Mostrando entradas con la etiqueta Dani S. C.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dani S. C.. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de mayo de 2010

Los senderos del tigre

Este libro escribiuno Juan Madrid.

Trata dun rapaz que recibe un baúl dende Perú que era do seu avó. O rapaz vivía en Malaga só, porque seus pais morreran. Embarcouse con dous socios rumbo a América. Alí os seus socios abandonárono á súa sorte no Amazonas. Ao cabo duns días, apareceron dous colombianos que o rescataron coa condición de que fose o seu novo socio, pero tampouco lle foi ben porque o abandonaron. Uns indios da tribo dos huni kui capturárono e fixérono prisioneiro facendo traballos de campo. O protagonista deste libro cansouse de ser prisioneiro e falou co Gran Xefe para que aquel ano o deixase ser guerreiro. O Gran Xefe aceptou e falou cos seus guerreiros para que o entrenasen. Un día apareceu outra tribo, a dos omagua, que viñan casar coas rapazas máis novas da tribo dos huni kui. O Gran Xefe non aceptou iso e as dúas tribos enleáronse nunha gran batalla que gañaron os huni kui, grazas a que Luís colleu o rifle que tiña o Gran Xefe nun baúl. O noso protagonista, ao ver que matara moitos homes e que a súa tribo quedara con pouca xente, escapou pola selva ata chegar a Manaos. Alí botou oito anos ata que atopou un traballo de capitán de cartografía. Este tiña o labor de levar ferramenta e utensilios aos indios. Ao cabo dun tempo tocoulle levar ferramenta á que fora a súa tribo. E sabedes que pasou?Se o queredes saber, tendes que ler o libro.

A miña nota é un 9


jueves, 10 de diciembre de 2009

Ollos de auga

Este libro esta escrito por Domingo Villar.
Trata de dous inspectores, Leo Caldas e Rafael Estévez, que investigan un asasinato na torre da illa de Toralla. A vítima era un saxofonista. A morte deste home foi por causa dunha substancia chamada formol, que lle inxectaron na parte inferior do abdome e mais no membro reprodutor. Este tipo de morte dálle moito que pensar a Leo Caldas, que se pon a investigar nos hospitais. Leo e mais o seu axudante falan cun forense que lles indica de onde obten el o produto. Ao saír do hospital, diríxense rapidamente á fábrica que lles dixo este. Os nosos protagonistas quedaron abraiados cando lle viron o nome de "Laboratorios Riofarma". Logo visitaron dous laboratorios máis, ata chegar ao de Dimas Zuriaga. Alí falaron coa secretaria, que lles dixo que estaba de viaxe. Logo de algunhas pescudas na casa deste deduciron pola chantaxe que estaba a sufrir Dimas por andar co saxofonista que os asasinos eran a muller de Dimas e mais o seu amante Freire. Queríanse quedar coa fortuna deste, pero saíulles mal o plan e acabaron no cárcere.
A miña nota para este libro é 8.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Os dous de sempre

Este libro esta escrito por Alfonso R. Castelao.
Este libro trata de dous rapaces, Pedriño e Rañolas, que se coñecen no colexio. O Pedriño era un larpeiro e o Rañolas un eivado físico. Un día Rañolas decide marchar da cidade polo mundo adiante para facerse un home, e Pedriño a causa de súa tía empeza a estudar para crego, logo como non valía meteuse de axudante de secretario no concello e aos dous días botárono fóra. Ao cabo dun tempo ao Rañolas regaláronlle un burro. Este atopouse cun afiador ourensán e puxéronse de camiño aos Pirineos. Pasaron a fronteira polo medio dunha alambrada, pola que o burro non podía pasar. Cando estaban no estranxeiro o burro apareceu de súpeto todo mancado, andou unhas cantas leguas e morreu. Rañolas e mais o afiador chegaron a París, alí separáronse e cada un foi polo seu lado. Ao final Pedro casou, e por causa da xente burlarse del, un día levantouse da cama pola mañá e intentou matar a sogra. Esta non morreu, e dende aquela Pedro foi respectado en todo o pobo. En cambio Rañolas que o tiña todo, traballo, cartos, etc. un día á noitiña meteuse dinamita na boca prendeu a mecha e matouse.
Este libro gustoume e por iso a miña nota e un 9.

