Mostrando entradas con la etiqueta Martín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Martín. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de mayo de 2012

A lei na rúa

                                   Autor: Susana E. Hinton
Editorial: Alfaguara


Este libro fálanos dun rapaz de 14 anos chamado Russel James.
Este rapaz vive o día a día como pode meténdose en pelexas e saindo de festa polas noites.
Rusel quere ser igual que seu irmán.
El e seu irmán estan buscados pola policia, unha noite atracan unha paxararia e a`policia.....

Nota: 5                                                            


martes, 13 de marzo de 2012

A mansión dos Pampin


Autor: Miguelanxo Prado
Editorial: Colexio de arquitectos de Galicia


Este libro libro cóntanos a historia dunha famila que herda unha casa na aldea. A esta familia acábana estafando entre o alcalde e o arquitecto; aínda así eles séntense agradecidos e acaban veraneando na praia.


Nota: 5

martes, 28 de febrero de 2012

O mundo secreto de Basilius Hoftman


Autor: Fernando M. Cimadevila
Editorial: Urco



Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Peter que durante o transcurso das vacacións unha especie de felino entra no cuarto da habitacion na que el durmía na casa de seu tío Basilius.

O seu tío, cando veu o felino, decidiu ensinarlle a Peter a cidade dos tellados. Aquela cidade era gobernada por Rivka, unha especie de muller gato. Aquela muller deulle as respostas que precisaban. Tras aquela visita a cidade dos tellados Peter e seu tío embarcáronse en moitas aventuras na procura dunha máscara e dun bastón que gobernaba o poder daqueles felinos. O bastón e a máscara están no poder de Gabriel, o inimigo de Hoftman....





Nota:7

sábado, 25 de febrero de 2012

Las pelirrojas traen mala suete



Autor: Manuel L. Alonso
Editorial: Afaguara




Este libro cóntanos a historia dunha rapaza que trata de encontrar o amor ao mesmo tempo que intenta escapar dun policía que a intenta eliminar, xa que ela sabe a verdade sobre un roubo que cometera o policía. O compañeiro de aventuras da rapaza e un mozo veciño dela .

Un dia o policía colleuna e violouna pero grazas ao seu amigo lograron zafarse del e despois coa axuda do pai do mozo e dun gardaespaldas......


Nota: 7

lunes, 23 de enero de 2012

O achado do castro



Autor: Manuel Nuñez Singala . Editorial: Sotelo Blanco


Esta obra de teatro trata duha historia de amor entre a filla do César e o fillo da comerciante máis rica de Roma, é moi humorística.

Os pais ao principio opoñénse pero despois namoran e casan permitindo que os seus fillos tamén casen


Nota: 7

viernes, 20 de enero de 2012

Diario dun neno labrego



Autor: Xosé Neira Vilas. Editorial:Galaxia


Este libro é unha especie de diario onde un rapaz pobre conta as súas vivenzas. Este rapaz ten unha infancia terrible, traballa moito e aínda por enriba moitas veces péganlle.

Ao rapaz morreulle seu tio e mais seu padriño, por culpa disto non pode ir a ningunha festa xa que ten que gardarlles loito.

Un día deulle con unha pedra ao fillo dos seus señores na cabeza. Seu pai pegoulle cunha corda, el escupeulle na cara e marchou da casa.






Nota: 8

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O contador de estrelas

Autores: Jaureguizar. Editorial:Alfaguara


Este libro cóntanos a historia dunha rapaza chamada Antía.


Esta rapaza ten que acompañar a súa nai a un aeródromo apartado do mundo no que non había nada de arredor. Ela non a quería acompañar pero unha vez alí coñeceu a Enver, xunto a este mozo descubreu a astronomía e mais o amor. Foi un dos seus mellores veráns.

nota:6

lunes, 12 de diciembre de 2011

Alfagan é Flanagan



Autor: Andreu Martín, Jaume Ribera; Editorial: Xerais




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Flanagan que é detective. O día de reis unha rapaza da súa clase desapareceu, esta chamabase Nieves, e a ela, Blanca e Vanesa chamábanlle "corpos dez", porque parecían modelos. Eles non se levaban moi ben porque nunca falaban. O pai de Nieves era un home moi rico e encargoulle a Flanagan que investigase sobre a desaparición da filla. Flanagan como era moi intelixente e coa axuda de Blanca e da policía descubreu que...



NOTA: 8

jueves, 24 de noviembre de 2011

Exogamia

Autor: Ramón Caride. Editorial: Xerais




Este libro cóntanos diversas historias onde nos narra por exenplo a crúa realidade de rapaces que teñen que traballar como escravos para poder comprar unha videoconsola e despois comparan as súas vidas coa dun rapaz galego. Tamén nos contan como políticos e millonarios extinguen animais só por diversión e para fardar diante dos amigos.
Durante todo o libro nos conta diversos problemas que ás veces ignoramos.


Nota:5

sábado, 19 de noviembre de 2011

Eloisa esta debajo de un almendro



Autor: Enrique J. Poncela . Editorial: Escapa Calpe






Esta obra de teatro cómica cóntanos os líos de dúas familias.

Neste libro está moi presente a confusión que é o que lle pon o humor á obra. O libro cóntanos o misterio dunha muller morta. Todos pensan que foi Ezequiel pero quen realmente foi.......



