Mostrando entradas con la etiqueta Raquel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Raquel. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de mayo de 2010

O faro de Arealonga

A autora deste libro é Uxía Casal.
Este libro trata dunha rapaza chamada Rosalía que vivía nun piso con súa irmá. Ela decidi un día volver para a súa vila natal, que era Arealonga. Cando regresou, toda a familia púxose moi contenta de volver vela. Rosalía tiña ganas de ver a Néstor, que era un gran amigo seu. Un día pasou algo estraño en Arealonga e foi que desaparecían rochas. Tamén desaparecera o can de Rosalía, Carrizo. Ela contoulle ao seu amigo que esas rochas desapareceran e brillaban cando ela non estaba alí. Un veciño de Arealonga contoulle a Rosalía e a súa irmá Tareixa que vira a un xaponés preto das pedras. Elas estrañáronse. Rosalía preguntoulle ao veciño se sabía onde vivía o xaponés Taky. Díxollo e ela quedou con el para que lle contase o que pasaba. De alí a uns días, Rosalía volveu ao peirao onde estaban as rochas. Néstor díxolle a Rosalía que traballara co xaponés na mesma corporación. Néstor intentara deixar esa corporación porque sospeitaba que Taky matara a un compañeiro e ela decidiu quedar con Taky para que lle contase a súa versión. O can de Rosalía desaparecera e ela atopouno na planta baixa da casa de Néstor cando foi falar con el, pero o can apareceu cun reducido tamaño porque Néstor fixera un experimento para probar o proxecto que inventara.
Ao día seguinte, volveu ao soto e atopou a Néstor morto dentro dunha bolsa e o seu can xa estaba de tamaño normal de novo. Un día, citárona para que fose a un bar e alí atopouse con Néstor, ela asombrouse. Despois de falaren, marcharon do bar e,ao saír, secuestráronos. Néstor logrou escapar e seguiu modificando o APERTA, que era o seu proxecto. El probou o APERTA con Taki e deixouno anano. Despois probouno consigo mesmo e clonouse, co que despois o seu clon ameazábao. Rosalía, antes de que chegasen os xaponeses a onda ela, logrou escapar e foi ata unha praia onde descubriu o cadáver de Taki destrozado. Sospeitan que o mataron os seus compañeiros, os xaponeses. Ao final, Rosalía decide...

Se queres saber o seu final, a lelo.

NOTA:5

jueves, 22 de abril de 2010

Caderno de agosto

A autora deste libro que lin é Alicia Vieira.
Trata dunha rapaza chamada Gloria que ten 15 anos. Escribía todos os días un diario no que contaba as cousas máis importantes que lle pasaban. A Gloria non lle gustaba nada estar moito tempo con súa nai porque sempre discutían por algo. Gloria tiña un irmán chamado Antonio, con quen vivía e mais con súa nai, porque seus pais estaban divorciados. Un día, a Gloria pareceulle moi raro que súa nai estivera cariñosa con eles, e sobre todo con ela, xa que se levaban mal. Súa nai estaba así con eles porque estaba namorada, pero non de seu pai, senón de outro home, Teotonio. A nai de Gloria invitouno un día á súa casa a tomar un café con eles. El foi e estiveron toda a tarde falando. Despois, Teotonio tivo que marchar. Gloria e Antonio tiñan un plan sobre súa nai e o seu namorado con súa tía Fátima. Un día a nai de Gloria invitou o seu namorado a cear e esa cea foi algo desastrosa, aínda que os rapaces marcharan ao cine con súa tía Fátima para deixalos sós. O pai deles preguntoulle a Fátima se era verdade que a súa ex-esposa tiña namorado e ela confirmoullo. Esa noticia sóuboa tamén a avoa de Gloria, que se asombrou moito.
De alí a uns días Teotonio deixou de ir á casa e era porque xa non saían xuntos. A avoa falou con el, pero non se solucionou nada. Unha noite Antonio e súa nai estaban vendo o telexornal coma de costume, ata que se lle estragou a televisión e tiveron que chamar ao veciño, que era técnico e aranxoulla. Desde ese día a nai dos rapaces volveu asubiar, que era sinal de que estaba contenta outra vez, todos estaban contentos. A súa nai dedicábase a escribir un libro con Arcanxo, un compañeiro da editorial, que o acabou e publicou. E dende entón, quen sabe se a nai dos rapaces volverá asubiar?
A nota que lle poño:8