jueves, 1 de octubre de 2009

Crime en Compostela


O seu autor é Carlos G. Reigosa.
O libro trata dun home que ven de Estados Unidos porque un compañeiro o chamou. Un día cando foi de festa tivo unha liorta cun home americano. Logo disto foi ata outro Pub onde traballaba Cristina. Ao cabo duns días volveu ao Pub onde tivera a liorta, topouse co americano e este díxolle se quería formar parte dunha axencia de detectives. Ao cabo dun tempo houbo un asasinato en Santiago preto das Casas Reais na zona monumental. O seu amigo contoulle a historia de toda a xente que veu de fora para facerse rica. Díxolle que o home asasinado fixera unha cooperativa con outro home e que logo por culpa dalgún problema separáronse. Nivardo acordouse de Teresa,a muller de Terencio, chamouna e preguntoulle se podía quedar con ela no bar de "A Ferradura". Despois de quedar con ela, este xa tiña ben claro quen era o asasino. Nivardo contoulle unha historia diferente a que ela sabía. Contoulle que Terencio o seu home non ía xogar a partida os luns senon que ía o club onde tamén ía Aurelio. Tamén lle contou que Aurelio andaba cunha prostituta portuguesa e que Silvio (outro portugués)lle sacou unhas fotos. Este home quería facerlle chantaxe, e como non o conseguiu matouno. O final saíulle mal a súa forma de facerse rico en dous días e por culpa diso os dous irmáns portugueses Silvio e Joaquín Gomes foron detidos por cometer o asasinato de Aurelio.
Este libro gustoume e por eso a miña nota é un 9.

viernes, 19 de junio de 2009

O meu agasollo para ....


O meu amigo invisible é unha persoa boa, alegre e de fácil amizade con el, xa que, sabe algo de case todo pero do que máis é de tecnoloxías porque el é un fanático destas e dos videoxogos. O agasallo que para min é perfecto para el é, unha viaxe as industrias máis importates de ordenadores e consolas. Para que por un día se poida sentir como un dos creadores destas empresas.

viernes, 29 de mayo de 2009

A chamada da selva



Este é outro dos libros que lin o seu autor é Jack London.

Trata dun can, Buck, que foi raptado polo xardineiro e vendido a uns comerciantes que o levaron para Alaska. Alí estivo uns cantos anos, tirando dun trineo que era o do correo. Empezou como un can que non sabía nada, ata que un día matou o líder dos cans, Spizt, e el converteuse no líder. Debido a todos os encargos os cans estaban moi cansos e Perrault tomou a decision de vendelos. Foi vendido a uns homes que non tiñan nin idea de estar na neve. Un día que estaban a pasar por Thirty Mile, cando había o desxeo, Buck non quería cruzar e Hall, o actual dono, empezoulle a pegar. Este acto fixo que Jhon Thorton fora na axuda de Buck. Despois de darlle unha labazada a Hall desatouno. Estes continuaron sen Buck, pero a cen metros o chan desplomouse e morreron todos. Jhon curoulle as feridas a Buck, e este non daba pancada en todo o día. O día que chegaron os amigos de Jhon, baixaron á aldea. Alí toparon cun home moi fanfarrón que lle apostou mil oitocentas libras a Jhon a que Buck non daba movido mil libras. Este aceptou e Buck gañou, con eses cartos compraron uns cantos cans para ir ó norte a buscar a cabana dun home moi rico. Pasou o tempo e non deron con ela, ata que Jhon un día meteuse nunha cova e o atopou. Dende alí baixaron ata un val onde atoparon todo o ouro. Botaron alí moitos meses, mentres eles traballaban Buck metíase nunha fraga onde o seu ser primitivo se facía cada vez máis feroz. Alí matou un oso e fíxose amigo dun lobo o que non o viu máis. Cando estaba no campamento oía a chamada de algo que aínda non descubrira porque non quixo acomnpañar o seu amigo lobo. Un día unha tribo acercouse ata o val e matou a Jhon e os seus amigos, o instinto de Buck saíu e empezou a matar os homes que atacaran o seu amo. Logo disto sentíu outra vez a chamada, seguiuna e topouse co seu amigo o lobo que o guiou ata a manada de lobos onde se fixo o líder.

