Mostrando entradas con la etiqueta 2008-2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2008-2009. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de diciembre de 2009

Mutacións xenéticas

Este libro trata duns pais que deciden mandar ao seu fillo Hadrián de vacacións á vila do seu avó.
A súa autora é Fina Casalderey.
Hadrián nunca fora en avión e tiña moito medo.
Cando chegou ó aeroporto de Santiago, seu avó non estaba e el decidiu ir á cafetería. Pero tamén se deu conta de que non tiña a súa equipaxe. Foi correndo para ver se a atopaba, pero non foi así.
Cando se cansou de buscala, decidiu volver á cafetería do aeroporto.
Alí viu un vello que non tiña moi boas pintas coa súa equipaxe. Entón, Hadrián dixo en voz alta o nome de Manolo, que era o seu avó, e este contestou.
Despois de saudarse, o seu avó decidiu levalo para a súa casa. Polo camiño, Manolo foille contando onde vivía e como era a súa relación cos veciños.
Ao chegaren á casa, o seu avó díxolle que se tumbara na cama para descansar un pouco e que dentro dunhas horas xa o espertaría.
Cando espertou, o avo díxolle que había unha porta na súa casa que non podía nin tocar.
Hadrián extrañouse tanto, que nin sequera lle preguntou por que.
Ao día seguinte, mentres que o seu avó durmia, Hadrián entrou por esa porta e atopou unha serpe enorme que o pretendía picar. Hadrián comezou a berrar e a serpe marchou.
O seu avó oíuno, foi alí correndo e comezou a contarlle que estaba experimentando con animais para aforrar enerxía.O avó empezoulle a falar dun amigo seu que vivía nun barco.
Ao día seguinte, o avó díxolle que ía saír a facer a compra. E que el tiña que quedar alí.
Hadrián comezouse a preocupar polo tempo que tardaba o avó en chegar. Esperou todo o día e toda a noite e o avó non chegaba.
Hadrián, ó dia seguinte, decidiu ir na procura do seu avó. Atopou o seu coche na praza coas chaves tiradas ao lado dunha roda.
E se queres saber o final, le o libro, que está moi ben.

Nota: 6

viernes, 19 de junio de 2009

Good morning, Galicia



Non corren bos tempos para a nosa lingua. Incomprensiblemente, en pleno século XXI estásenos cuestionando o dereito a coñecela. Logo virá o de usala. Nas vosas mans e na vosa intelixencia, alumnas e alumnos de Forcarei, está unha parte do futuro dunha lingua que empregades acotío porque, como di o poeta Carlos Negro, vós nos vos avergoñades do cheiro a esterco dos vosos avós. Lembrade que Sócrates, un sabio da antigüidade grega, dicía que só hai un gran ben, o coñecemento; e só hai un gran mal, a ignorancia. Lamentablemente, hai moito xente en Galicia disposta a gabarse da súa ignorancia.
Se queres saber por que coñecer linguas é saber máis, clica aquí.



Déixovos o meu agasallo virtual para todos. Déixovos esta fermosa canción de Mercedes Peón que nos visitará en breve ao insituto.



E tamén este poema de Celso Emilio versionado por Dios ke te crew.




O meu agasallo para...

A este compañeiro eu poderíalle regalar moitas cousas porque coñezo moi ben os seus gustos, e entre as cousas que lle gustan poderíalle regalar un Honda Civic, porque pronto quitará o carné e xa lle fará falta, 1000 mulleres, roupa, cartos...
Calquera desas cousas lle gustaría, pero, como non son rica, case que lle regalaría un pak de calcetíns do 3 por 1 e xa quedaría servido para o que queda de ano.

O meu agasallo para....

O meu agasallo son uns pendentes de cor laranxa fosforito.
Eu fágolle este agasallo porque ela colecciona pendentes, e gústanlle moito, e regálollos de cor laranxa porque sei que desa cor non hai moitos, por non dicir que non hai ningún.
Se non lle gustan síntoo moito, pero eu fíxenllo con toda a mellor intención do mundo.
Pero se unha persoa fai unha colección de algo, é porque lle gusta esa cousa.