viernes, 26 de febrero de 2010

El niño con el pijama a rayas

O seu autor é Jonh Boyne.
Este libro que lin trata dun rapaz chamado Bruno que se tivo que mudar con toda a súa familia para Auchviz por motivos de traballo do seu pai. Bruno tiña dez anos e non quería mudarse para alá porque tiña a súa vida e os seus amigos en Berlín. Un día, súa nai díxolle que fixese as maletas porque pronto se ían ir, que estaba esperando por eles seu pai.
Cando xa chegaran a Auchviz, Bruno quedou asombrado porque a casa era máis grande cá de Berlín. Bruno e súa irmá, que era máis vella ca el, levaron as súas cousas para os cuartos e Bruno foi á ventá e alí viu un patio con moitos rapaces, entreténdose. Bruno díxolle a súa irmá que fose mirar e pareceulles moi estraño que tivesen a mesma roupa, un pixama a raias.
Un día, Bruno, que estaba canso de estar en Auchviz, decidiu falar con seu pai e foi ata o seu despacho onde lle díxo que quería marchar de alí porque se aburría moito e seu pai díxolle que tiñan que estar alí porque a familia tiña que estar xunta en todos os momentos.Bruno marchou enfadado do despacho de seu pai.
Despois foi a xunto da criada, pediulle que falase ela con seu pai para marchar de Auchviz; pero ela díxolle que non podía pedirlle iso porque a ela axudoulle cando máis o necesitou dándolle traballo. Entón díxolle que tiña que entender que seu pai estaba facendo todo pola familia, para que estivesen todos ben. Bruno estrañaba moito aos seus amigos, pero tamén estrañaba moito os seus avós que quedaran en Berlín. O pai de Bruno era un militar que estaba destinado ao exterminio de Auchviz. Un día, Bruno decidiu dar una volta para coñecer o lugar donde ía vivir. Chegou a una alambrada dentro da cal había un neno sentado no chan. Bruno preguntoulle como se chamaba e que facía alí só. Entón o neno díxolle que se chamaba Shmuel e que non facía nada. Bruno marchou, pero díxolle que volvería.
Ese mesmo día, á noite, o pai de Bruno trouxo a cear á casa un home que traballaba con el e estiveron sós sen Bruno e súa irmá. Bruno fíxose moi amigo de Shmuel e íao visitar case todos os días.Shmuel cóntalle a vida que pasou no campo traballando e a Bruno non lle gustou nada. Un día, a nai de Bruno discutiu con seu pai porque quería volver para Berlín pois non lle gustaba esa vida para os seus fillos. Bruno estaba contento de volver para a súa casa e xunto cos seus amigos. Esa tarde Bruno foise despedir de Shmuel, pero presentóuselle un problema e era que Shmuel non encontraba a seu pai e entón Bruno decidiu axudarlle antes de que marchasen. Shmuel tróuxolle un pixama a raias para poder entrar e que ninguén se decatase. Shmuel e Bruno non atoparon o pai de Shmuel e entón Bruno quixo marchar para a casa pois xa era tarde, pero xa non podía saír porque os vixiantes do recinto estábanos mandando entrar. O pai de Bruno e os seus compañeiros de traballo xa tiñan pensado meter os nenos daquela alambrada para un lugar cerrado con gas dentro para axfisialos e fixérono, pero o problema estaba en que alí dentro estaba tamén Bruno e ninguén se dera conta. Os rapaces morreron xuntos e o pai de Bruno decatouse pola roupa do rapaz, que estaba tirada ao outro lado da alambrada. Entón, ao pai de Bruno xa lle daba todo igual, el sabía que cometera un erro moi grave. A el e mais aos seus compañeiros leváronos de Auchviz e a cidade quedou defendida polo Exército Vermello. A cidade quedou liberada dos nacis.
A nota que lle poño:8