A miña nota para este libro é un 9.




viernes, 8 de mayo de 2009

A pomba e o degolado

Este é outro libro que estou a ler neste curso o seu autor é Fina Casalderrey.
Trata dun rapaz de doce anos ao que lle gustan os paxaros. Seus pais separáranse por mor de que o pai leouse cunha muller na discoteca na que traballa. A partir de aí a súa vida cambiou. Súa nai encerrouse no traballo e non lle facía caso ningún, súa irmá dende que marchou seu pai púxose coma se estivese autista e este escapaba para a casa dos avós onde disfrutaba collendo paxaros. Un día foi co seu amigo ata o cemiterio e viron un niño dun paxaro degolado. Eles como os veu o cura arramplaron polo medio das veigas.
Á noitiña foi co seu avó e colleron o paxaro. Levárono para a casa, déronlle de comer e lavárono. Cando o paxaro xa era grande o rapaz levouno para a casa, ese mesmo día sen darse conta quedouse durmido vendo a tele e aplastouno. Discutiu coa súa nai e marchou para a casa de seu pai en Pontevedra. Ao día seguinte o pai presentoulle a súa nova muller e máis a súa filla. Este como non estaba a gusto marchou de novo para a súa casa. Ao cabo duns días coincideu con eles na casa do avó, a que era súa irmá política ensinoulle unha caixiña que contiña porros, ect... Andrés cando viu iso dixo que renegaba de seu pai. De aí a dous días o avó foi para o hospital. Cando estivo algo mellor foi para a casa, pero non durou moito porque aos tres días de estar na casa morreu.
Andrés cambiou moito, agora xa non escapaba dos matóns da clase senón que lle plantaba cara. Un día levou unha cría de paxaro á clase e cando se deu conta esta estaba a dar brincos pola clase. Halima, unha rapaza da clase, colleu o paxaro e dixo que era dela. Andrés, deulle as grazas a Halima por tentalo encubrir, pero este dixo que non facía falla. Andrés saeu da cuncha e cantoulle as corenta aos matóns da clase. Cando chegou á casa, conectouse a internet para falar coa pomba. Andrés díxolle que era mellor que seguisen como ata agora, porque a el gustáballe Halima. Logo disto volveu discutir con seu pai, desta vez en serio, que non o volveu molestar máis.
O día que foi polas notas, falou con Halima para quedar na casa dos avós del. Ela aceptou. Logo de coller as notas e comer foi para onda os paxaros a esperar por ela. Cando chegou, Andrés soltou os paxaros. Este preguntoulle se ela era a pomba, ela díxolle que si. Logo disto puxéronse a contemplar os paxaros deitados no chan agarrados das mans.
A miña nota para este libro é un 9.


miércoles, 11 de marzo de 2009

Flanagan Blues Band

Este é o terceiro libro que leo este curso, o seu autor é Andreu Martín.

Trata dun rapaz que quere ser detective, e o seu amigo Charcheneger preséntalle nun bar a un detective de verdade. Este estaba moi emocionado porque coñecía un de verdade. Flanagan ía marchar para resolver un caso cando o detective Laoz insistiu en acompañalo. Non deron resolto o caso porque caeron na lama e tiveron que ir á casa para cambiarse. A este non lle importou porque coñecía a un detective de verdade. Pola noite aí sobre a unha Laoz entrou na casa de Flanagan ás agachadas para dicirlle se lle podía ir polo coche onda a igrexa. Flanagan aceptou e cando chegou á igrexa viu unha chea de xente amoreada e dous coches da policía. A Flanagan non lle importou moito porque el sabía que Laoz era inocente. Entrou no coche, meteu primeira e saíu coma un lóstrego chocando con todo. Devolveulle o coche e meteuse outra vez na cama. Este sentiu sirenas a soar e deuse conta de que pillaran a Laoz. Ao día seguinte, este foi á igrexa disfrazado de boy-scout. Entrou na igrexa preguntando por unha pelota que lle confiscara o párroco. Flanagan foille preguntando á muller cousas do seu interese. Este colleu unha pelota calquera e marchou.

