Mostrando entradas con la etiqueta Noemí. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noemí. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de mayo de 2012

Alicia en el país de las maravillas


Autor: Lewis Carrol y Rebecca Dautremer.
Editorial: Edelvives.


Este libro trata dunha nena chamada Alicia, que un día aburrido coma outro calquera se queda durmida e se mergulla nun  profundo soño no que a súa imaxinación a leva  a un mundo extraordinario no que pasan moitas cousas. Primeiro vai perseguindo a un coello branco e acaba meténdose  nunha coelleira pola que vai caendo e caendo moi profundo, entón  ao chegar ao final cae e chega a unha sala, alí é cando ao beber e ao comer se fai moi grande ou moi pequena. Despois de pasar por moitas situacións ......

NOTA: 8

martes, 13 de marzo de 2012

Voces de Vacas


Autor: Xavier López Rodríguez
Editorial: Galaxia

Este libro trata dunha vaca chamada Dourada, e da súa vida. Dourada vive con outras vacas ; a Cereixa, a Garbosa, a Oliva, a Rubia... ás que lles axuda. Pouco a pouco imos descubrindo os seus medos, as súas relacións, a súa entrega ó traballo, basicamente o que ocorre nas súas vidas. Neste libro a tenrura e a dureza aparecen xuntas.

NOTA:4,5

A praia dos afogados


Autor: Domingo Villar
Editorial: Galaxia


Este é un libro de misterio, que trata sobre o que ocorre na praia de Baiona. Hai un detective que se chama Leo Caldas, el tivo que resolver un asasinato, que trataba dun home que apareceu morto atado de mans e pés, cunhas bridas verdes. Despois empezou a investigar, e foi interrogando aos mariñeiros que ían con el. Pero todos se querían librar do asunto. Ata que Leo Caldas se decatou de que as bridas verdes coas que estaba atado o home morto tíñaas o verdadeiro culpable...

NOTA:7,25

martes, 28 de febrero de 2012

Contos do paxaro azul


Autora: Helena Villar Janeiro
Editorial: Sotelo Branco


Este libro trata da historia dunha gata chamada Clarisa que é a única gata contadora de historias, e tamén é a única que sabe os contos do paxaro azul. Nestas historias hai unha cidade chamada Lumislán, é moi pequena porque para iluminala basta coa luz do vagalume, Fosforelo. Nestes contos tamén está Tarnas, a raíña dos gromos, e Guillerme, que é un neno que fuxiu dun libro, porque el lle tiña moito medo ós ratos, e tamén está Alba, que vive cerca duns cisnes encantados, no país dunha lagoa azul.

NOTA:5

martes, 27 de diciembre de 2011

O home que prantaba arbores

Autor: Jean Giono
Editorial: Galaxia

Este libro trata dun viaxeiro que coñeceu a un señor maior,que vivía nunha vila abandoada nunha casiña de pedra. O home deulle pousada ao viaxeiro que se quedou a durmir. Este velliño chámase Eleazar Bouffier, vivía cun can e dedicábase a escoller landras e sementes de árbores para plantalos todos os días.O viaxeiro marchou ó día seguinte, e continuou o seu camiño. O velliño seguiu plantando árbores ano tras ano. Ó cabo dun tempo, o viaxeiro volveu e naquel lugar.....

NOTA:5

O Principiño

Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Galaxia



Este libro trata dun neno ao que lle gusta moito debuxar, pero os maiores prohibíronllo. Cando se fixo maior, fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría co avión no Sahara, quedáballe auga só para uns días. Cando espertou atopou en fronte del un rapaciño. O rapaz pediulle que lle debuxara un año, pero non sabía como debuxalo. E foi así como se coñeceron. O principiño non era un rapaz calquera, el estaba namorado dunha flor...



NOTA:5,5

¿Sobrevives?



Autora: Fina Casalderrey
Editorial: Xerais

Este libro trata dun rapaz, Francisco, que sempre se mete en líos polo que o director o castiga con frecuencia, pero ao rapaz parece non importarlle moito, el o que quere é chamar a atención da xente. Francisco ten uns amigos peculiares. A pesar de todo isto, el non cambia a súa forma de ser nin a súa maneira de ver as cousas. A medida que vai transcorrendo o libro, vainos contando unha serie de historias e cousas que lle ocorren...


NOTA:6,50

domingo, 18 de diciembre de 2011

Exogamia

Autor: Ramón Caride. Editorial: Xerais.




Este libro está dividido en capítulos; fálanos sobre países subdesenvolvidos. Nun capítulo cóntanos o moito que traballan os nenos para poderen comer. Outro cóntanos como hai unhas pílulas que fan que olvides o pasado. Outro vai sobre a clonación dos animais...




NOTA:3

domingo, 11 de diciembre de 2011

Xoeliki

Autor: Abraham Carreiro. Editorial: Sotelo Blanco.




Este libro trata dun neno que se chama Xoeliki, ao que lle encantan os videoxogos e tamén chatear cunha rapaza por internet.
Un día descobre que os ordenadores do colexio teñen un virus. Entón el cóntallo a un amigo de seu pai e dille que se poña en contacto con el para formar parte dunha escola pirata contra os virus. El e mais unha amiga que xa coñecía intentarán combater o virus...


NOTA:7,50

lunes, 28 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela.
 Editorial: Espasa Calpe.



Este libro é unha comedia de enredo onde os personaxes non se entenden entre eles e xorden confusións. Cóntanos unha historia sobre crime e misterio entre dúas familias. Pero co transcurso da obra iranse resolvendo todas as dúbidas e inconvintes que se van encontrando os personaxes.