O meu agasallo para...

Ao meu compañeiro gústalle moito probar cousas novas e andar en quad.
A el gústalle construír carrilanas e andar nelas. Hai dous meses que el máis un amigo seu fixeron unha carrilana e puxéronlle ventás e todo.
Os seu pais dixéronlle que quitara o título da ESO e que lle compraban un quad novo. Pero creo que lle vai gustar o meu regalo para o seu cumpreanos.
E tamén lle vou comprar un coche de xoguete porque sempre está na clase xogando con cochitos.

O meu agasollo para ....


O meu amigo invisible é unha persoa boa, alegre e de fácil amizade con el, xa que, sabe algo de case todo pero do que máis é de tecnoloxías porque el é un fanático destas e dos videoxogos. O agasallo que para min é perfecto para el é, unha viaxe as industrias máis importates de ordenadores e consolas. Para que por un día se poida sentir como un dos creadores destas empresas.

O meu agasallo para...


A persoa á que eu lle fago o regalo é a ...
Esa persoa fisicamente é de estatura media, delgada, co pelo castaño e cos ollos marróns.
Esa persoa personalmente é unha persoa encantadora, se tes algun problema ela sempre estara alí aínda que ten un pequeno defecto por iso creo que o mellor regalo que podería ter é unha cremalleira. Non porque ande con elas rotas, non non, por iso non. Son outro tipo de cremalleiras que por desgraza non se inventaron ou iso creo. Pero cando se inventen máis dun a de ter que compralas para eles mesmos ou incluso para regalar como no meu caso. A cremalleira da que vos falo é unha cremalleira un tanto especial. É unha cremalleira para a boca xa que non cala nin debaixo da auga.

O meu agasallo virtual para ....



Pois, para empezar, dicir que a quen me tocou lle gusta internet. Entón está máis que claro que o seu agasallo sería un ordenador, para que se poida conectar.
Pero despois pensei, e deime conta de que tamén lle vai o fútbol moito, e matinei que tamén lle podería gustar un balón ou unha equipación.
Tamén o Tennis lle encanta, así que unha raqueta tampouco estaría mal. O que eu teño agora mismo é un dilema. Non sei que agasallarlle. As tres cousas lle gustan.
Así que optei polo máis facil. En lugar de ter que escoller entre as 3 cousas, voulle agasallar un ordenador con dous xogos instalados, un de futbol e un de tennis.

domingo, 14 de junio de 2009

O amigo invisible



Rematando o curso estivemos traballando cos textos argumentativos. E agora, como remate de curso, imos aproveitar esta ocasión para facer a actividade do "Amigo invisible". Despois do sorteo, deberás facerlle un regalo virtual -podes poñer na entrada unha foto ou un vídeo- para o compañeiro/a da clase que che tocara. Agora ben, debes argumentar correctamente por que razóns decidiches facerlle ese regalo. E logo a ver se adivinades quen vos fixo ese regalo.

viernes, 12 de junio de 2009

Mutacións xenéticas

A outora deste libro chámase Fina Casalderey.
Esta historía comeza cun rapaz que ten que ir visitar a seu avó porque o obrigan seus pais. Cando chega onda seu avó todo lle parece moi estraño pero ó final acáballe parecendo todo do máis normal. Cando xa se levaban moi ben seu avó desaparece e el búscao por mar e terre con axuda dun amigo do seu avó.
Cando por fin o atoparon seu avó contoulle porque o tiñan secuestrado.
Se queres saber porque o tiñan secuestrado só che queda ler o libro.
Este libro está bastante ben e doulle un 7.

viernes, 29 de mayo de 2009

A chamada da selva



Este é outro dos libros que lin o seu autor é Jack London.

