Mostrando entradas con la etiqueta Brais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Brais. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de abril de 2012

O Home Que Prantaba Árbores

AUTOR: JEAN GIANO; EDITORIAL:GALAXIA


A historia trata dun home que vai de excursión a unha terra erma na que se encontra cun ancián chamado Eleazar Bouffier con quen queda a vivir, Bouffier escollía todos os días as 100, el preguntoulle por que facía iso e díxolle que quería facer desa terra erma unha terra fértil...

NOTA: 4

lunes, 9 de abril de 2012

A voz do lago

Autor: Antón Riveiro; Editorial: Galaxia

A historia trata dunha familia que vai herdar un pazo. Irene, unha amiga de María Mariño a herdeira do pazo, é a que conta a historia.
No colexio cóntabanlle unha historia sobre os Mariño na que conta que Mariño de Abanqueiro saía sempre a nadar e un día encontrouse coa filla dos donos do pazo e namorouse. O pai dela enterouse e mandou que afogaran a Mariño e depois a moza tamén se tirou  o lago de onde nunca máis apareceu. Un día María invita a súa amiga o pozo para que lle axude co misterio.
Despois na cea a dono contoulle unha historia sobre o trobador de lampán. Que trataba dun home que saíu a pasear pola beira do lago e viu unha muller e mandou que que a colleran mandou que a colleran, cando a sacaronda auga viron que era unha serea pero por máis que o intentasen non falaba, dala a un tempo tiveron un fillo.
A Froilán o pai do rapaz, ocurréuselle unha idea para ver se dava conseguido que a serea falase e colleu o fillo e íao botar ó lume cando a serea dixo "fillo"; depois diso falou sempre.
Despois de que todas foran para a cama, Irene e María foron a biblioteca e María empezou a ler un libro e oiase unha voz. Irene foi mirar de onde viña esa voz e maría foi detrás, despois Irene proponlle que vaian ler o caron do lago...

NOTA: 4

martes, 13 de marzo de 2012

O Pazo Baleiro


Autor: Xavier P.Docampo; Editorial: Xerais

Este relato cóntanos a historia de Nicolás, que é un neno ao que non lle gusta ir á escola, el vai sempre para onda seu tío Delio que vive nun vagón, el é reparador de reloxos. Un día leváronlle a reparar un reloxo moi vello e dentro tiña unhas cartas. Nicolás como era moi aventureiro quixo averiguar a quen pertencían. El, Delio e os seus amigos empezaron a investigar, despois de varios dias de investigación danse de conta de que iso eran pistas para encontrar un tesouro no pazo. Eles van de noite e...

NOTA:6

miércoles, 29 de febrero de 2012

Consumir preferentemente


Autor: Raúl Vacas; Editorial: Anaya

Este libro ensínanos un par de poemas, é moi divertido e fácil de ler aínda que algúns poemas non se entenden moito...

NOTA:7

miércoles, 22 de febrero de 2012

O Achado Do Castro


Autor: Manuel Núñez Singala; Editorial: Sotelo Blanco

Esta obra de teatro trata duns namorados que se chaman Manolitus e Carmiñae; esta era a filla do emperador de Galaecia, o emperador non a deixaba estar con Manolitus, que era o fillo da Arpexia, a comercianta máis rica do pobo, eles queríanse moito e querían casar pero os pais non estaban de acordo e case os matan. No medio da obra tamén aparece a historia de Catulo e Caleno que eran dous ladróns...


NOTA: 7

martes, 24 de enero de 2012

A toupiña cegarata

Autora: Ánxela Gracián, Editorial: Galaxia


Este libro cóntanos a historia dunha toupa que se chamaba Veludiña e era a xefa. Un día foi falar cunha salamántiga porque elas non saían. Entón díxolle que o dono do prado comprara un podenco para matalas. Un día chegou o podenco e matou moitas delas, entón Veludiña fixo unhas galerías máis fondas pero o can deu con elas outro día e matou máis, Veludiña pensou que tiña que que haber unha traidora. Era pencada pero non o sabía, cando pencada empezou a mandar máis ca ela marchou e foi pensando que a traidora era pencada.


NOTA:4

jueves, 22 de diciembre de 2011

Xoeliki



AUTOR: Abraham Carreiro.

Editorial: Sotelo Blanco


Este libro trata dun rapaz que lle encantaban os videoxogos chamado Xoeliki que tamén se dedicaba a chatear cunha rapaza por internet que era a súa amiga. Cando chega á escola descobre que todos os ordenadores teñen un virus; cando volve á casa atópase un recibo de alguén descoñecido que lle dicía que o esperaba na cafetería de enfrente.

Cando foi atopouse cun home e díxolle que lle tiña que axudar a destruír o virus. E entre os tres, Xoeliki, o home e a amiga destrúeno.