jueves, 26 de noviembre de 2009

A escura luz do Tiber

A autora deste libro é Lola Gándara.
Este libro trátase dunha rapaza chamada Marcia. Ela era libre porque súa nai foi liberta de Roma. Súa nai morrera e entón ela quedou soa co seu padrasto que el quería que fose vivir a Séneca porque era a ilusión de súa nai. Ela foi para alá. Alí, en Roma, tratábana coma a súa propia filla, puxéronlle unha criada para ela soa. Paulina díxolle que a iban a pormar. Marcia ali coñeceu a un poeta que lle gustaba moito o que el facía e ela quería ser poeta coma él.Marcia tamén coñeceu a duas amigas que unha delas é a súa mellor amiga porque tamén era liberta.Ela tamén coñeceu a Tito Adrónico, que era o peiteador da Urbe. Era un peiteador moi bo e xa montara un salón grande. En Séneca imos todos peitearnos alí. As rapazas namoráranse duns mozos que había en Roma.Un día Marcia e Claudia foron dar unha volta e de súpeto escoitaron música na casa de Plautio. Miraron entre os arbustos no que viron unha festa de disfrazes que alí había. Elas viron a Lavinia no que se decataron de que por ese festexo era unha cristiá. Elas decidiron decirllo porque de todas formas Lavinia era a súa amiga.O final non lle dixeron nada.Un día houbo un incendio na cidade de Roma. Culparon a Marcia de que fora complice dunhas persoas que o prenderan. Meterona no cárcere e despois Tixelino quería forzala para que contase todo o que pasara, pero ela non lle dixo nada e entón deixárona en liberdade. Nese incendio, os xudeos matáron os cristiáns.
Un día, os gardas leváron a todos os nenos e mulleres para un soto de Roma nunha mina oculto. Alí, estaba Lavinia, a amiga de Marcia, e entón as tres amigas abrazáronsemoi contentas.Despois dun longo tempo, Marcia fixo dezasete anos, pero ela non estaba contenta porque ía facer un ano do terrible indendio.
En Roma empezaban unhas festas na casa de Tirana das que ela xa estaba farta de tanta xente nova e de cousas raras que ela presentía. Lucano e Séneca non podían aparecer pola Urbe e Marcia non sabía como avisalos ata que decidíuir ata xunto eles. Con ela tamén foi Ruth e Tirana. Elas intentaron cruzar un control que había no estreito e o final lográrono. Un día, Lucano matou a Séneca e entón prendérono. A Marcia, dixéronlle a verdade, a verdade de que o pai que a adoptara non era seu pai verdadeiro. Tamén lle dixéron que Lucano era seu irmán e por todo o mal que fixera, morrera dignamente. Marcia estaba namorada de Fabricio, o poeta, pero non podía casar con el, e Petronio quería casar con Marcia sen estáren namorados. O final, Marcia decide non casar e volver coas poesías de seu irmán Lucano e regresar o seu país natal.
A miña nota é un 6

jueves, 12 de noviembre de 2009

A cova das vacas mortas

O autor deste libro é Jaureguizar.
Trátase dun rapaz chamado Xoel que é de Negueira de Muniz. El vive coa súa nai, de orixe alemá, da aldea do Foxo. O rapaz tiña moitos problemas na súa casa, porque o seu avó estaba enfermo de alzéimer e usaba cueiros. O rapaz dedicáballe a el todo o seu tempo. Estaba tan canso desa vida que levaba, que soñaba con ser petroleiro. A súa vida cambiou cando lle atopou unhas cámaras de vídeo ao seu avó. O vello contoulle que fora director de cine e traballara cunha famosa actriz chamada Leni. Xoel coñeceu a unha rapaza chamada Iria, que lle axudou sempre que o precisou. Despois de tanto tempo, entre eses dous rapaces xurdiu o amor.Entre o avó de Xoel e mais Iria filmaron unha película sobre nazis, aos que Iria defendía.
Este libro non me gustou moito e póñolle un 5.

