viernes, 10 de diciembre de 2010

O home que plantaba árbores


Publicado pola Editorial Galaxia da autoría de Jean Giono.

O libro fala dun pastor que converte un territorio ermo nun bosque grazas a que cada día vai plantando sementes, dun xeito totalmente anónimo e sen ánimo de lucro.
O bosque foi declarado patrimonio da humanidade.


NOTA: 1

Tonecho de Rebordechao


Autor: Breogán Riveiro, editado pola editorial Galaxia


A historia trata dun neno chamado Tonecho que naceu na cidade pero mudouse para a aldea cos seus avós. A aldea está na provincia de Ourense. Os seus avós teñen animais e a vila está rodeada de montes. Os nomes dos avós son Manolo é Hermosinda e teñen un can chamado Langeón. Vive as súas propias aventuras.

O libró é divertido e ameno.



NOTA:

A casiña azul


Editorial: Galaxia. Autora: Sandra Comino.


Este libro trata dunha rapaza que a maltrata o seu pai e é abandoada pola súa nai. Pero ela atopa consolo nos libros que le. .As únicas persoas que a queren son o seu amigo Bruno e a súa avoa materna.



NOTA: 8

miércoles, 8 de diciembre de 2010

A expedición do Pacífico


Este libro da editorial Xerais é de Marilar Aleixandre.


Trata dunha expedición de zoólogos que van nun barco, onde se agocha unha moza porque tamén quere formar parte desa expedición, e coa axuda do seu irmán disfrázase de home. Pasan moitas aventuras por moitos países, ata que ao final Emilia decide facer saber a súa verdadeira identidade.


NOTA: 5,25

lunes, 6 de diciembre de 2010

O capitán Zochusman

Este libro publicado por Sotelo Blanco foi escrito por Luis Seixido.

Toñín é un rapaz de seis anos cunha gran capacidade de imaxinación, aínda que é bastante fácil de enganar, sobre todo polo seu compañeiro Manuel. Como quere ser un superherore é un neno moi aplicado nas clases. Inventa o seu propio traxe e un nome e consegue vingarse e crerse un auténtico heroe.


NOTA: 5

domingo, 21 de noviembre de 2010

A voz do lago

Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Este libro, que vai sobre sereas, cóntao Irene, unha nena que vivía cerca do pazo de Goiáns, cando chega á súa vila María Mariño xa que os seus tíos ían herdar o pazo.
Todo empeza no colexio cando lle contan unha historia sobre os Mariño que logo Irena contará a María; esta respóndelle que no pazo había un libro que cada vez que se poñía a lelo escoitaba unhas voces laiándose e xa non podía seguir lendo.
MAría invita a Irene ao pazo para que lle axude a desvelar o misterio, e así o farán.


NOTA: 8

VANESA tamén lle dá a este libro un 8.

sábado, 20 de noviembre de 2010

A voz do lago


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Esta bonita historia ten dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa que o pazo vai ser herdado pola familia desta última. Esta María non é unha moza calquera, senón que estamos a falar de María Mariño, a nosa poeta, durante a súa estancia na zona.
O libro está cheo de intrigas e lendas que se resolverán cara ao final grazas á valentía destas dúas nenas. Saberemos do poder das sereas e do amor dos humanos que todo ou nada o pode.

NOTA: 9

lunes, 15 de noviembre de 2010

A expedición do Pacífico


Este libro da editorial Xerais escribiuno Marilar Aleixandre.

Emilia é unha moza galega de trece anos a quen lle gustaría estudar Zooloxía, pero no século no que vive (XIX) as mulleres non poden ir á Universidade.
Un dos seus irmáns vai participar nunha expedición científica con varios especialistas en diversas ramas da Historia Natural. Ela agóchase para poder ir. Cando a descobren, xa é imposible a volta á casa, así que disfrázase de home para poder seguir a viaxe con normalidade. A expedición resulta chea de experiencias fantásticas e de desgustos, así como de inicio ao amor. Problemas económicos, de saúde... de todo hai nas súas páxinas.

NOTA: 2,5

MARTÍN dálle a este libro un 2

viernes, 12 de noviembre de 2010

A abella abesullona


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Manuel Janeiro.