Trata dun can, Buck, que foi raptado polo xardineiro e vendido a uns comerciantes que o levaron para Alaska. Alí estivo uns cantos anos, tirando dun trineo que era o do correo. Empezou como un can que non sabía nada, ata que un día matou o líder dos cans, Spizt, e el converteuse no líder. Debido a todos os encargos os cans estaban moi cansos e Perrault tomou a decision de vendelos. Foi vendido a uns homes que non tiñan nin idea de estar na neve. Un día que estaban a pasar por Thirty Mile, cando había o desxeo, Buck non quería cruzar e Hall, o actual dono, empezoulle a pegar. Este acto fixo que Jhon Thorton fora na axuda de Buck. Despois de darlle unha labazada a Hall desatouno. Estes continuaron sen Buck, pero a cen metros o chan desplomouse e morreron todos. Jhon curoulle as feridas a Buck, e este non daba pancada en todo o día. O día que chegaron os amigos de Jhon, baixaron á aldea. Alí toparon cun home moi fanfarrón que lle apostou mil oitocentas libras a Jhon a que Buck non daba movido mil libras. Este aceptou e Buck gañou, con eses cartos compraron uns cantos cans para ir ó norte a buscar a cabana dun home moi rico. Pasou o tempo e non deron con ela, ata que Jhon un día meteuse nunha cova e o atopou. Dende alí baixaron ata un val onde atoparon todo o ouro. Botaron alí moitos meses, mentres eles traballaban Buck metíase nunha fraga onde o seu ser primitivo se facía cada vez máis feroz. Alí matou un oso e fíxose amigo dun lobo o que non o viu máis. Cando estaba no campamento oía a chamada de algo que aínda non descubrira porque non quixo acomnpañar o seu amigo lobo. Un día unha tribo acercouse ata o val e matou a Jhon e os seus amigos, o instinto de Buck saíu e empezou a matar os homes que atacaran o seu amo. Logo disto sentíu outra vez a chamada, seguiuna e topouse co seu amigo o lobo que o guiou ata a manada de lobos onde se fixo o líder.

A miña nota para este libro é un 9.




Rebeldes



Este é un libro de Susan E. Hinton. Conta a historia de Ponyboy, que é un rapaz dos suburbios de Nova York. Seus pais morreran e vivía cos seus irmáns, Darry e Sodapop "Soda". Pertencían ós Greasers, que era unha banda da zona, xunto cos Socs ( Abreviatura de Socials ) e os Hood.



Os greasers e hoods mantiñan unha rivalidade cos Socs. Ponyboy era bo no instituto. Sacaba boas notas e a escritura dábaselle ben, ó contrario de todos os demais. Os greasers e amigos de Ponyboy eran: Steve, que era un chaval amargado, pero moi bo amigo de Soda. Two-Bit Matthew, que era o contrario de Steve, tiña sempre unha broma que facer. Dally, o delincuente xuvenil máis perigoso que poidas encontrar. E despois estaba Johnny, que dende que recibiu unha boa paliza dos Socs non voltou a ser o mesmo. Vivían unha vida normal, cos seus altibaixos, pero normal. Soda e Darry traballaban e Ponyboy estudaba. Pero unha noite na que Johnny, Dallas "Dally" e Ponyboy saíron ó cine, coñeceron a unhas rapazas. Unha delas chamábase Cherry, a ela todos lle caíron ben, excepto Dallas. As rapazas quedaran alí porque os seus mozos Socs fóranse enborrachar. Botaron alí un tempo e chegou Two-Bit que ligou coa outra rapaza. De camiño cara a casa os Socs perseguíronos ata unha parcela, onde baixaron do coche e insistíronlle ás rapazas que volveran con eles para a casa, cousa á que se negaron. Como Two-Bit estaba alí marcharon sen facer nada. Máis tarde cando xa marcharan todos menos Jhonny e Ponyboy, estes estaban tumbados noutra parcela, cando os Socs volveron. Un deles colleu a Ponyboy e meteulle a cabeza nunha fonte ata que perdeu o sentido. Cando o recobrou veu a Jhonny pálido e tremando e a unha persoa morta ó seu lado. Máis tarde foron ver a Dallas para que lles dera consello e doulles a dirección dunha vella igrexa abandonada. Chegaron alí como puideron e alí se quedaron. Días despois Dallas foi visitalos, foron dar unha volta e comer, e, cando volveron, viron que a igrexa estaba ardendo, e déronse cuenta de que seguramente fora un cigarro des seus. Había tamen un grupo de persoas e rapaces, que foran alí de excursión, e dixeronlles que alí dentro había aínda rapaces, así que Ponyboy entrou rapidamente, seguido por Jhonny. Sacaron para fóra os rapaces e saltaron eles, pero ó saír, Dallas doulle unha palmada na espalda a Ponyboy tan forte que perdeu o sentido, e o último que oíu foi un berro de Jhonny. Ó despertar dixéronlle que se salvara polo golpe da espalda de Dallas, que fora para apagar unha chama na súa espalda. Dixo tamén que Jhonny perdera a mobilidade da cintura para abaixo. Despois Ponyboy volveu para a casa e apertou a seus irmáns e foise durmir. Despois dixéronlle que habería unha gran pelexa entre socs e greasers. Cando foron visitar outra vez a Jhonny déronlle a noticia de que podería morrer. Chegou a noite da pelexa e pola metade desta Ponyboy levou dúas patadas na cabeza, e nese intre acabou a pelexa, por retirada dos socs. Cando chegou á casa, Ponyboy desmaiouse e botou 3 días durmindo. Volvéron o hospital e foron ver a Jhonny, pero este morreu na metade da conversación. Por ese motivo Dallas saleu correndo e maldecindo todo...