jueves, 1 de octubre de 2009

O último traballo do señor Luna

O autor deste libro é César Mallorquí.
Este libro trata dun home a quen lle chamaban O asasino e tamén lle chamaban Luna. Un día foi co seu todoterreo ata a selva porque estaba citado co señor Coronado. A el non lle gustaba a selva pola que tivo que pasar porque estaba repleta de animais salvaxes e o señor Luna era un señor de cidade. Máis adiante atopouse cunha ponte que cruzou sen medo co seu todoterreo. Despois atopou un gran muro de pedra polo que non se lograba ver o que alí dentro había. Fóra había catro gardas de seguridade que o revisaron por se puidese levar algunha arma. O señor Luna díxolle que tiña unha cita co señor Coronado e un dos gardas levouno ata o salón da casa. O garda foi avisar ao señor Coronado.
Cando chegou o señor Coronado, díxolle que tiña un recado que tiña que facer e que era moi importante. O señor Coronado non sabía seguro se o señor Luna non era un inimigo seu e entón Coronado mandoulle ao seu fillo Tacho, que estaba alí con eles, que o revisase. Tacho obedeceuno e revisouno, pero o señor Luna díxolle que xa era a segunda vez que o revisaban. O señor Luna tiña na súa man unha revista que collera no salón para pasar o tempo. Entón, mentres estaban falando do traballo que tiña que facer o señor Luna, que era que tiña que matar a Flor, unha muller que lle fixera moito dano ao señor Coronado, este puxo na boca a revista de maneira enrolada e soprou. Desa revista saíu unha agulla pequena que contiña veleno dentro. Esa agulla pasou preto do señor Coronado e cravouse na parede. Tacho colleu a agulla e díxolle ó señor Luna que, se tiña a intención de matar a seu pai, estaba equivocado. Desa maneira o señor Luna demostroulle a Coronado que era moi bo asasino. O señor Coronado quedou convencido e contratouno. El deulle todos os papeis que precisaría con toda a información necesaria e tamén lle deu un sobre con diñeiro para o que precisase. Ao día seguinte, o señor Luna foi para España a buscar a Flor. Luna, alí, estivo polas prazas máis concorridas polos norteamericanos, preguntando pola súa suposta tía, que non o era. A señora Flor traballaba na casa dun rapaz chamado Paulo. Ao señor Luna informárano de que Flor estivera traballando nunha discoteca. Entón foi alí e preguntoulle a unha señora chamada Gladis. Ela díxolle que estaba traballando de criada nunha casa nas aforas de Madrid. O señor Luna non quixo perder máis tempo e foi ver se estaba alí. O señor Luna púxose a pasear ao redor da casa na que ela traballaba para coñecer o lugar. Ao día seguinte informou a Tachiño de que xa sabía donde traballaba Flor Huanaco e Tacho díxolle que acabase pronto con esa señora e non perdese máis tempo. O señor Luna foi ata esa casa pero foi con outra vestimenta para que ninguén o coñecese e menos Flor. Flor fora dar un paseo nas súas horas libres e de volta para a casa, viu ao señor Manuel, a man dereita de Coronado. Ela ,toda asustada, foi ata unha cabina para chamar a súa filla e avisala de que vira a ese señor. O rapaz que vivía na casa en que traballaba Flor citouse coa súa filla para que o aprendese a bailar e ,cando ían sós os dous pola rúa, achegouselle unha furgoneta que secuestrou a Susana, a filla de Flor. Cando o rapaz chegou á casa e lle contou todo a Flor, ela tivo unha chamada do señor Luna, que lle dixo que fose a un lugar para falar con ela sobre a súa filla. Ela foi, pero antes contoulle todos os "trapicheos" que fixera Coronado ao rapaz e deulle unha carta que tiña que levarlle aos bolivianos. Paulo, que era o rapaz que vivía na casa onde traballaba Flor, non sabía que facer, ata que ao final decidiu ir ata onde estaban elas dúas secuestradas para sacalas de alí. O rapaz chamou a un amigo para pedirlle axuda, para que lle levase esa carta aos bolivianos. O amigo non se enteraba de nada pero de todos modos axudoulle. O seu amigo foi ata alí, mentres que o rapaz foi intentar entrar no lugar do secuestro. O amigo de Paulo entregoulle a carta aos bolivianos e eles foron ata o lugar onde estaban secuestradas a señora flor e a súa filla, e entón os bolivianos...
A miña nota é un 7

viernes, 19 de junio de 2009

O meu agasallo para...


O agasallo que eu lle regalaría a esa persoa sería un quit de maquillaxe cun espello e cun peite porque é unha persoa que lle gusta estar guapa, aínda que xa o é. O quit tería que ter un quit pequeno que se poidese levar a onde quixese.Tamén lle regalaría un vale para que puidese ir bailar clases de hip hop.

lunes, 4 de mayo de 2009

A cabeza de medusa


Este libro que lin titúlase A cabeza de medusa é a súa autora e Marilar Aleixandre
Trátase dunhas rapazas chamadas Sofía e Lupe que eran moi amigas. Elas estaban xuntas na clase. Un día a profesora Olga mandoulles facer un traballo. Era buscar información sobre A cabeza de medusa e ela atopou que era unha cabeza con serpes. Un día elas saíron xuntas de festa e de regreso para a casa non tiñan con quen ir de volta. Elas quedaron coa nai de Sofía en que ían ir para a casa en taxi, pero nese momento non había ningún por alí. A Lupe ocorréuselle a idea de parar a algún coche que pasase por alí para que as levase, pero a Sofía non lle gustaba esa idea. De alí a un pouco achegábase a elas un coche e eran dous rapaces novos da universidade. Eles viron que eran dúas rapazas novas e paráronlles, ofrecéronse a levalas á casa e elas foron. Elas preguntáronlle que por onde ían que elas non coñecían ese camiño e eles dixéronlles que era un atallo. Despois eles pararon o coche nun sitio escuro e dixéronlles que baixaran do coche para ensinarlles as estrelas. Elas baixaron e despois un deles bicou a Lupe, mentres que o outro levou a Sofía para o coche. Alí el forzouna a ter relacions con ela. Ela negábase pero ela non logrou sacalo de encima. De alí a pouco tempo, eles marcharon e deixáronas alí soas e tiradas. Sofía estaba chorando porque fora violada, e Lupe tamén se encontraba mal polo que lles pasara a elas dúas.