Nunha colmea de abellas non daban conseguido suficiente mel, por iso as abellas tiñan que desprazarse moitas veces e por riba non conseguían flores suficientes. A raíña da colmea xa non sabía como facer, e a Abella Abesullona decidiu encargarse de buscar flores e marchou na súa procura. Buscou e buscou, pero non daba atopado. Polo camiño, fíxose amiga doutra abella, pero tiña que seguir buscando. Un saltón díxolle onde atopar flores e foi avisar á raíña da colmea, pero ela decidiu ir onda a súa amiga solitaria.


NOTA: 4

jueves, 11 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Rapazas novas que son obxecto de amoríos por parte de tres vellos que ao final se reúnen para cavilar na inconveniencia de amar de vello. Está dividido en tres lances e un epílogo.



NOTA: 5


VANESA a este libro dálle un 6

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Dividido en tres lances e un epílogo, o libro conta como de malo pode chegar a ser para un vello namorarse dunha moza e as consecuencias que tales amoríos carrexan. Ningún dos tres lances difiren no contido, coa presenza continua da morte, que lle dá á obra un carácter diferente de realismo.
O epílogo é unha especie de conclusión.


NOTA: 8,5

MARTÍN dálle a este libro un 7

jueves, 4 de noviembre de 2010

El secreto del ordenador


Este libro da editorial Casals foi escrito por María Aymerich.

Dous irmáns van para Girona á casa dos seus avós xa que seus pais tiñan que ir a un congreso. Poucos días despois de chegaren reciben un ordenador. Cando ían xogar con el, apareceronselles unhas palabras que daban a entender que había alguén en perigo, polo que comezaron a investigar de que se trataba; estas leváronos ata Portbou, a onde se dirixiron. Unha vez alí subiron ata a montaña, onde atoparon un home ferido que agardaba por unhas xoias roubadas...
E non conto máis para que sexades vós os que leades o libro e resolvades o final.


NOTA: 5

miércoles, 3 de noviembre de 2010

O último traballo do Señor Luna


O autor deste libro editado por Edebé é César Mallorquí.

Este libro trata dun asasino, o señor Luna, contratado polo señor Aurelio e o seu fillo para matar a unha muller, a señora Flor, serventa en Madrid na casa dun neno superdotado -e discriminado- chamado Paulo.

O libro está ben, a historia é moi boa e moi interesante. Un libro que ademais ensina a discriminación dos superdotados, e que fala da espantosa vida dos narcotraficantes.


NOTA: 8

martes, 2 de noviembre de 2010

Mimos e máis mimos


O autor deste libro publicado por Galaxia é Pepe Carballude.

Este libro trata dunha rapaza chamada Olalla que é filla única e ten moitos mimos, conséntenlle todo. A súa nai está embarazada e ten outra nena, Andrea.
Olalla é moi ciumenta porque lle fan máis caso á súa irmá. Os mimos póñenlle trampas e aprende a non caer nelas.

NOTA: 3

lunes, 1 de noviembre de 2010

La creación de Hugo Cabret

O autor deste libro publicado por SM é Brian Selznick.


O libro trata dun neno orfo que vive nos sumidoiros dunha estación de tren e arranxa os reloxos da estación. O único recordo que lle queda de seu pai é un moneco de engranaxes que ten que arranxar pero non dá. Sabe que nun recuncho da estación hai un xogueteiro a quen lle rouba as pezas que lle cómpren, pero este píllao e dille que lle queimou as súas posesións: o moneco e un diario. Pero Hugo é amigo da sobriña do xogueteiro e esta cóntalle a verdade: non lle queimaron nada.
Tempo despois, na casa dos padriños de Isabelle, descubriron moitos debuxos semellantes ao seu moneco asinados por Georges Melier, e o rapaz sabe que os viu nunha película. E comprende a verdade que estaba agochada aos seus ollos ata entón...


NOTA: 10

sábado, 30 de octubre de 2010

Cando petan na porta pola noite


O autor deste libro publicado pola editorial Xerais é Xabier P. Docampo.

O libro ten tres historias diferentes, o cal fai que me guste máis pola súa oferta variada. Sempre cabe a posibilidade de que se un relato non che gusta, que che gusten os outros. Pero neste caso gustáronme os tres, porque son fantásticos e por como están escritos, sobre todo o primeiro, por iso de ter un dobre e ter que pagar as consecuencias.


NOTA: 7

jueves, 28 de octubre de 2010

A verdadeira historia do burro Feldespato


O autor deste libro publicado por Galaxia é Xerardo Quintiá.

