Mostrando entradas con la etiqueta Ramón C. A.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ramón C. A.. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de mayo de 2008

Sandokán


Este é un libro de piratas no que ao protagonista non lle gustan demasiado os ingleses dado que cando era máis pequeno os ingleses mataron a toda a súa familia e dende aquel día xurouse a si mesmo que vingaría a súa famila.
O libro empeza narrando que nunha illa estaba el só, o pirata máis temido do momento. Ese pirata é Sandokán. Este home estaba situado fronte a unha casa fumando un cigarro e divisando ao lonxe un barco. Cando chegou o barco á illa baixou del Yáñez, un irmán de Sandokán. Tan pronto baixou do barco Sandokán foino saudar e mandouno entrar na súa casa e póñense a falar dunha muller loura á que Sandokán non coñecía pero que quería saber quen era.
Despois de varias aventuras Sandokán e os seus homes van recuperar a muller loira dun lord e retirarase da piratería.

NOTA: 7


martes, 22 de abril de 2008

Robinson Crusoe

Este libro é do gran autor Daniel Defoe e trata do seguinte:Robinson e un rapaz que quere ir traballar fora da casa pero o seu pai non le quere deixar ir fora da casa a traballar. Un día un amigo díxolle se quería ir con el traballar e Robinson contestoulle que si. Xa embarcados sofren imnumerábles aventuras pero sen dubidalo nada a máis importante e cando uns mouros secuestran a toda a embarcación. Robinson convertese no servinte persoal do xefe o que lle axudou a fugarse un día levando con el outro mouro pequeno e indefenso. Logo robinson vese el so nunha illa donde tamen sofre bastantes aventuras con Venres un indixena que atopa naquela illa. Se queres saber como remata este apasionante libro recomendoche que o vexas.
NOTA:9

martes, 8 de enero de 2008

Pasión fútbol


Este libro trata de dous rapaces que querían conseguir cartos para comprar un aforo para ir ver os partidos dos Newcastle United. Pero non tiñan cartos suficientes. Entón decidiron ir roubar para conseguir os cartos aínda que a un dos dous non lle gustaba a idea e puxéronse a buscar polos descampados. Ó final da tarde xa estaba convencido e dirixíronse cara unha casa. Nesa casa non encontraron nada de valor, entón os dous decidiron ir roubar unha tenda e dirixíronse cara ela. Cando chegaron alí os dous estaban moi nerviosos e un deles estaba na porta buscando unha placa que puxera "pechado". Entón o outro dirixiuse ó dono e pideulle os cartos. Cando o rapaz se despistou o tendeiro tentou escapar pero o rapaz tirouse enriba. Se queredes saber o final do libro eu anímovos a ler o libro. O autor deste libro é: Jonathan Tulloch.




NOTA:8

jueves, 20 de diciembre de 2007

A LUS DO CANDIL



A lus do candil é un libro deÁnxel Fole da editorial Galaxia S. A. Este libro está composto dunha serie de contos e eu voulle contar un deles o que máis me gustou. Este conto titúlase "O LORDANAS".
O Lordanas era un enterrador dunha vila da zona do Courel. El era un home que vivía para a súa profesión e nunca ía a casa para xantar. O seu fillo era o encargado de levarlle todos os días a comida ata o cemiterio. Un día o Lordanas despois de xantar deitouse a dumir un pouco ao lado dunhas tumbas pero cando despertou xa era de noite e estaba tronando. Entón el ergueuse do chan e ía camiño da porta pero mirou cara atrás e atopou un home que levaba posto un chapeu e un abrigo. Ese home era moi pálido. Entón cando ollou ben cara el pensou que era un morto e escapou correndo para a casa e de alí a dous días morreu.

NOTA:8

martes, 27 de noviembre de 2007

Leonel(despois de lelo)


Este libro que vos vou contar de A. Cortizas é bastante intrigante, xa que o protagonista empeza a investigar.
Miguel era un rapaz baixo e cunha voz moi rouca. Estaban xa a final de curso e Miguel non estaba estudando nada o sexa que ía suspender. O día que chegaron as notas a casa a nai de Miguel castigouno e mandouno para a casa dos seus avós.
Cando chegou á vila dos seus avós, o seu avó quíxolle ensinar unha cabana que fixera el cando era máis novo. Despois de estar no monte marcharon para casa e a súa avoa xa tiña a cea feita e mandou a Miguel a deixar as cousas ao seu cuarto e cando baixou puxéronse a cear. Esa mesma noite Miguel tivo un soño cun lobo que tiña a espalda prateada. Ao día seguinte cando se ergueu díxollo ao seu avó e el riuse del. Máis tarde petaron á porta uns amigos dos avós que viñan coa súa neta Ana, entón Miguel foi abrir a porta e saudounos. Despois de saudalos os avós marcharon e quedaron sós. Máis tarde cando colleron unha pouca confianza saudáronse entre eles e puxéronse a falar das súas cousas. Ao día seguinte Miguel marchou a buscar a Ana á súa casa pero cando chegou dixéronlle que non estaba. Cando marchou foi para a casa e encontrou no seu cuarto unha carta de Leonel que era o antigo dono da casa, esa nota dicía que nos hórreos había máis. Cando Ana chegou a casa de Miguel el ensinoulle a carta e puxéronse a investigar. Un día foron a unha mina e alí encontraron outra nota. Eles xa estaban intrigados e despois desa encontraron outras dúas.


Se queres saber o final le o libro e xa verás como che gusta. A min gustoume porque foi moi entretido e intrigante.


NOTA 8

martes, 23 de octubre de 2007

Leonel (antes de ler o libro)

Eu este ano comecei as lecturas co libro Leonel. Este libro está escrito por Antón Cortizas e publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
A historia deste libro é a dun rapaz que se chamaba Leonel. Estaba namorado dunha rapaza que estaba na súa clase pero non era capaz de dicirlle nada. Xa nas vacacións de inverno os pais de Leonel dixéronlle que ía ir de vacacións a casa dos seus avós. Ao día seguinte marchou en tren cara a aldea na que ía pasar as vacacións. Cando chegou, o seu avó e un amigo del estábano esperando na estación de tren. Ao chegar á casa a súa avoa estaba facendo o xantar. Leonel, que sabía que a súa avoa estaba moi experimentada nas historias amorosas, pediulle consello. Ela doullo e o día antes de marchara regaloulle uns pendentes. Ao día seguinte chegou á casa e tíñanlle preparada unha festa sorpresa pero Leonel non lle fixo moito caso e marchou durmir. Cando foi á escola chegou onda a rapaza e díxolle se quería saír con el e ela contestoulle que si.

A min non me gustou moito o libro porque é demasiado romántico e azucrado. Gustaravos se vos gusta, por exemplo, a película Titanic.
NOTA: 6