Como xa sabía algunhas cousas e o asilo lle quedaba de camiño foi ata este. Alí preguntou pola criada da vella dos "Garreta" a señora Teresa. Flanagan fíxolle algunhas preguntas para averiguar algo máis. Despois de falar con ela marchou. Ao día seguinte Flanagan foi co Charche ao piso de Laoz, alí púxose a buscar. Mirou no contestador e colleu a casete que había dentro.

Cando ía marchar, escoitou que viña unha persoa e agochouse por fora da ventá. Ao marchar atopouse con Blanca, que lle dixo toda a información que quería. Chegou un seiscentos, era Martina a filla da vella "Carracha". Puxéronse a falar, Flanagan dixo que tiña que facer un caso importante. Esta acompañouno, logo de sacarlle a foto ao Pingüín Fedorento foron ata unha casa para que Flanagan se cambiase. Martina colleulle a roupa e díxolle que non lla devolvía senón lle dicía onde estaban as xoias. Flanagan meteuse no seiscentos espido e díxolle a Martina que foran onda un ex-policía para contarllo todo. Foron onda o ex-policía e comentoulle todo, logo disto Martina devolveulle a roupa e o ex-policía marchou.

Flanagan tamén ía marchar cando Martina lle dixo que esperara. Esta sacou do bolsillo o carrete de fotos na que estaba o Pingüín Fedorento. Logo foi para a casa e chamou a Blanca para que convencera a Vanesa, e fora onda o Pingüín Fedorento. Esta aceptou e foi. Foron ata o bar onde acostumaba estar el. Alí Vanesa fíxolle chantaxe coa foto que lle tirara Flanagan para gañar os planos do Centro Comercial ICS. Logo disto, Flanagan e Blanca foron ata o Centro Comercial para ir estudando como ían facer. Flanagan tivo a idea de dar eles un concerto. Aí é onde da comezo a "Flanagan Blues Band". Flanagan chamou os serial Killers para dicirlle que se retrasaba o concerto para estes actuar. Logo ao día seguinte, estes empezaron a actuar as nove e media. Como estaba previsto as once, houbo un apagón. Todo o mundo empezou a tortas mentres Flanagan e Martina foron coller as xoias.

Ao día seguinte, estes sacaron a Oriol Laoz do cárcere e foron trocar as xoias por diñeiro en metálico. Logo de facer isto entregáronllelo aos Sellarés. Como viron que estaba todo arranxado foron ata o hospital a visitar o Charche, se queredes saber como remata tédelo que ler.

A miña nota para este libro é un 7.


miércoles, 18 de febrero de 2009

Chaveiro de Dani

Este obxeto é o meu amuleto porque a todos os lados que vou sempre me acompaña.
Está feito de metal de cor gris.O seu tamaño é pequeno. Ten a forma dunha lágrima, nel distínguense tres partes: un aro onde se pon a chave e unha pequena cadea que agarra a parte máis importante do chaveiro, a parte de metal co escudo gravado.
Serve para xuntar e para non perder as chaves, aínda que hai moita xente que as perde igual. Nel diferéncianse tres cores: azul, granate e branca.
O seu valor para min é moi grande xa que ten gravado o escudo do meu equipo favorito. O seu prezo non o sei porque mo regalaron. A chave que se ve é a da miña casa. Sen ela non vou a ningún lado porque senón despois non podo entrar.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Veleno tinto


