Mostrando entradas con la etiqueta Rafael. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rafael. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2012

o contador de estrelas

ESCRITOR: Jaureguizar   EDITADO POR : Xerais           

Este libro conta unha historia dunha rapaciña que se chama Antía  que vai pasar as vacacións de verán , ela acompañaba a súa nai s unha base de avións de incendios. Un día  coñeceu a un rapaz chamado Ever , eles loitaban contra un piloto de avións que prendía incendios nos montes .
 Este tipo era un piromano e foi encarcelado . Os dous rapaces  namoráronse  e  Ever ensínalle a pilotar.

NOTA: 6

martes, 13 de marzo de 2012

A mansion dos pampin



Miguelanxo escribiu este libro .
Publicado polo colexo de arquitectos.


Este libro conta dunha familia que herdan unhas terras de sua tía, véndenas e compran outro piso as aforas mais bo e máis grande ca o seu ultimo piso. Este libro crítica moito ao que está a pasar co urbanismo

martes, 28 de febrero de 2012

Consumir Preferentemente







Escrito por: Raúl Vacas. Editado por Anaya


Este libro fala do amor, e que se consume coma se fóra unha tenda , non me gustou moito por pola poesía.



NOTA: 5

martes, 24 de enero de 2012

O achado do castro








Este libro escribeuno: Manuel Nuñez Singala, Editado por: Sotelo blanco:






Esta obra de teatro trata dun roubo de dous ladróns que quere quitarlle ao emperador un medallón pero encontráronse no medio dun lío familiar onde a filla do emperador e mais o fillo dunha comercianta se coñecen en Nápoles e tras moita disputa, Carmiñae acaba casando con Manolitus e o Emperador con Arpexia.






NOTA: 5

Memorias dun neno labrego



Este libro foi escrito por Xose Neira Vilas, editado por Galaxia








Este libro conta capítulo tras capítulo as historias dun rapaz chamado Balbino. A súa familia era moi pobre e conta que Balbino era moi listo, sempre ía vestido de loito porque non tiña outra roupa, sempre ía a misa e á escola. Balbino era tan listo que ata el deba clase cando a profesora estaba enferma.



NOTA:

viernes, 25 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3

Este libro escribeuno Ramon Caride; editorial Xerais



Este libro vai de varias historias:



O primeiro vai dun rapaz que é moi pobre e que ten que traballar moito para gañar moi pouco.


O segundo conta a historia dun cazador que vai cazando por diversión e nun día pícao un mosquito infectado polo desastre de Chernobil.


O terceiro conta a historia dunhas pílulas que fan olvidar as desgrazas da xente.


O cuarto vai dun señor que clona aos peixes gatos para que os donos non estrañasen os que eles tiñan.


O quinto, este conta como que unha cidade que estaba construída con moitos edificios as beiras da praia e estes edificios quedaban mergullados pola auga.


O sexto vai dun home que firma para facer experimentos con el.




NOTA: 6

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Eloisa esta debaixo dun almendro



Esta obra de teatro foi escrita por Enrique Jardiel Poncela publicado pola editorial Espasa



Este libro é unha comedia de enredo, que vai de dúas familias que teñen unha relación moi íntima, e existe unha historia de crime entre eles. Fernando era o mozo de Mariana a quen levou a unha casa que estaba sendo investigada por Luisote, un policía que se facía pasar por Dimas , un empregado da casa; Leoncio outro empregado foi buscar uns cans da señora Micaela, que estaba media tola. Ao final apareceu Mariana vestida de época , e Micaela delatouse...

martes, 11 de octubre de 2011

Flánagan so Flánagan

Escrito por Jaume Rivera e Andreu Martin , Editado por Xerais



Este libro trata dun neno que no insti vai de detective e un día enfrontouse ao seu compañeiro de clase Mateo Mas, que era o brutallán do instituto, o que lle pegaba e roubaba aos nenos, ao final de cabrearse entre eles quedaron de pelexar no próximo fin de semana. Os días pasaron ata que chegou o día da pelexa, pero Flanagan non foi porque estaba pasando un día na casa da súa amiga Nines, que era rica e vivía nos barrios altos da cidade de Barcelona.

O luns seguinte Flanagan, moi asustado por non acudir á pelexa, chegou ao insti pero enterouse de que Mateo Mas cometera un atraco a unha gasolineira; a Flanagan encargáronlle o caso e descubriu todo e...


NOTA:7

jueves, 9 de junio de 2011

O Capitan Zochusmán




Escrito por: Luis Seixido. Editorial : Sotelo Blanco



Este libo trata dun rapaz que quería ser supereroe chamado Toñin, el ía cos seus amigos á escola e ata un día veu que os seus amigos en vez de ir para a súa casa ían para a casa dun vagamundo, el salvou aos seus amigos.




NOTA:6

jueves, 26 de mayo de 2011

O home que plantaba árbores

Editorial: Galaxia escrito por Jean Giono



Este libro trata dun señor que plantaba bellotas de carballo, el plantaba moitos e moitos terreos de carballos pero como a terra non era fértil non medraban ben as árbores pero acabou conseguindo un gran bosque




NOTA: 5

jueves, 28 de abril de 2011

Tonecho de Rebordechao

Editorial Galaxia e escrito por Breogán Riveiro.