Se queres saber que fixo Dallas, ponte a ler o libro.




Este libro gustoume bastante doulle un 9/10

Barrotes dourados


Este libro é de Pascual Alapont e trata de un rapaz que ten 16 anos. O día de fin de curso os rapaces quixeron facer unha festa para celebralo pero a moxa de Alex non daba chegado. Entón Alex dixo que a foran buscar a casa e cando estaban chegando viron un montón de xente ó redor de algo e cando chegaron alí decatáronse que era Carolina. Que tivera un accidente de moto. Chámaron a ambulancia e dirixíronse para o hospital. Os rapaces tamén foran para o hospital ainda que non puideron ver a Carolina. Tiveron que quedar na sala de espera ata que algún médico lle dixera algo. De alí a un pouco chegaron os pais de Carolina aínda que eles casí non tiveron que esperar para poder vela
A miña opinion persoal é que o libro está moi ben e gustoume moito
A miña nota é un 8

Luna nueva

A autora deste libro chámase Stephenie Meyer.
Edward e Bella romperon a súa relación e Bella púxose moi triste. Como Charlie o pai de Bella ve que ela está moi triste pídelle que ande máis cos seus amigos de antes para animarse un pouco. Bella faille caso o seu pai e comeza a andar con Jacob, e como se sentía moi ben con el comezaron a ser case inseparables.
Cando ela facía algo arriscado oía a voz de Edward e iso facíalle cometer máis loucuras. Co diñero que tiña aforrado para ír a universidade comprou unhas motos.
Un día que ián no coche Jacob e máis Bella viron que había xente que facía salto de acantilado e entonces decidiron quedar un día para facerlo. Despois deso Jacob converteuse en home lobo.
O día que quedaran para facer salto de acantilado Jacob non apareceu porque estaba vixiando a tribu para que non apareceran os vampiros por alí, entonces Bella decidiu ir facer ela soa salto de acantilado. Tirouse pero como había unha marea moi revolta case afoga pero salvarona.
Alice a irmá de Edward veu nunha das súas visións que Bella morrera cando se tirara entón Edward decidiu ir ver os vampiros que o podian matar porque el non quería vivir mais sen Bella. Cando Alice ía ó suposto enterro de Bella douse conta de que non estaba morta e foron a buscar a Edward para que non morrera.
Agora se queres saber como acabou ó final deste libro só che queda lelo.
A min este libro encantoume e doulle un 10.