Este é o segundo libro que leo este ano. O seu autor é Ramón Carredano Cobas.
O libro fala dun freire que en inverno ten que ir a Noia porque ten que estar presente cando apareza o bispo Berengel. Cando ía polo camiño unha carabana de soldados e cabaleiros pararon e levárono ata Noia. Dentro da carruaxe ía Pedro Ordoñez vasalo de Rui Soga de Lobeira, a sua filla e a súa muller. Cando chegaron, viron que Noia non era como pensaban. Despois de ir ver o prometido da filla nas carreiras de cabalos foron ata a casa donde se ían hospedar. Deixaron as maletas e baixaron ao comedor para cear. Ao acabar de cear Don Pedro esmaiouse e o Frei Samuel foi ata a súa maleta, colleu unhas herbas fixo unha infusión e deulla. Logo levárono ata a cama onde empezou a poñerse mellor. Estaban todos alí menos Don Crispín que chegou despois rindo. Este xesto fixo que o Frei Samuel empezase a desconfiar e se puxera a pescudar. Empezou por falar coa cociñeira, que lle dixo que él estivo na cociña facendo unhas mesturas que segundo el son para matar ratas. Esta tamén lle dixo que estivo outro rapaz pero que solo veu por unha pouca graxa para a ferida do cabalo. Ao saber isto o frei tibo que abandoar a cociña para ir darlle outra dose a Don Pedro. Cando chegou a habitacion deste, xa se quería erguer porque se atopaba mellor. O frei non o deixou, porque ainda non respiraba ben de todo. Este avisou a un rapaz para que cando viñera o bispo o avisase. O chegar a noitiña o bispo apareceu e todos baixaron o salon para cear. Cando estaban ceando, un dos criados acercouse o frei Berenguel e díxolle unha cousa ao oído. Este enseguida se levantou e marchou co criado. Ao cabo dun anaco, o criado apareceu no comedor. Este foi onde o Frei Samuel e díxolle que fose con el onda o Frei Berenguel. Cando chegou á habitación veu que un dos criados estaba morto por mor de beber viño envelenado. Estes e máis o criado colleron o corpo e foron por unha especie de camiño subterráneo. Ao chegar a fóra enterraron o cadáver. Cando volveron para a casa, Bartolomeu díxolle ao Frei Samuel que podía investigar algo sobre Don Crispín se emborrachaba o xefe dos criados da casa dos Da Costa. Ao día seguinte este foi á taberna e emborrachouse co xefe dos criados. Estes falaron ata que o Frei Samuel se deu conta de que xa sabía bastante. Foi para a casa, subeu ao cuarto do Frei Berenguel e comentoullo todo. O Frei Samuel baixou ás cortes e esperou polo mozo de Sabela, cando chegou este a causa do frade declarou que el era o asasino.

Queredes saber o que fixo Sabela?