NOTA: 6

lunes, 12 de diciembre de 2011

Rebeldes



Autora: Susana E Hilton. Editorial: Alfaguara





Este libro cóntanos as historias duns mozos que estaban nunha banda chamada greasers que teñen que fuxir e escondéronse nunha igrexa xa que durante unha pelexa mataron a un dos sock, que era a banda rival.


Despois de que se calmaran un pouco as cousas puideron volver, pouco despois houbo unha pelexa para saldar as contas...




NOTA: 5

viernes, 25 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3




Autor: Ramón Caride. EditoriaL: Xerais



Este libro divídese en varios contos:




1º conto: Cóntanos a historia de diferentes rapazes e da súa forma de vivir. Uns mellor ca outros




2º conto: Cóntanos a historia dun furtivo que ía cazar a Chernovil e un día esperando pola súa presa preferida que levaba moito tempo esperando por ela, un mamut, picouno un mosquito e morreu por unha infección




3º conto: Cóntanos a historia dun pilotos de motos que nunha carreira mata un compañeiro nun accidente . El quedOu moi mal e tivéronlle que dar pílulas para que olvidara todo



4º conto: Cóntanos a historia duns homes que facían mutacións con animais




5º conto: Cóntanos a historia duns inmigrantese como nOn son ben tratados



6º conto: Cóntanos a historia dun home que lle mandaron firmar un papel para poder experimentar con el



NOTA: 7

sábado, 19 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro




Autor: Enrique Jardiel Poncela. Editorial: Espasa Calpe




Esta obra de teatro é unha comedia de enredo que nos conta a historia de dúas familias, os Briones e os Ojedas. Os Ojedas alugábanlle a casa todos os veráns ós Briones. Ezequiel é un suposto asasino pero segundo trascorre a obra descóbrese que o único que mata é gatos. Quen realmente comete o asasinato foi Micaela que matara á súa cuñada...



NOTA:6

domingo, 13 de noviembre de 2011

Flanagan 007



Autor: Andreu Martín e Jaume Rivera . Editorial: Xerais





Este conto trata de Flanagan, que é un detective, que tivo que viaxar a Madrid porque a súa imá e o seu mozo roubaron unha gran suma de diñeiro a unha ONG. El non pensa que sexa así, pensa que lle tenderon unha trampa, por iso vai alá. Cando chegou á estación namorouse dunha nena chamada Bruna e non se coñecían. Flanagan foi visitar ó mozo de súa irmá para preguntarlle o sucedido, el estaba no hospital. O mozo deulle un libro de axedrez que tiña moitas pista. Flanagan despois de ver iso descubreu que...



NOTA:7

martes, 11 de octubre de 2011

Alfagann é Flanagan



AUTOR: Andreu Martín e Jaume Rivera . Editorial: Xerais




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado flanagan que é detective. O dia de reis unha rapaza da súa clase desapareceu, chamábase Nieves; a ela e mais a Blanca e a Vanesa chamábanlle corpos dez, porque parecian modelos. Elas e Flanagan non se levaban moi ben xa que non se falaban nada, aínda que ían na mesma clase. O pai de Nieves era un home de cartos e encargoulle a Flanagan que encontrase a súa filla.



Flanagan despois de encontrar algunhas pobras grazas á axuda de Blanca e ás veces da poli deuse de con que...



NOTA : 7

jueves, 9 de junio de 2011

Olga e o dinosaurio

Autor: Breogán Riveiro. Editorial: Galaxia



Este conto trata dunha rapaza chamada Olga que un día lle saiu un dinosaurio que falaba do armario. Como non sabía volver xa sabía que se perdera. Foran ata o parque e alí había un neno moi malo e o dinosaurio tragouno, pero Olga díxolle que o devolvese. Cando chegaron á casa viron na tele un documental sobre a Catedral de Santiago e recordou que alí estaba á porta para volver ao seu mundo. O dinosaurio fixo voar o sofá e...




NOTA:6

martes, 10 de mayo de 2011

Os vellos non deben de namorarse



Autor: Castelao . Editorial: Galaxia


Primeiro lance:

Trata dunha rapaza chamada Lela que foi á botica a comprar un medicamento. O boticario namoruse dela pero como era vello veu a morte e díxolle que non se namorara dela pero non lle fixo caso e cando soubo que ía casar co carabineiro morreu.


Segundo lance:

Trata dun fidalgo que é un borracho que se namorou dunha rapaza máis nova, chamada Micaela, ela estaba namorada dun portugués e ao fidalgo só lle correspondía pola riqueza.


Terceiro lance:

Trata dun señor chamado Fuco que morre ó pouco de casarse cunha rapaza moi nova, ela estaba namorada doutro mozo pero como estaba casada non lle puido corresponder.