Trata dun rapaz de once anos que vive nunha vila pequeniña onde case non había xente. Nin xogos nin nada, namais ía a unha escola preto do seu pobo onde había poucos nenos e tan sequera había cursos namais que unha profesora moi guapa que lle gustaba a Tonecho e mais ao seu amigo Kevin: pelexaban porque a el tamén lle gustaba. Un día eles andaron polo pobo de Tonecho explorando un pouco e entraron nunha casa abandonada, pensaban que era a casa do home do unto. De alí a un cacho topáronse co home do unto, unha bruxa e mais un ogro pero todo era mentira...



NOTA:6

jueves, 7 de abril de 2011

Contos de medo no museo

Este libro foi escrito por varios escritores, entre eles: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xosé A.Neira Cruz e Antonio Reigosa

O libro trata de contos, sucesos que pasan no museo.




NOTA:8

jueves, 17 de marzo de 2011

O carteiro de Bagdag


Este libro escribiuno Marcos Calveiro; editado pola editorial Tambre


Trata dunha familia sunita que vive as aforas da cidade de Bagdag, o pai era carteiro e a nai coidaba do rapaz. O home un día sufriu un accidente no seu traballo, caeu da motocicleta. Ao caer da motocicleta quedou bastante magullado, o que lle impediu facer o seu traballo, por iso lle encargou o seu fillo a tarefa de entregar unha carta. O rapaz para facer o traballo pediulle a un amigo que o axudara.

martes, 8 de marzo de 2011

Matilda


Edicions Alfaguara; escrito por Roald Dahl


Este libro trata dunha nena que é despreciada polos pais por ser moi lista, pero a súa profesora si admite que ten moita intelixencia, ata que un día descobre que ten poderes de mover as cousas coa mente, a súa directora a señora Trunchbull era moi mala, castigaba aos nenos nunha gaiola e insultábaos; á súa vez ela era a tía da señorita Honey. Un día Matilda e mais a súa profesora decidiron ir darlle un escarmento á casa da directora que era a casa do pai da señorita Honey; ela quería recuperala e ao final deuna recuperado grazas á axuda de Matilda, ao día seguinte os pais de Matilda escapaban porque eran perseguidos pola policía por vender coches en mal estado.


NOTA:9

jueves, 3 de marzo de 2011

Os Megatoxos e o aprendiz de druída



Editorial: A Nosa Terra, escrito por Anxo Fariña





Esta historia trata duns rapaces que adquiren uns poderes tras tocar un toxo mutante que se teletransporta no tempo, os nenos deciden ir buscalo pero un aprendiz de druída fai unha apócema cunha rama do toxo e aparécelle un monstro, os rapaces derrótano, pero non conseguen coller o toxo, despois volven...
NOTA: 7

martes, 15 de febrero de 2011

No Corazon do Bosque


Editorial: Anaya. Escrito por Agustín Fernández Paz


Este libro vai dunha nena que vai a unha excursion e un trasno se lle mete na mochila e pola noite a nena dáse conta del e ao cabo do tempo o trasno e mais ela fanse amigos, pasan moito tempo xuntos e ata o leva á escola para que lle axudara cun neno moi pesado que se metía con ela; ao final todo volve a ser normal. Un día atopase cunha trasniña e.....
NOTA:6

jueves, 10 de febrero de 2011

Cando petan na porta pola noite



Publicado por edicións Xerais. Escrito por Xabier P. Docampo.



Trata de catro historias relacionadas con relatos de terror.
NOTA:6

viernes, 4 de febrero de 2011

Das cousas de Ramon Lamote


Publicado por edicións SM, foi Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil. O seu autor é Paco Martín

Este libro conta moitas historias que teñen en común o protagonista que se chama Ramon Lamote; fan cousas moi divertidas e irreais.



Nota: 7

lunes, 1 de noviembre de 2010

La creación de Hugo Cabret

O autor deste libro publicado por SM é Brian Selznick.


O libro trata dun neno orfo que vive nos sumidoiros dunha estación de tren e arranxa os reloxos da estación. O único recordo que lle queda de seu pai é un moneco de engranaxes que ten que arranxar pero non dá. Sabe que nun recuncho da estación hai un xogueteiro a quen lle rouba as pezas que lle cómpren, pero este píllao e dille que lle queimou as súas posesións: o moneco e un diario. Pero Hugo é amigo da sobriña do xogueteiro e esta cóntalle a verdade: non lle queimaron nada.
Tempo despois, na casa dos padriños de Isabelle, descubriron moitos debuxos semellantes ao seu moneco asinados por Georges Melier, e o rapaz sabe que os viu nunha película. E comprende a verdade que estaba agochada aos seus ollos ata entón...


NOTA: 10

sábado, 16 de octubre de 2010

Olga e o dinosauro

O autor deste libro publicado pola editorial Galaxia é Breogán Riveiro.


Trata dunha nena que se chama Olga a quen un día lle sae un dinosaurio sabichón que fala. Este díxolle que se non sabía por onde se saía e ela contestoulle que nunca vira a ninguén saír de alí, do seu armario. Como non deron con ningunha porta, acabaron tendo fame. Logo saíron á rúa e chegaron a un parque onde había un neno moi malo, polo que o dinosaurio comeuno, pero Olga mandou que o escupise. Cando volveron para a casa, prenderon a tele, onde botaban un documental sobre o camiño de Santiago, o que fixo cavilar ao dinausario.


NOTA: 6