NOTA: 5

martes, 15 de noviembre de 2011

Rebeldes



Autora: Susana E. Hilton

Editorial: Alfaguara



Ete libro nárranos as aventuras de dous chavales ¨Graeser¨ que teñen que fuxir e esconderse nunha antiga igrexa xa que durante unha pelexa mataron a un dos ¨Sock¨ (banda rival).

Despois de que se calmaran un pouco os ánimos puideron volver; pouco despois celebrouse unha pelexa para saldar contas e acabaron gañando os....


Nota:8

lunes, 10 de octubre de 2011

Flanagan 007

AUTORES: Jaume Ribera , Andreu Martin.

EDITORIAL: Xerais


Trata dun detective xuvenil que se chama Flanagan que investiga a desaparición da súa irmá Pili.

Pili fuxiera con Carles, o seu mozo, tras roubar medio millón de dólares da ONG na que trballaba Carles.

Flanagan estaba seguro de que a súa irmá era inocente e decide investigar. Durante a investigación coñece a Bruna, unha rapaza que escapara da casa, da que se acaba namorando.

Unha vez que chega a Madrid vai falar con Carles que descobre que está no hospital despois de ser detido e de recibir unha paliza.

Tras falar con Carles segue a investigar e descobre que a ONG ten un traidor que e....


NOTA: 6

miércoles, 8 de junio de 2011

Cando petan a porta pola noite



Autor: Xabier Docampo. Editorial: Xerais





Este libro recolle catro contos con historias de medo e moi entretidas nas cales en case todas se trata da morte. As historias son O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumplemortes.






Nota: 7

viernes, 27 de mayo de 2011

A praia dos Afogados



Autor: Domingo Villar. Editorial: Galaxia

Este libro trata dun detective chamado Leo Caldas que xunto co seu compañeiro investigan a morte dun mariñeiro coñecido como o Rubio.
O Rubio apareceu morto na praia de Panxón coas mans atadas cunha brida de cor verde. Tras investigar Leo soubo que o Rubio tempo atrás compartira barco con outro mariñeiro chamado Marcos Valverde. Deixaron de pescar xuntos porque se lle afundira o barco e morrera unha muller e mais o capitán do barco.

No barco do Rubio enpezaron a aparecer pintadas no que se podía ler ``ASASINOS´´

Ao saber isto Leo empezou a investigar e descubreu que a noite do afundimento do seu barco, o Rubio e mais Valverde mataron a unha muller chamada Rebeca e que o autor das pintadas fora o seu fillo.


Nota: 8

jueves, 28 de abril de 2011

Tonecho de Rebordechao

Autor: Breogán Riveiro; Editorial: Galaxia



Este libro fálanos dun rapaz que pasa de vivir na cidade a vivir nuha aldea na que el era o único rapaz que había el para divertise, xogaba a play e metíase nas casas abandoadas; un día dixéronlle que non entrara máis nas casas e para que non o fixera dixéronlle que alí vivira o home do unto.

O rapaz no fixo caso e seguiu entrando na casa ata que un día a casa se veu abaixo: ao rapaz no lle pasou nada.
Pero como quería saber máis foise co seu can por unha carrileira onde o Home do unto soía matar.

Nota: 7

jueves, 7 de abril de 2011

A verdadeira historia do burro Felldespato



Autor:Xerardo Quintiá; Editorial: Galaxia



Esta é a historia dun burro que lle escapa o dono e bai parar a casa dunha meiga.
O burro acaba namorando dela pero o problema que tiña é que a muller só espertaba unha vez cada 100 anos debido a un feitizo mal feito, só espertaba coa augardente que lle traía un primo seu


Nota: 5

jueves, 17 de marzo de 2011

Made in Galiza

Autor: Sechu Sende. Editorial: Galaxia
Este libro narra unha serie de relatos curtos nos que en case todos eles se critica as persoas que sendo Galegas desprecian o galego ou aqueloutras que pensan que para educar os seus fillos é mellor facelo en castelán.


NOTA: 7

O carteiro de Bagdad


Autor: Marcos Calveiro. Editorial: Tambre



Este libro narra o día a día dun carteiro en Bagdag e mais da súa familia. Este carteiro realizaba o seu traballo en motocicleta ata que un desgraciado dia sofre un acidente e lle encarga ao seu fillo que lle leve unha inportante carta a un señor. Este, coa axuda do seu mellor amigo e mais co primo deste, intentarán levar o sobre ao seu destino.



Nota: 7

viernes, 11 de marzo de 2011

O home que plantaba árbores


Autor: Jean Giono. Editorial: Galaxia



Eliazar Bouffier era un home xove o cal dicidiu vivir unha aventura; foise coa súa mochila polo mundo ata atopar unha aldea onde coñeceu a un home que o invitou a quedarse na súa casa.

Aquel home todos os dias collia 100 landras e as plantaba, cando Eliazar lle preguntou porque facía iso todos os días el contestou que o facia porque...


Nota: 3

jueves, 3 de marzo de 2011

Menú de enganos


Autor: Manuel Nuñez Editorial: Galaxia


Este libro narra unhas vinte historias divertidas. A min persoalmente gustoume. Nestas historias o que principalmente predomina é o engano, o cal está presente en todas as historias deste libro.


NOTA: 6