Elas chamaron por teléfono á nai de Sofía para que as fose buscar. Súa nai foinas buscar e levaron a Lupe para a súa casa. Sofía, na súa casa, contoulles a seus pais todo o que lles fixeron eses rapaces e entón Sofía díxolle que quería denunciar e o pai levouna á comisaria. Alí, Sofía estaba moi nerviosa. Despois de tanto esperar, dixéronlles que entrara pero ela soa. O comisario díxolle que estivese tranquila e que se era capaz de contarlle todo, que llo contase. Despois de contarllo todo, mandouna marchar e que descansase. Cando ela saíu do despacho, atopouse con Lupe e seus pais. Sofía preguntoulle se viña a denunciar e ela díxolle que si. Sofía despediuse dela e marchou para a casa. Ao día seguinte tiñan que ir ao instituto e Sofía tiña medo de que soubesen a verdade e se metesen con ela, pero xa o sabían todo por información do xornal. A nai de Sofía chamara ao instituto e xa falara coa directora. A directora díxolle que estivese tranquila que antes de que elas entraran nas aulas, xa había informar aos alumnos. Cando elas entraron, ninguén fixo ningún xesto e elas estrañáronse.
No seu instituto, había dous rapaces de bacharelato e metéronse con elas. Andaron escribindo nos baños das mulleres palabras ofensivas para elas, pero a directora arreglou o problema porque unha amiga de Sofía viunos escribindo con esprais no baño e ó final expulsáronos do instituto durante tres días.
Lupe quería retirar a denuncia, pero Sofía sabía que todo se había solucionar e que eles habían de ter o seu castigo .O comisario chamou os pais das rapazas para falar con elas porque...se queres saber como remata este libro leo.
Nota:7

martes, 17 de marzo de 2009

Pel de lobo

Este libro que lin titúlase Pel de lobo e o seu autor é Xosé Miranda.
Trátase dun home, da súa esposa máis o seu fillo. O pai é cazador de lobos e algunhas veces leva o seu fillo con el de caza porque lle gustaba o que facía o seu pai. Un día, á noite, chegou un home á súa casa para falar con el. Díxolle que tiñan un lobo grande e eles non o daban matado, e como el tiña fama de ser bo cazador, aceptou axudarlle á parte de advertilo de que era case imposible de matar porque era grande. Ao día seguinte foron dacabalo el máis o seu fillo. Cando chegaron á aldea, que tiveron dificultades para chegar, as mulleres desa aldea ofrecéronlle hospedaxe. Á mañá seguinte foron para cazar os lobos ao monte. De camiño, atopáronse cuns lobos pequenos que lle asustaron os cabalos e o cabalo do rapaz escapou con el por un camiño no que se perdeu.
O rapaz non sabía onde estaba, pero de alí a pouco tempo o pai foi buscalo e o rapaz xa aparecera na aldea. Cando xa era de noite, fóronse para a cama para que á mañá do día seguinte puidesen estar tranquilos para poder ir cazar. Ao día seguinte non lograron matar os lobos grandes que eles querían matar, só lograron matar os pequenos. Os veciños máis ese señor decidiron poñerlle unha trampa que sería unha ovella. Puxéronlla pero non lograron pillar os lobos grandes. Eles pensaban que os lobos actuaban como un ser humano porque non lograban matalos con nada. Despois decidiron asustalos con fogos de artificio, para que se metesen nun sitio que eles lle tiñan preparado para podelos matar, pero os lobos non foron ata alí.
Ao día seguinte foron o señor máis o seu fillo sós porque os veciños non lle axudaban nada. Eles foron e atopárons cos lobos grandes, os lobos enfrontáronse a eles, o señor intentou dispararlle pero un dos lobos empuxoulle e tirouno ó chan. Despois, os lobos marcharon para detrás dunhas rochas onde o rapaz viu que marchaban de pé coma as persoas. O rapaz foi axudarlle a seu pai a levantarse e marcharon.
Nesa masma tarde, o rapaz atopouse cun deses lobos e ...
Nota:7