Pois non volo conto, teredes que ler o libro.
Nota:7

miércoles, 8 de octubre de 2008

A casa da luz



Este é o primeiro libro que lin. O autor deste é Xabier P. Docampo. Este libro trata dunha rapaza moi traste que quere descubrir as cousas por si soa. Ten catro amigos (Álvaro, Alba, Aida e Anxo) cos que está a facer unha cabana detrás da igrexa. Un día cando a estaban a construír apareceu "Pumariño". É un home duns setenta anos que non fala e só se comunica por debuxos, que lles axudou aos rapaces a construír a cabana. Ao día seguinte houbo un roubo dun santo en Eiravella. Todo o mundo lle botaba as culpas ao Pumariño e por iso foron tras del escorrentándoo do lugar.
Ao cabo duns días os rapaces cando estaban na cabana déronse conta de que o Pumariño non aparecera polo lugar nuns cantos días. Ao día seguinte os rapaces xuntáronse todos e decidiron ir á casa deste. Cando chegaron á súa casa berraron desde a cancela, pero el non aparecía, entraron ata a porta e alí petaron. El saíu, e cando os viu invitounos a pasar. Os rapaces cando entraron quedaron moi abraiados por todo o que topara este home escaravellando nos valados. Antes de que marchasen os rapaces el saíu fóra, levantou unha pedra e sacou o santo que estaba desaparecido. Dous días despois pola tarde volveron ata a casa do home. Este cando os viu saiu da casa e díxolle que o seguiran. Todos foron tras del por un camiño estreito ata chegar a unha casa de dúas plantas moi bonita. O Pumariño sacou unha gran chave do peto para abrila. Alí dentro el ensinoulle a casa, ata chegar a un cuarto grande onde había moitos cadros.
Alí o Pumariño deulle a volta aos cadros e coa mesma entrou nun deles. Os rapaces puxéronse nerviosos porque non sabían onde ía. Ao cabo dun pouco o Pumariño apareceu do cadro rindo. El díxolle a Alicia que se metera nun cadro, e ela meteuse nun cadro dunha mazá. Cando estaba dentro ollou para a mazá e deulle un bocado pola parte verde. Ao saír ela explicou o que pasaba dentro dos cadros.
Como viron que Alicia saíu do cadro ben, Álvaro meteuse noutro dunha fraga. Alí el subeu ata o alto dunha montaña. Cando mirou o reloxo deuse conta de que xa era tarde e saíu do cadro. Cando estaba fóra todos lle peguntaron que tal lle fora no cadro. Anxo como tamén quería entrar nun levantouse e foi ata unha esquina onde había moitos cadros. Alí escolleu un cadro dun rapaz xogando a un videoxogo. Cando entrou viu que dous homes coas pernas tortas e con espadas o perseguían. Subiu ata unha terraza que non tiña saída. Os homes achegáronse a el. cando estaban preto, Anxo agachouse e un dos homes bateulle o outro na cabeza. O rapaz escapou, viu unha porta e entrou. Alí dentro había un can moi fero que se botaba a el. Cando quixo saír da habitación atopouse con que a porta estaba pechada. Mirou para unha pata do can e viu que estaba alí a chave para abrir a porta. Mirou nun curruncho un pao, e con este arreoulle na ao cabeza o can. Colleu a chave e saíu do cadro. Fóra estaban os seus amigos para marchar. Os rapaces dixéronlle ao Pumariño que ían volver ao día seguinte. Ao outro día chegaron a casa del, comezaron a camiñar todos xuntos, pero esta vez foron por outro camiño que foi dar por detrás da casa. Cando entraron estes só viron un cadro grande pegado á parede. Entraron nel todos xuntos. Alí viron unha chea de columnas que ían dar á ladeira da montaña. Alí viron unha aldea que era coma na realidade. Había persoas. Cando se deron conta viron dous gardas de seguridade que lle preguntaron os seus datos persoais. Estes foron listos e déronllos falsos. Os gardas dixéronlle que debían respectar unhas normas que lle comentaron. Os gardas leváronos á cidade. Alí todos os amigos visitaron os monumentos que tiñan. Ao acabar achegáronse a unha taberna onde había tres rapaces. Alicia aínda que non podía púxose a falar con eles. Ao acabar de falar o pai chamou polos rapaces.
O Pumariño escoitou unha voz que chamaba por el. Entraron todos dentro da taberna. Alí viron a un home de longas barbas que o coñecía. Por sorpresa era o Señor Duarte, o autor de todos os cadros. Puxéronse a falar da torre, os rapaces miraron cara ela e nun descoido viron unha cousa que brillaba. O Pumariño tamén o viu. Era o pucheiro que tanto buscaba. Todo o mundo miraba como o Pumariño escaravellaba na parede da torre. Este acto atraeu os gardas que arrestaron a todos os rapaces menos a Alicia que se escondeu. Os gardas leváronos á torre. Alí meteron os rapaces nunha cela e o pintor noutra. Cando marcharon os gardas apareceu Alicia para sacalos de alí. Cando todos estaban fóra das celas, Alicia dixo que tiñan que buscar o Pumariño. Estes entraron nunha porta que ía dar a unha chea de escaleiras. Os nosos amigos dividíronse e cando se deron conta viron que Álvaro e Aida baixaban a todo dar con dous gardas detrás. Cando se desfixeron dos gardas foron ata onde o pintor, para que lle dixera por onde subira o Pumariño. Alicia subiu e entrou nunha porta que daba a unha sala cunha mesa no medio rodeada de cadeiras. Nesta sala había unhas portas que foi abrindo. Na primeira apareceulle un garda, na segunda aparecéronlle dous gardas, a terceira xa non a abreu porque tiña medo de que lle apareceran máis gardas, a cuarta abreuna despacio e con coidado pero nesa porta non había nada.
Despois todo o mundo saíu fóra da torre e cando estaban alí chamaron o Pumariño. Este saíu de onde estaba agochado. O pintor díxolle unha cousa e o Pumariño arreoulle na cabeza co pucheiro fecendo saltar todas as moedas polos aires.
Ata aquí vos podo contar, se queredes saber o que posou ao final terédelo que ler. Eu recoméndovolo.
A miña nota é un 6.

Deixámosvos con imaxes da rodaxe da película