lunes, 25 de mayo de 2009

Investigación 091

Este libro titúlase Investigación 091.
O seu autor é Pepe Carballude.
Este libro trata dun rapaz que se chamaba Xavier e que estaba enfermo.
O médico díxolle que tiña que estar uns cantos días de repouso e facer análises de sangue cada semana.
Un día, cando estaba na cama, viu unha noticia dunha rapaza que fora asasinada por un axuste de contas relacionado coas drogas.
Xavier tiña dous amigos aos que quería moito, Ana e Rafa.
Rafa decidiu facerlle unha visita a Xavier. Cando estaba alí, Xavier empezoulle a preguntar por Ana. E Rafa díxolle que andaba tonteando cun rapaz que era marine, pero que iso era un amor pasaxeiro. Cando se decataron, xa era noite e Rafa decidiu marchar.
Esa mesma noite, Xavier oíu un ruído na rúa, arrimouse á ventá e viu un home discutindo con outro que estaba nun coche. O do coche agarrou ao outro pola manga da chaqueta e arrincou con el arrasto.
Ao día seguinte, soou o teléfono e Xavier colleuno pensando que era Rafa. Cando contestou, era o seu tío dicíndolle que lle ía ir facer unha visita.
De alí a unha hora, volveu soar, colleuno e oíu falar un home ameazando ao seu pai.
Cando chegou seu pai, díxollo e el contestoulle que non tiña moita importancia e que a próxima vez non llo dixera a ninguén.
A nai de Rafa dixo que esas ameazas xa llas fixeran había dous anos e que ao final non lle fixeran nada, pero que para todo había unha primeira vez.
Ao día seguinte foi un antigo amigo do pai de Xavier e preguntoulle se podía falar un momento con el para facerlle un trato. O pai de Xavier díxolle que si, pero que fose breve, que tiña présa.El comezou a dicirlle que tiña que facer un artigo sobre as drogas en Sureste. O pai de Xavier díxolle que non. Despois, oíndoo falar, empezaron a sospeitar que o das ameazas telefónicas era el e decidiron que o ían ir denunciar no cuartel.
De alí a uns días Xavier púxose a mirar pola ventá e viu un coche parado diante da casa. Esperou un pouco e escoitou soar o timbre da casa. Eran os seus amigos Rafa e Manuel.
Xavier preguntoulle a Manuel se tiña algo con Ana e el díxolle que non, que só eran amigos.
Pero Rafa interrumpiunos e díxolle que Ana estaba moi mal porque lle pegaran unha paliza moi grande e non sabían quen fora.
Manolo púxose a investigar o caso. E á fin sacou como conclusión que lle pegaran por unha carpeta que Ana atopara tirada e que levaba para a súa casa.
Manuel decidiu chamar a Garda Civil para que lle axudara a investigar o caso.
E se queres saber o final, lee o libro.

Nota:5

Eu, a este libro, doulle un 5 porque non me gustou moito.

A noite d´o Risón

O autor deste libro é Gonzalo Moure. Este libro trátase dun enxeñeiro que se chama Amador Velasco de Velasco. Balbino é un amigo seu. Hai dous amigos que queren ir a unha festa que se celebra no pueblo onde vive un dos rapacez. O seu amigo pídelle aos seu pais que lle deixe ir, os pais dínlle que non pode ir porque despois non ten onde durmir. Pero o rapaz dille que ía durmir na casa da tía do seu amigo. Despois de que os pais lle deíxan ir el está contento e chama ao seu amigo para dicirlle que os seu pais déixanlle ir á festa. El as sete da tarde marchou para casa do sue amigo para ir á festa. Cando chegou, o seu amigo xa o estaba esperando diante da casa. Despois empezaron a falar os dous e contándolle un a outro cousas. Á noite foron cear e despois foron para a festa. A mañá foron polo bar da tía do seu amigo. No bar estaba o mariñeiro máis outros dous homes que lle axudaban ao mariñeiro. O rapaz díxolle ao mariñeiro que se o podía levar ata casa. O mariñeiro díxolle que non o podía levar porque o río estaba crecido e ían afogar. Un pouco máis tarde embarcaronse o rubio, a súa moza, o rapaz e os tres mariñeiros. Cando estaban no barco o rapaz estaba mirando para a moza do rubio porque era moi fermosa. O chaval sempre cando andaba, a imaxe da moza do rubio aparecíalle diante da súa cara. Eles cando andaban no barco dicían que a costa estaba acercandose a eles.