martes, 10 de marzo de 2009

Cando petan na porta pola noite


Este libro que lin ten catro historias e eu vouvos contar unha que se titula" A loba",e é a que máis me gustou, o seu autor é Xabier P. Docampo. Trátase dun home que cada ano ía a unha parada de cabalos que había na Rebórica e alí tiña as súas amizades. Ese home, de camiño perdeuse por culpa dunha gran nevarada que había e non lograba ver nada, tiña que guiarse polas pagadas que había no camiño. O home chegou a unha casa na que lle ofreceron aloxamento. Alí díxolle que quería ir para a Rebórica e que se perdera por culpa da nevarada, e entón díxolle o home desa casa que para o día seguinte acompañaríao o seu fillo ata a aló. De alí a un pouco fóronse para a cama, pero antes de ir escoitaron un lobo e entón preguntoulle se alí nese pobo había moitos lobos e entón contoulle unha historia de lobos que el sabía. O home quedouse asombrado con esa historia. Ó día seguinte, o home foi para a Rebórica e acompañado do fillo e cando chegou...Se queredes saber como acaba esta historia lede o libro
Nota:6

viernes, 20 de febrero de 2009

A pulseira de Raquel


A miña pulseira sérveme para poñer no pulso da miña man. O seu tamaño é pequeno e de forma delgada. Ten unhas arandelas de dobre fío e cunha placa onde ten escrito o meu nome en maiúsculas e a data de nacemento. A súa cor é de prata. Para min ten un valor moi especial porque regalouma miña nai con moito aprecio e cariño. O seu prezo non o sei porque é un regalo. A súa procedencia tampouco a sei. Para min non se pode comparar con ningunha outra porque aínda que haxa algunhas máis bonitas só me gusta esta.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

PODEROSA


Este libro que lin titúlase Poderosa e o seu autor é Sérgio Klein.
Este libro fálanos dunha rapaza chamada Joana de 13 anos que lle gusta moito a literatura e gustaríalle nun futuro ser escritora. Ela vive cos seus pais, seu irmán e súa avoa. Súa nai sempre vai o salón de beleza, alí traballa Salete, un amigo dela. Salete tamén tiña a premonición de ver o futuro, e a nai da rapaza pediulle que lle mirara o futuro co seu marido. A rapaza tamén quería mirar o seu futuro, e Salete díxolle que ela tiña un don de facer todo.
Ao día seguinte no instituto a súa compañeira Danny puxera un pírsin e díxolle aos compañeiros da clase que se descubrían onde o puxera, podía darlle un bico nese sitio. Os rapaces pensaron nun sitio do seu corpo. Ao día seguinte un dos rapaces descubriu o sitio onde tiña o pírsin, pero o rapaz ao que lle tocou darlle o bico era o máis feo da clase. Danny non quería que lle dese o bico porque era o máis sucio da clase. Ela decidiu poñer outro pírsin noutra parte do seu corpo para que llo dese outro rapaz. Un día, o profesor de historia fixo grupos para facer un traballo. O grupo de Xoana era coa súa mellor amiga Danyelle e con Danny, a rapaza que peor lle caía. Xoana quería que quedasen na súa casa, pero as súas compañeiras non querían. Se ían a unha biblioteca podían rematar antes o traballo.
A Xoana non lle parecía unha boa idea porque a tecnoloxía non debía acabar coa literatura, como a poesía non debía acabar co teatro. Ao final quedaron na súa casa para o día seguinte e puxéronse a facer o traballo ata acabalo. Cando tiñan que presentar o traballo diante de toda a clase Xoana quixo facerlle competencia á súa inimiga Danny. Ela presentou o seu traballo pero o profesor e suspendeunas porque estaba mal. Elas fixérano sobre literatura en vez de algo sobre historia. Ao día seguinte tiveron que ir os pais ao instituto para falar cos profesores para que lle desen unha oportunidade. A directora deulle esa oportunidade e ela aceptou. Xoana púxose a facer o traballo e desta vez fixérao ben e elas aprobaron.
Na clase de Xoana había un rapaz chamado Guto que a ela lle gustaba, pero á súa inimiga Danny tamén lle gustaba. Un día a Xoana apareceulle unha nota cunha cita para ir ao cine. A ela esa letra parecíalle a de Guto. Xoana tamén tiña problemas na casa, porque seus pais estaban a punto de divorciarse. Ela vivía con súa nai e sempre ía visitar a seu pai á clínica.
Xoana, cando xa era o día da cita, ela foi a esa cita, estivo esperando a que chegase o rapaz pero, cando xa pasaba da hora, decatouse de que ninguén viña e entón marchou. Cando chegou á súa casa viu a seu pai xunto a súa nai sentados no sofá e vendo a televisión. A ela pereceulle moi ben que seus pais estivesen arreglando os problemas. Xoana estaba moi triste porque o rapaz máis guapo da clase lle dera plantón. Ela quería contarllo a súa avoa, pero ela estaba ocupada. Ao día seguinte Xoana máis seu irmán tiñan que quedar coa avoa. Ela tiña que facerlle a cea a seus netos, despois de cear estiveron vendo unhas fotos da infáncia de súa avoa. Elas estiveron falando dos noivos da avoa. A avoa preguntoulle se tiña algún namorado, e ela díxolle que si, que era Guto. A avoa preguntoulle polo seu número de teléfono e ela, despois de tanto insistir, deullo. Chamárono pero Xoana non quería falar con el porque lle daba vergoña. Despois a avoa deulle o teléfono e tivo que falar con el. Xoana aproveitou para preguntarlle por que lle dera plantón. El explicoullo todo. O motivo do plantón fora que ela se equivocara de sala. Ao día seguinte no recreo, Guto invitou a Xoana a ir ver o seu partido para dedicarlle un gol. Ela foi con moito gusto. Despois de rematar o partido, viu unha nota na súa mochila e o sair do instituto, ensinoulla a súa avoa e pola escritura díxolle que era de Guto.
Ao día seguinte, chegara a festa que ela estaba esperando tanto. A súa avoa foi levar ao rapaz para a casa da veciña para coidar del mentres elas ían á festa. A avoa tiña o problema de que non lle servía o vestido que lle prestaba Xoana. A rapaza,escribíu nun papel que súa avoa volvese ter trece anos para que lle servise o vestido e cando saíu do baño o que escribira Xoana, dera resultado. Chegada a hora, foron a festa, alí tiveron un problema co can que se chamaba Federico. O can lastimárase, todos estaban preocupados por se o can morría, e entón, Xoana escribiu nun papel que o can se curase e de alí a un pouco o can estaba xogando. Cando Xoana chegou a festa e viu que xa non estaba nin Guto nin súa avoa, ela marchou e de camiño para a casa, había unha parella bicándose. Ela non quería interrompelos pero ela tiña que pasar por alí. O mozo co que estaba esa rapaza era Guto, que se agachara detrás da árbore para que non o vise. A moza era a súa avoa, e ela chamou por Guto para presentarllo. Xoana cando el se dou a volta, douse conta de que era Guto e el marchou. Cando elas chegaron a casa, non discutiron nada porque non valía a pena. A avoa foi para o cuarto cambiarse mentres Xoana fora abrir a porta. Abriu a porta e era súa nai. Ela viña enfadada da súa lúa de mel porque estivera discutindo co seu marido. Súa nai quería ir saudar o seu fillo e a súa nai. Xoana non quería deixala ir, foi correndo detrás dela para impedir que fose e tropezou contra unha maleta e lastimou a man. Foron ao médico. Ó saír viu o profesor, que cando pasaron pola casa de Salete axudárona a desfacerse do seu ex-marido que coa axuda do profesor lográrono. Xoana deuse conta pola libreta de Junior que el era o seu namorado e ela díxollo á súa avoa e Junior foi correspondido. Ela dixo que ningún problema dos que ela tiña o solucionara coa súa literatura senón que se solucionaran sós. A súa avoa ao final volveu á súa idade normal e seus pais acabaron xuntos.
Eu doulle un 8

