





Esta obra de teatro foi escrita no ano setenta e sete antes de Cristo. A obra trata sobre un emperador, a súa filla Carmiñae e Arpexia e o seu fillo Manolitus, estes dous rapaces estaban moi namorados pero os seus pais non aprobaban a súa relación. O Emperador tiña un medallón e había dous ladróns chamados Catulo e Caleno que querían roubarllo pero non eran capaces. Ao final o Emperador e Arpexia tamén rematan namorándose e planeando unha voda, e así Manolitos e Carmiñae tamén poderían casar.





Nota:8

jueves, 12 de enero de 2012

Memorias dun neno labrego



Autor: Xosé Neira Vilas. Editorial: Galaxia




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Balbino, a súa familia era moi pobre. Balbino tiña un pequeno diario no que escribía todos os días e nel contaba a súa vida. El tamén era moi intelixente e moi traballador, pero un día escapouse da casa a causa de que lle pegaban. Ata que ao final atopouno o seu can. Despois morreu o seu tío e gardou loito pola súa morte. Logo o Manolito queríalle pegar, pero Balbino dalle cunha pedra na cabeza.



Nota:6

sábado, 17 de diciembre de 2011

Xoeliki as aventuras dun ciberpirata



Autor: Abraham Carreiro. Editorial : Sotelo Blanco




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Xoeliki que ten once anos ao que lle gustaba moito xogar cos ordenadores e falar cunha rapaza á que coñecera pero nunca a vira. Un amigo do seu pai púxose en contacto con Xoeliki para regalarlle un teléfono móbil con videochamada para ver á rapaza coa que falaba sempre. E Xoeliki entrou a formar parte dunha escola pirata para loitar contra un virus que afectara a todos os ordenadores do mundo.




Nota: 7





martes, 13 de diciembre de 2011

Alfagan é Flanagan




Escrito por Andreu Martín. Editorial: Xerais







Este libro cóntanos a historia sobre un xove detective chamado Flanagan. No Nadal, xusto o mesmo día de reis, resulta que unha amiga da mesma clase que Flanagan chamada Nieves é desaparecida. O pai de Nieves tiña moito diñeiro, era rico, e pediulle a Flanagan que investigara a súa desaparición. Flanagan coa axuda de Blanca remata descubrindo unha banda de delincuentes aos que declaran culpables nun xuízo...




Nota: 6




viernes, 25 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3




Escrito por Ramón Caride. Editorial: Xerais



Este libro cóntanos varias historias:


A primeira historia trata sobre uns rapaces e a súa forma que tiñan de vivir.


A segunda historia trata sobre un furtivo que cazaba animais pero acabou morrendo a causa da picadura dun mosquito.


A terceira trata sobre un motorista que remata matando o seu compañeiro nun accidente.


A cuarta historia trata sobre uns homes que fan experimentos con algúns animais.


A quinta trata sobre uns inmigrantes aos que non lle dan unha boa benvida.


E a sexta e última trata sobre unhas persoas que querían experimentar cun home.



Nota:7

martes, 15 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela ; editorial Espasa



Este libro é unha comedia de enredo, na que hai dúas familias que son moi amigas, os Ojeda e os Briones, na que ningún membro estaba moi ben da cabeza. Contan a historia dun asasinato que nunca foi verdade. Pensaban todos que fora Ezequiel o asasino, pero el en realidade mataba gatos




Nota:7

Flanagan 007

Autor: Andreu Martín ; editorial: Xerais




Este libro conta a historia dun xove detective que trata de resolver o caso da súa irmá que resulta que está desaparecida. O xove detective, chamado Flanagan, leva a cabo o caso da súa irmá investigando no tren que atracaran Carles e Pili, onde fora desaparecida. Alí Flanagan coñece a unha rapaza chamada Bruna da cal se acaba enamorando e rematan resolvendo o caso xuntos. O tren ao chegar a Madrid con Flanagan e Bruna descubreu que a Carles lle deran unha malleira e estaba no hospital, entón dálle un libro de axedrez para axudarlle a descubrir quen fora o traidor...


Nota:6

jueves, 9 de junio de 2011

A praia dos afogados



Escrito por Domingo Villar. Editorial Galaxia




Este libro conta a historia dun inspector chamado Leo Caldas. Trata sobre un asasinato que acontece na praia de Panxón. Era un home que morrera afogado a causa dun golpe na cabeza e tamén coas mans atadas cunha brida. A vítima era Justo Castelo, e tiña un amigo chamado Valverde, que sempre ían xuntos no barco. O seu amigo Valverde matara a unha muller chamada Rebeca e tamén ao Rubio porque lle ía dicir que fora el. O inspector e o seu compañeiro investigaron e descubriron quen foi o verdadeiro asasino....