Este libro trata dun burro chamado Feldespato que se perdeu polo mundo e chegou a un barrio chamado Setelúas, onde coñeceu unha bruxa chamada Marica Pendella, quen o acolleu na súa casa. A bruxa durmía cen anos seguidos debido a un conxuro mal establecido. Mentres ela durmía o burro aprendeu a ler, a escribir e a falar, ata de que tanto pensar decatouse de que namorara de Marica. Como era un burro listo non tiña amigos, polo que decidiu ir percorrer mundo. Á volta escribiulle un poema á súa amada.
E ata que lla puido recitar non parou.


NOTA: 6

domingo, 24 de octubre de 2010

O Principiño


O autor deste libro é Antoine de Saint-Exupéry.

Era un neno ao que lle gustaba debuxar, pero os maiores prohibíronllo. De maior fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría no Sáhara, pero non lle quedaba auga máis que para 8 días. Ao espertar sorprendeuse ao ver un rapaciño diante del, xa que estaba a moita distancia de calquera lugar habitado. O neno, o principiño, pedíalle debuxos que el non sabía facer nun principio e foino coñecendo mellor.



NOTA: 7

jueves, 21 de octubre de 2010

A casiña azul



Este libro é de Sandra Camino.

O libro conta a historia dunha rapaza que é abandoada pola súa nai e maltratada polo seu pai; a única persoa que a quere é a súa avoa materna.
O libro gustoume moito, porque ten moito sentimento. Ademais, gustáronme moito as historias de amor, e non só porque poidan ter ou non un final feliz senón polas sensacións que transmite.



NOTA: 8

miércoles, 20 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Unha nena chamada Matilda é superdotada, aínda que ten un familia superanomal que non só non lle fai caso senón que non a quere nin a coida nin a mima como se debe amar un fillo. Buscándose a vida soa, aprende a ler a vai á biblioteca, de xeito que cando comeza o colexio ten lidos máis libros que a propia profesora, que vén sendo unha moza encantadora que deseguida apreciará a súa intelixencia en contra da malvada directora, de quen conseguirán vingarse como é debido.

Ao rematar de ler o libro vimos o filme: este é moi gracioso pero un pouco esaxerado. Paseino mellor lendo o libro.

NOTA: 7

VANESA a este libro dálle un 9,75.


martes, 19 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Matilda é unha nena de oito anos, superdotada, que é tratada mal pola súa propia familia. Aprende a ler soa, mirando os xornais do pai. Logo vai todas as tardes á biblioteca a ler, e devora absolutamente todos os libros que lle poñan diante.
O pai de Matilda dedícase a vender coches estafando á xente. A Matilda non lle gusta esta actitude e víngase do pai, polos malos tratos e por mala persoa, de diferentes xeitos.
Cando Matilda comeza o colexio, a súa profesora percátase de que a rapaza é extraordinaria. Fala coa directora para cambiala para un curso superior, pero esta resulta ser unha bruxa mala que só pensa mal dos nenos e nenas do colexio.
A nena e a profesora fanse moi amigas e pasan tardes xuntas; así Matilda descobre a verdadeira vida da profesora e da directora e decide intervir.
E xa non vos conto máis.
Matilda é un libro moi divertido que nos fai rir e cavilar en que ser superdotado tampouco é unha opción moi boa. Gustoume moito o final. Se a comparo coa película, terei que engadir que me gustou máis o libro, a película é un pouco fantástica de máis.


NOTA: 7

sábado, 16 de octubre de 2010

Olga e o dinosauro

O autor deste libro publicado pola editorial Galaxia é Breogán Riveiro.


Trata dunha nena que se chama Olga a quen un día lle sae un dinosaurio sabichón que fala. Este díxolle que se non sabía por onde se saía e ela contestoulle que nunca vira a ninguén saír de alí, do seu armario. Como non deron con ningunha porta, acabaron tendo fame. Logo saíron á rúa e chegaron a un parque onde había un neno moi malo, polo que o dinosaurio comeuno, pero Olga mandou que o escupise. Cando volveron para a casa, prenderon a tele, onde botaban un documental sobre o camiño de Santiago, o que fixo cavilar ao dinausario.


NOTA: 6

viernes, 15 de octubre de 2010

Voces de vacas


O autor deste libro é Xavier López Rodríguez


O libro trata da vida dunha vaca, a Dourada, cando xa é maior. Ao seu arredor, comparten "casa" con ela outras vacas, personificadas e con voz propia. Páxina a páxina imos sabendo das súas debilidades e virtudes, da axuda que lles ofrece a Dourada como "alma mater".