miércoles, 12 de noviembre de 2008

As cousas claras


Este libro que lin titúlase As cousas claras. O seu autor é Xose A. Neira Cruz.
Trátase da historia duns rapaces dun instituto. Un dos profesores do instituto chamado Mon estaba no hospital enfermo. Un día os rapaces dixéranlle á directora que querían visitalo, pero non podían. Os rapaces marcharan para a casa e a directora Fina foi visitalo e non veu ningún cambio. Ao día seguinte os alumnos da clase de Mon tiñan que resolver algúns asuntos sobre o bar. Eles querían montar un bar pero os profesores decidiron que montaran unha tenda e que vendesen todo tipo de complementos e artículos como por exemplo preservativos. As nais estaban en contra diso. Un día o profesor Mon obrigou aos seus alumnos a ver películas porno. A raíz diso, os seus alumnos andaron dicindo que lle gustaban os homes.
A unha das rapazas non lle gustou que dixeran eso do profesor e entón intentou aclarar o tema. Ela, chamou a Mon e deixou as cousas claras e o profesor volveu ao instituto a dar clase con normalidade. Á rapaza parecíalle raro que o seu compañeiro Elías estivese tanto tempo sen asistir a clases, e entón Afonso tamén lle quixo axudar a saber que lle pasaba a Elías. Afonso e ela quedaron para mirar que ían facer. A rapaza ao día seguinte falou coa directora e preguntoulle onde vivía Elías, pero a directora non lle dixo nada. Unha das súas compañeiras díxolle o enderezo. Despois ela máis Afonso foron ata ese enderezo pero non lograron saber nada. A rapaza non se dou por vencida, e ela quixo saber todo sobre o que pasaba. Despois eles preguntaron nunha tenda algo sobre a súa vida, e lograron saber algo. Eles chamaron ao fontaneiro e dixéronlle que fose arranxar unha lavadora na súa casa. O fontaneiro foi e eles tiveron que inundar a casa para que parecese un estrago.
Cando o fontaneiro foi para arranxar a lavadora, a rapaza rouboulle as chaves que deixou encima da mesa a propósito. Afonso chamou o fontaneiro dende a rúa para mandalo ir arranxar algo na outra punta da cidade. Cando o fontaneiro marchou, a rapaza foi falar con Afonso. El díxolle que tiñan que ir ata a casa de Elías e intentaron abrir a porta cas chaves. Eles oíron un ruído e asustáronse. Chegoulle o fontaneiro e obrigou os rapaces a entrar á súa casa. O fontaneiro encerrounos e...
Non me gustou moito porque é un libro que me resultou algo aburrido.
Nota:5