Las pelirrojas traen mala suerte

O autor deste libro chámase Manuel L. Alonso.
Este libro trata dun rapaz que marcha da casa porque trae malas notas e seus pais berránlle moito.
Veu uns ocupas dunha fábrica e decidiu ir onda eles. Alí coñeceu a unha rapaza que se chamaba Elena, e el namorouse dela.
Os ocupas tivéronse que separar e o rapaz foise con Elena porque a quería. Cando xa se comezaron a coñecer mellor Elena contoulle que ela quería atopar o seu mozo e pediulle se lle podía axudar, e el non se negou a axudarlle.
Para atopar o mozo de Elena tiveron que andar moito e pasar moitas aventuras pero ó final atopárono, e o rapaz volveu para a súa casa.
Este libro non me gustou moito así que lle dou un 5.

jueves, 21 de mayo de 2009

Iberia



Disque a Península Ibérica ten forma de pel de touro. Disque en España hai unha dieta mediterránea. Disque nos gustan as corridas de touro, o fútbol, a sangría e a paella. Disque temos sol case todo o ano...

E ti que dis?

E se amais de opinar queres repasar connoscos a xeografía física e política podes empezar por esta actividade de repaso de Europa e España. Logo facer estes Mapas interactivos e mais este cuestionario sobre xeografía

viernes, 15 de mayo de 2009

Made in Galiza, made in Forcarei

O martes 19 estivo connosco Séchu Sende, de quen lemos varios relatos do seu libro Made in Galiza. Aquí deixamos unha tira cómica tirada a partir dun deles. Agardamos que vos guste.
Uf

viernes, 8 de mayo de 2009

Erros e Tánatos


Este libro esta escrito por Gonzalo Navaza, e ten varias historias.
A primeira historia trata dun galego que está en Suíza e coñece a un italiano, un Don Xoán. O galego ía facer unha viaxe en tren así que foi co italiano. Subeu unha muller fermosa que miraba moito para o galego. O italiano dicíalle que se lanzara a por ela, pero veu un portugués que se adiantou. O italiano, axudándolle ó galego díxolle ó portugués que a muller estaba tola e que se fora. O portugués fíxolle caso e deixouna alí plantada, oportunidade que aproveitou o italiano para irse con ela. Uns días despois apareceu no xornal que o italiano fora devorado polos cans da muller.
____________________________________________________________________
A segunda conta a historia dun rapaz que está nun camarote esperando o día dun concurso de castelos de area. Cando ese día chegou o rapaz fixo o castelo o mellor que puido. O seu castelo recibía admiracións e berros de ánimo. Cando os xuíces foron ver os castelos, foron todo admiracións. Manuel, o rapaz, estaba nervioso. Cando dixeron o nome do cuarto finalista, Manuel posicionouse entre 1º, 2º e 3º. Dixeron tamén o nome do terceiro e segundo. Manuel xa estaba co corazón saído. Dixeron o nome do primeiro... que tampouco era Manuel. O rapaz desilusionouse tanto que foi por un cinto para aforcarse. Pero buscando nos caixóns topou unha pistola. Foi ata onde estaban os xuíces, pero cando ía disparar a arma estaba sen munición. Despois dun anaco chorando, tranquilizouse e acordou que suicidarse non era a mellor solución así que se ía desfacer da pistola. Foi ata unha poza e alí tirouna pero acto seguido aparece un un xuíz, ó que Manuel enganou dicíndolle que lle caera unha pelota e tirouno ó pozo, afogándoo. Volveu ó camarote e foi comer. Chegaron os policías e sinalaron a Manuel. Este asustouse pensando que o cacharan, e foi desmoralizado xunto ós policias. Ó chegar ó lugar onde foron, empezou a chorar. Os policías preguntáronlle que por que choraba, se só lle ían devolver a pelota que perdera.
_____________________________________________________________________
A terceira é que máis me gustou. Trata dun brasileiro que, para estar san, empezou a pasear. Un día no bar entrou un home, dicíndolle que era un vello amigo do seu fillo. Ó principio no se fiou, pero ó final levouno á casa. Ó chegar a neta do brasileiro non se fiaba del, polo que lle dixo ó seu avó que lle dera o número de telefono e que o chamara alí mesmo. Iso fixo. Parecía unha conversación real ata que o brasileiro lle dixo que llo pasara. O amigo do fillo dixo que non llo podía pasar que se cortara. A neta non necesitou máis explicacions. Sacou un revólver e matouno. O brasileiro sorprendeuse. O telefono soou despois, era o fillo do brasileiro preguntando polo seu amigo.