NOTA: 3

viernes, 1 de octubre de 2010

Premio

A finais de maio presentamos o Proxecto 7+1 integrado polos blogues setemaisun e linguademontes aos V Premios da Fundación Impuls. Estes dous blogues estaban xestionados e realizados basicamente polo alumnado de PDC. En xullo, recibimos a noticia de que foran merecedores do II Premio Talita-Impuls, como boa experiencia docente de integración das TIC na aula para alumnos con Necesidades Educativas Especiais.
Daquela queremos deixar constancia do noso agradecemento a quen así o estimou. Para nós foi tamén un gran impulso e a confirmación de que traballabamos nunha liña que tamén outros pensaban axeitada.
E como coordinador, tan só compartilo con elas e con eles: con Alba, Dani B., Dani S., David, Guille, Iria, Iván, Jónatan, Lucía Leticia, Lucía, Marius, Ramón, Raquel e Santi. Grazas por aprendermos xuntos e por tantos sorrisos nestes tres últimos anos. E tamén a Marta (compañeira do ámbito científico) e Adriana (orientadora), por compartir as mesmas ideas.
Así mesmo, gustaríame recoñecer o traballo de moitas blogueiras e blogueiros en lingua galega agrupados en normalizagaliza. Non poucas veces nos deron ideas para mellorar o noso traballo.
E por último sinalar que, aínda que circunstancias laborais me afastan temporalmente deste proxecto, estou seguro de que vai seguir incluso con máis forza e con novas ideas.


miércoles, 2 de junio de 2010

A I Guerra Mundial


Unha das imaxes da sanguinolenta I Guerra Mundial foi a das trincheiras. Para facervos unha idea de como foi esta cruenta guerra podedes repasar as fotos da revista Life aloxadas aquí.
Para continuar temos aquí unha actividade sinxela para írmonos facendo unha idea.
Foi tamén unha guerra tecnolóxica, como podes ver nesta entrada

E xa na web podedes ver numerosos vídeos sobre esta guerra. Aquí vos deixamos un deles:

E se aínda desexades saber máis, podedes ver este blogue.
Por último propóñovos as seguintes actividades:
a) Ver unha película sobre o tema, por exemplo, Sendeiros de gloria.
a) Imaxinade que estades nunha trincheira. Escribe un diario que abranxa tres días neste lugar
c) Facede dous equipos: uns investigade sobre o Barón Rojo e outros sobre Lawrence de Arabia. E logo presentádenos aos demais os resultados.

A revolución industrial

Hai quen afirma que a Historia da Humanidade se podía dividir en dous períodos: un anterior á Revolución Industrial e outro posterior. Para chegar a coñecela un pouco mellor, comezaremos por esta actividade.
Despois vas realizar unha pequena exposición escrita sobre a mesma utilizando o mapa conceptual de abaixo e mais este que tes aquí.



E para rematar imos ir ao cine. Imos ver unha película de Charles Chaplin titulada Tempos modernos.

jueves, 20 de mayo de 2010

O faro de Arealonga

A autora deste libro é Uxía Casal.
Este libro trata dunha rapaza chamada Rosalía que vivía nun piso con súa irmá. Ela decidi un día volver para a súa vila natal, que era Arealonga. Cando regresou, toda a familia púxose moi contenta de volver vela. Rosalía tiña ganas de ver a Néstor, que era un gran amigo seu. Un día pasou algo estraño en Arealonga e foi que desaparecían rochas. Tamén desaparecera o can de Rosalía, Carrizo. Ela contoulle ao seu amigo que esas rochas desapareceran e brillaban cando ela non estaba alí. Un veciño de Arealonga contoulle a Rosalía e a súa irmá Tareixa que vira a un xaponés preto das pedras. Elas estrañáronse. Rosalía preguntoulle ao veciño se sabía onde vivía o xaponés Taky. Díxollo e ela quedou con el para que lle contase o que pasaba. De alí a uns días, Rosalía volveu ao peirao onde estaban as rochas. Néstor díxolle a Rosalía que traballara co xaponés na mesma corporación. Néstor intentara deixar esa corporación porque sospeitaba que Taky matara a un compañeiro e ela decidiu quedar con Taky para que lle contase a súa versión. O can de Rosalía desaparecera e ela atopouno na planta baixa da casa de Néstor cando foi falar con el, pero o can apareceu cun reducido tamaño porque Néstor fixera un experimento para probar o proxecto que inventara.
Ao día seguinte, volveu ao soto e atopou a Néstor morto dentro dunha bolsa e o seu can xa estaba de tamaño normal de novo. Un día, citárona para que fose a un bar e alí atopouse con Néstor, ela asombrouse. Despois de falaren, marcharon do bar e,ao saír, secuestráronos. Néstor logrou escapar e seguiu modificando o APERTA, que era o seu proxecto. El probou o APERTA con Taki e deixouno anano. Despois probouno consigo mesmo e clonouse, co que despois o seu clon ameazábao. Rosalía, antes de que chegasen os xaponeses a onda ela, logrou escapar e foi ata unha praia onde descubriu o cadáver de Taki destrozado. Sospeitan que o mataron os seus compañeiros, os xaponeses. Ao final, Rosalía decide...