NOTA: 5

A Verdadeira Historia Do Burro Feldespato


Autor: Xerardo Quintiá . Editorial: Galaxia





Trátase dun burro chamado Feldespato que marchou de onda o seu dono porque non lle daba de comer. Foi para a Setelúas, á casa dunha bruxa chamada Marica Pendella, que quixera facer un feitizo para converterse na muller máis bonita, e equivocouse e fixo o de que durmirá cen anos seguidos. Nese cen anos o burro aprendeu e namorouse da súa dona. Despois perdeu a fala e foi dar unha volta ao mundo; ó que chegou Setelúas esperou ó lado da cama de Marica Pendella para...


NOTA: 5

jueves, 7 de abril de 2011

No Corazón Do Bosque



Autor: Agustín Fernández Paz. Editorial: Anaya






O conto trata dunha rapaza que foi de excursión ó bosque e un trasno que se lle mete na mochila. Despois dun tempo fixéronse amigos ata o punto de que un día o levou ó colexio porque había un rapaz que se metía con ela e el axudoulle a que a deixara en paz. Un día encontrouse cunha trasna e...




NOTA: 5

jueves, 31 de marzo de 2011

A Cidade Dos Desexos


Autor:Agustin Fernández Paz Editorial: Xerais


Trata duns catro rapazes que son amigos e sempre ían ao parque para quedar xuntos pero como era inverno e chovía tiñan un baixo que estaba abandonado que lle chamaban "o refuxo". Un día cando ían para alí atopáronse con algo moi diferente: o refuxo estaba en reformas. Eles ían día tras día mirar que ían facer co seu refuxo, despois de días de espera acabaron de reformalo. Eles só vían unha placa que poñia C.I.P.F pero non vían entrar a ninguén, entón decidiron entrar eles pero só habia unha muller. Preguntáronlle para que servía ese sitio e ela contestoulle que para cumprir desexos, despois ían todos os días alí e fixéronse amigos dela; entón ela un día díxolle que lle ía cumprir tres desexos...


NOTA: 5

lunes, 7 de marzo de 2011

A abella abesullona



Autor: Manuel Janeiro. Editorial: Galaxia





O conto trata dunha abella que lle chaman "Abesullona", era verán e non había moitas flores para coller o polen, así que a raíña mandouna explorar e ver se encontraba flores porque se non ían pasar un inverno moi malo, a Abesullona saíu en busca de flores e íalle preguntando a todo animal que vía a ver se sabían onde as había pero todos lle dicían o mesmo; cando ía caendo a noite atopouse cunha abella solitaria, fixerónse moi amigas, e ata durmeu na súa casa, ao día seguinte moi cedo a Abesullona saíu á procura de flores, cando se atopou cun saltón que lle dixo onde atopalas; cando ía de volta á colmea ía cavilando a ver que facía, se ir para a colmea ou quedar coa amiga.
NOTA: 6

sábado, 26 de febrero de 2011

Cousas de rapazadas


Editorial Alfaguara. Autor: Peter Bichsel


O libro ten varios contos que non teñen nada en común:
1º conto: Trata dun home que emprende unha viaxe polo mundo en liña recta para saber se a terra é redonda.

2º conto: Trata dun home que crea o seu propio idioma cambiándolle os nomes a todo.

3º conto: Trata dun home que contaba historias e un dia dixo que existía un novo continente pero niguén o creu, pero o rei mandou un home mirar se era certo e asi foi.

4º conto: Trata dun home que era inventor e vivía afastado do resto do mundo, e tanto se concentrou nun invento que botou moitos anos encerrado sen saír da súa casa; cando chegou á cidade para mostrar o seu invento que era unha televisión xa existía e quedou impresiondo como avanzara todo.

5º conto: Trata dun home que tiña moita memoria e estaba todos os días na estación de tren e sabía todo sobre eles, a que hora marchaban, cal era o seu destino, as súas deviacións, etc. Un día chegou a traballar un home novo na estación que tiña o que sabía nos libros e entón enfadouse e marchou e púxose a contar escalóns, porque iso non viña nos libros.

6º conto: Trata dun home que so falaba do seu tio Iódok cando lle pedian que contase unha historia falaba de Iódok e asi sempre asta que so lle quedou esa palabra.

7º conto: Trata dun home que non quería saber nada e encerrouse na habitación para non saber nada ata que a súa muller lle dixo que non sabía nada porque aínda non sabía falar chinés, entón o home pensou e despois de moito pensar púxose a estudar chinés.
NOTA: 7

martes, 1 de febrero de 2011

Cando petan na porta pola noite


Libro de Xabier Docampo publicado pola editorial Xerais.


Este libro consta de varios contos que teñen en común o fantástico, a morte, o destino...
NOTA: 6