____________________________________________________________________

A cuarta trata dun guía e do seu "guiado". O guía tiña que pasear a un escritor escocés pola zona na que vivía para que coñecera un pouco máis de Galiza mentras non comezaba unha convención de escritores na que se repartía un premio. A noite que chegou o escocés saíron de festa e topáronse cun vello amigo. Cando estaban borrachos o escocés dixo, de broma, que lles daría 5000 se acababan co seu principal rival para que levara el o premio, 2500 a cada un. O guía tomouno en serio e preocupouse. Máis tarde cando ían no coche o escocés quixo conducir, polo que tiveron un accidente, no que o guía rompeu o brazo e o coche levou un g0lpe. O escritor escocés díxolle que lle pagaría o arreglo. Foron para o hotel. Chegaron ó hotel. Ó día seguinte o escocés non saíu do hotel. Ó outro día celebrouse a convención e despois o escocés marchou. Á semana seguinte apareceu no xornal que o contrincante do escocés aparecera morto na bañeira. O guía mandoulle unha carta a ó escocés coa mensaxe "misión cumplida, il migliore intermediario". Ó mes seguinte recibeu un cheque de 2500 e o guía asombrouse. Máis tarde nun programa de radio o guía dixo que o escocés fora culpable da morte do outro escritor, polo que o agarraron e o fixeron calar. Na comisaría deronlle noticias do escocés, e explicáronlle que o cheque de 2500 era para o arreglo do coche.

___________________________________________________________________

A quinta é a dunha muller que estaba moi soa na casa, xa que o seu marido estaba de viaxe sempre, e namorouse dun empresario rico. Paulino Servoi. Era xove e guapo. Empezaron a quedar na casa da muller e a saír por aí. Pero un día citáronse e Paulino non foi a esa cita. Chegou o marido dunha viaxe e invitouna a unha cea con un amigo seu. Era un home baixo, calvo e gordo. Era o verdadeiro Paulino Servoi.

___________________________________________________________________

A sexta é dun rapaz e o home do saco. O rapaz vira o home do saco e asustouse tanto que un soño lle perturbaba a noite. O home do saco era un home que sinalara súa nai para amedrentalo. Un día de nevada que saíu a xogar cos demais rapaces no que chegara a hora da merenda. Cando acabou o rapaz volveu, pero os demais non o fixeron. Así que quedou só. Despois de tirarse 4 ou 5 veces co seu trineo veu outra vez o home que sinalara súa nai. Foi correndo e asustado cara á granxa que tiña un amigo do seu pai. Alí había unha escopeta que colleu o rapaz e coa que lle disparou o home. Cando o rapaz entrou pola porta da casa, feliz por matar o home do saco, veu a seu pai berrando que mataran ó pai de Pedriño de Lores. O rapaz estrañouse de que o pai de Pedriño de Lores fora o home do saco. Ó final descubriu que todo era un soño.

Hai outras historias neste libro que descubriredes cando o abrades e o leades.
A min encantaronme as primeiras historias, aínda que foron en descenso. Doulle un 9.