Se queres saber o seu final, a lelo.

NOTA:5

jueves, 13 de mayo de 2010

O cero escuro

A autora deste libro chámase An alfaya.
A protagonista deste libro chamase Nadia. Ela non é como todas as rapazas da súa idade porque é moi tímida.
A súa mellor amiga é Aurora e a maior afección de ambas as dúas é o teatro e pasan moito tempo actuando na función do seu colexio.
Un día Aurora díxolle a Nadia que ía ir ao dentista e non ía ensaiar. Nadia tamén foi para a casa.
Máis tarde, puxéronse en contacto todos e decatáronse de que Aurora faltaba. Xa pasara toda a noite e, como ela non aparecía, comezaron a buscala e enteraronse de que a levaran engañada uns traficantes de órgaos, dicíndolle que farian dela unha gran modelo.
Se queres saber como acaba o libro, só che queda lelo.
Este libro foi entretido e doulle un 7.

Los senderos del tigre

Este libro escribiuno Juan Madrid.

Trata dun rapaz que recibe un baúl dende Perú que era do seu avó. O rapaz vivía en Malaga só, porque seus pais morreran. Embarcouse con dous socios rumbo a América. Alí os seus socios abandonárono á súa sorte no Amazonas. Ao cabo duns días, apareceron dous colombianos que o rescataron coa condición de que fose o seu novo socio, pero tampouco lle foi ben porque o abandonaron. Uns indios da tribo dos huni kui capturárono e fixérono prisioneiro facendo traballos de campo. O protagonista deste libro cansouse de ser prisioneiro e falou co Gran Xefe para que aquel ano o deixase ser guerreiro. O Gran Xefe aceptou e falou cos seus guerreiros para que o entrenasen. Un día apareceu outra tribo, a dos omagua, que viñan casar coas rapazas máis novas da tribo dos huni kui. O Gran Xefe non aceptou iso e as dúas tribos enleáronse nunha gran batalla que gañaron os huni kui, grazas a que Luís colleu o rifle que tiña o Gran Xefe nun baúl. O noso protagonista, ao ver que matara moitos homes e que a súa tribo quedara con pouca xente, escapou pola selva ata chegar a Manaos. Alí botou oito anos ata que atopou un traballo de capitán de cartografía. Este tiña o labor de levar ferramenta e utensilios aos indios. Ao cabo dun tempo tocoulle levar ferramenta á que fora a súa tribo. E sabedes que pasou?Se o queredes saber, tendes que ler o libro.

A miña nota é un 9


jueves, 29 de abril de 2010

O Barroco

Nesta unidade imos empezar co visionado deste vídeo:

E logo con esta actividade de carácter xeral onde atoparedes información moi escueta e esencial sobre a literatura deste período. A continuación copia no teu caderno os principais temas e personaxes do teatro barroco que atoparás neste lugar e fai as actividades. Logo le este post e contesta no teu caderno ás seguintes preguntas:

a) Que é un corral de comedias?
b) Que é a 'cazuela'?
c) Cales son as características da 'comedia nueva'
d) Cita tres dramaturgos importantes do Barroco
e) Que pasou realmente en Fuenteovejuna?
f) Que se entende por ruptura da regra clásica das tres unidades?

E por último, para informarte do que era un corral de comedias podes ver o de Almagro ou neste vídeo:



Busca ti algún vídeo dunha representación actual nun corral de comedias.