miércoles, 8 de octubre de 2008

Una luz en la marisma

Este é o primeiro libro que leo neste curso. O seu autor é Xabier Alfaya.
Trata dun rapaz que se chama Gabriel e vive coa súa familia e a súas criadas. O rapaz que estaba enfermo na súa habitación soía mirar pola ventá co catalexo que era de seu avó. Un día viu unha muller ir por un lado da rúa e un home polo outro lado.
A muller atravesou para o outro lado da rúa e foise con el para outro sitio polo que o rapaz xa non lograba ver nada co seu catalexo. De alí a un rato volveron pero cada quen polo seu lado. Cando pasaron unhas horas ,pasou un home que era vagabundo chamado Solapo que ía pola rúa cara a marisma e de alí a pouco tempo Solapo saíu da marisma. Ao día seguinte na vila falábase de que había unha muller medio espida preto da marisma. Dende o balcón da casa do rapaz víase a garda civil na marisma observando e sacándolle fotos á muller asasinada. A nai de Gabriel mandouno ir para o seu cuarto para que non vise o que acontecía na marisma. Cando era a hora da cea estaban todos na mesa e todos calados. Ao día seguinte ,com0 culparan a Solapo do crime ,o rapaz non o cría ,el contoullo á súa irmá África que ela tampouco non o cría. Cando o pai o soubo foron ver as pegadas do coche que estaban marcadas na marisma. O seu pai falou co axente para que as fosen analizar ,pero o axente cando foi ,só dixo que fora perder o tempo porque o día anterior borráranse as pegadas.
Gabriel quería que se soubese toda a verdade sobre Solapo porque el sabía que el non era o culpable do crime. El non podía saber nada do que pasaba porque estaba enfermo na habitación ,pero o avogado un día chamouno por teléfono para contarlle que marchaba porque non atopaba pistas suficientes para defendelo. O rapaz tivo unha idea. Decidiu falar co seu mellor amigo Pucho ,porque el coñecía a Farauteira; ela era a muller á que Solapo visitaba moito. Gabriel pensou que ela podía testificar no xuíz.
El díxolle á criada Ramona que fose falar con el para que viñese á súa casa que quería falar con el . Ao día seguinte ,Pucho xustamente veu visitalo para falar con el. Contoulle todo o que lle pasaba a Solapo ,pero Pucho non quería axudarlle porque Solapo fixéralle cousas que lle desagradaban. Gabriel díxolle que necesitaba que lle axudara porque el non merecía ir para o cárcere sen ter a culpa. Pucho sentía que si que tiña que axudarlle. Entón eles axudáronlle e quedaron para o día seguinte para ir falar coa Farauteira. Á mañá seguinte foron á súa casa e ela recibiu a Pucho e Gabriel quedou fóra agardando. Cando lle contou o que pasaba ,tamén decidiu axudarlle e quedaron para ir ao xuízo para declarar. O día que chegou o xuízo de Solapo ,só foron declarar a favor de Solapo tres persoas ,pero bastou para que se soubese a verdade. O culpable do asasinato desa muller fora un home que a deixara embarazada e el non quería que a súa muller o soubese. Á fin todo o asunto estaba aclarado ,Solapo podía andar con liberdade coa Farauteira ,porque eran mozos de novos e os fillos que tiña a Farauteira eran deles dous ,e o rapaz xa estaba san e podía ir ao colexio.

A miña opinión: Pareceume un pouco bonito e interesante porque che aprende a que os erros que cometes se poden resolver con moito esforzo.

Nota:7