NOTA:7

martes, 22 de noviembre de 2011

O contador de estrelas

Autor: Jaureguizar. Editorial: Alfaguara.






Este libro cóntanos a historia dunha rapaza chamada Antía. Ela cría que aquel sería o verán máis aburrido da súa vida. Porque ía botar dous meses con súa nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo cambiou; el abriulle a porta ao namoramento e fixo que se interesase pola astronomía. Xuntos enfrontaron.....



NOTA:7,50

martes, 11 de octubre de 2011

Nun lugar chamado guerra



Autor: Jordi Sierra I Fabra. Editorial: Galaxia.





Esta hiatoria trata dun xove periodista que é enviado a Tudzbestán, para cubrir unha guerra interior. Alí contrata os servicios dun guía, un neno chamado Milo que acaba facéndose famoso vendendo falsas entrevistas exclusivas con personaxes da guerra que en realidade son familiares seus. Milo é un supervivinte. Pero entre corresponsal e guía acabará forxándose unha amizade, cando un e outro se salven a vida mutuamente...





NOTA:6

lunes, 6 de junio de 2011

A voz do lago



Autor: Antón Riveiro Coello. Editorial: Galaxia.


O libro trata dunha familia que se muda a unha vila onde hai un pazo, porque os seus parentes son os únicos herdeiros do pazo. Na mansión hai unha rapaza chamada María que se fai amiga de Irene. Na vila todos din que o pazo está encantado, por unha lenda que se conta. Un día María invita a Irene a quedarse un fin de semana no pazo, esa mesma noite foron á biblioteca, cando se puxeron a ler un libro escoitaron os lamentos dunha muller. Despois póñense a investigar todos os estraños sucesos que lle van acontecendo e...


NOTA:8,55

martes, 10 de mayo de 2011

Olga e o dinosauro





Autor: Breogán Riveiro. Editorial: Galaxia

Neste libro hai unha rapaza chamada Olga e un día cando esperta sáelle do seu armario un dinosauro, ela tíñalle medo pero cando o coñeceu xa non. Ese dinosauro quería buscar unha porta a outro universo pero non a atopaba así que lle pediu axuda a Olga. E os dous buscaron por toda a casa e tamén pola vila pero non a atoparon así que regresaron a casa. Alí prenderon a televisión e viron nun documental que falaban da catedral de Santiago e o dinosauro dixo que a porta estaba alí, e decidiron ir e a que non sabedes o que pasou...


NOTA: 5,5




jueves, 7 de abril de 2011

A expedición do pacífico




Autora: Marilar Aleixandre. Editorial: Xerais.






Este libro trata da historia dunha rapaza chamada Emilia, o seu soño é viaxar na expedición do Pacífico pero seus pais non a deixan porque din que non aguantaría a expedición. Andrés, o seu irmán maior é unha das persoas desa expedición. Un día que o van visitar, ela agóchase no barco, e así é como se infiltra na expedición. Pero despois duns días seu irmán dase conta, pero ó final ela faise pasar por un rapaz e viaxa xunto co seu irmán durante toda a expedición. Ó final da expedición cando xa se lle estaban acabando os cartos e mais o traballo, foron á casa do presidente da expedición e ......













NOTA:5,20








viernes, 25 de febrero de 2011

El grito de la grulla


Editorial Edelvives. Autor: Samuel Alonso Omeñaca


Este libro conta a historia dun neno, Junichiro, e da súa familia que sufriu unha terrible experiencia, que foi a guerra en Xapón. O seu pai é piloto, e o neno quere ser coma el. O seu pai tamén lle mandaba cartas a el e a súa nai. O libro tamén nos fala das grullas que representan o amor, a amizade, a esperanza...


Nota:6

Os MegaToxos e o aprendiz de druída


Editorial A Nosa Terra. Autor:Anxo Fariña.


Este libro cóntanos a historia de catro rapaces, Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe. Son uns rapeces que entran novos na escola, pero teñen un inesperado accidente, no que eles e mais a profesora Larafuzas pícanse cun toxo mutante, e isto fai que os cinco desenvolvan unha especie de poderes sobrenaturais. E aquí comezan as súas aventuras na procura do toxo, para atopar un antídoto para volveren a ser eles mesmos. Conseguirano???
NOTA: 7

jueves, 10 de febrero de 2011

A abella abesullona


Editorial: Galaxia. Autor: Manuel Janeiro.


Este libro trata dunha abella que na súa colmea non atOpaban flores, por iso mandárona a buscalas. Polo camiño vaille preguntando a moitos insectos se saben onde atopalas, ata que un deles lle di onde están. A abella vaillo contar ás demais. E ao final vaise a vivir cunha abella que coñece.



NOTA:4,5


lunes, 17 de enero de 2011

Matilda


Editorial: Alfaguara. Autor: Roald Dahl.




O libro trata dunha rapaza chamada Matilda, que é moi intelixente pero a súa familia non se percata diso e ademais tratábana moi mal, pero a nena vingábase deles. A primeira vez que foi á escola, a súa profesora, a señorita Honey decatouse de que a nena era moi intelixente. Despois coñeceu a súa directora, a señorita Trunchbull, que era unha especie de monstro. Un día tivo clase coa directora e foi ese mesmo día cando Matilda descubreu os seus magníficos poderes. E a partir dese momento é cando Matilda lle ocorren unhas cantas aventuras.


NOTA:9,8

viernes, 10 de diciembre de 2010

A casiña azul


Editorial: Galaxia. Autora: Sandra Comino.


Este libro trata dunha rapaza que a maltrata o seu pai e é abandoada pola súa nai. Pero ela atopa consolo nos libros que le. .As únicas persoas que a queren son o seu amigo Bruno e a súa avoa materna.



NOTA: 8