Nota:6

jueves, 26 de mayo de 2011

A verdadeira historia do burro Feldespato



Autor: Xerardo Quintiá. Editorial: Galaxia




Esta historia trata sobre un burro que marcha da casa porque o seu dono sempre lle pegaba e nunca lle daba de comer. O burro vai a Sete Lúas, unha vila onde había unha casa que vivía unha meiga, Marica Pendella. A meiga durmía durante 100 anos por culpa dun feitizo que lle saíra mal. Mentres ela durmía o burro -namorárase dela- aprendera a falar. Pero un día máis adiante perdera a fala e marchou de alí. E mentres el vagaba polo mundo escribiulle un poema á meiga para recitarllo cando espertase.


Nota:5

martes, 10 de mayo de 2011

O inferno de Marta



Escrito por Pasqual Alapont ; editorial Xerais



Este libro trata da historia dunha rapaza adolescente que sae con Héctor, un rapaz que estivo vivindo en Inglaterra durante un tempo. Este maltrataba a Marta insultándoa e ridiculizándoa. Pero nun momento a cousa tranquiliza e quérense moito, pero ao volver con Héctor non sabía que os seus mellores amigos Carme e Braulio daríanlle de lado por avisar de que lle volvería pasar. E así foi, un día nun bar, Héctor obrigábaa a beber pero ela non quería, entón chega un home chamado Vicente Jordá, un profesor que lle dera clase a Marta en terceiro e ela preséntaos. Máis tarde Marta e Héctor marchan nun taxi para a casa.....


Nota:8

jueves, 7 de abril de 2011

Made in Galiza

Escrito por Sechu Sende. Editorial Galaxia

Este libro cóntanos as historias sobre o que debemos e non debemos facer para protexer a nosa lingua e así que non desapareza. Na miña opinión este libro non estivo mal e foi moi entretido.
Nota: 6

miércoles, 30 de marzo de 2011

O Carteiro de Bagdad


Escrito por Marcos S. Calveiro; editorial Tambre



Este libro trata sobre unha familia que vive en Bagdad. O home chamado Ibrahim traballaba de carteiro, naquel momento estaban en guerra e Ibrahim sufrira un accidente de moto. Ao sufrir o accidente pídelle ao seu fillo, Adbulwahid, que tiña que entregar unha carta. Consegue o enderezo grazas ao primo dun amigo seu. Ao chegar á casa era un home de avanzada idade, e na carta estaban as sementes da árbore da vida....


Nota:6

jueves, 10 de marzo de 2011

Matilda


Edición Alfaguara, escrito por Roald Dahl



Este libro trata sobre unha rapaza de cinco anos que é superdotada, os seus pais tratábana mal, o seu pai era estafador, vendía coches trucados moi caros e a súa nai non facía nada, gastaba os cartos. Matilda ía a unha escola onde había unha directora que era moi mala chamada Trunchbull, que castigaba aos rapaces meténdoos nunha gaiola, e daba moito medo a todos os da escola. Matilda un día foi á casa da señora Trunchbull coa súa profesora a señorita Honey.
NOTA:7

jueves, 3 de marzo de 2011

Os Megatoxos



Editorial: A Nosa Terra. Escrito por Anxo Fariña








Este libro trata sobre uns rapaces con poderes que se coñecen ao empezar o curso escolar. A súa profesora, Larafuzas, mándalles un traballo que é ir ao pasado a buscar un toxo mutante, pero axudan ao druida Gael a vencer a un monstro chamado Drunxel, mentres as dúas rapazas buscaban polo toxo....
NOTA: 7

miércoles, 23 de febrero de 2011

Contos de parvos e pillos II


Editorial:Xerais, escrito por Xosé Miranda e Antonio Reigosa



Este libro é a continuación de Contos de parvos e pillos I, un libro moi gracioso, con historias todavía máis disparatadas que na primeira parte.



Nota:7

sábado, 12 de febrero de 2011

Cando petan na porte pola noite


Publicado pola editorial Xerais. Escrito por Xabier P. do Campo






Trata de catro historias relacionadas con relatos de terror que están moi ben.




Nota:7

domingo, 6 de febrero de 2011

Contos de parvos e pillos I


Do colectivo "Cabalo Buligán" e publicado pola editorial Xerais.


Este libro consta de varias historias inspiradas en todas as épocas, dende a antigüidade ata historias fantásticas; os protagonistas destes contos teñen en común que todos fan accións disparatadas.


NOTA: 7