miércoles, 21 de enero de 2009

Gárgola


Este libro é o último do 1º trimestre e o 1º do segundo trimestre. O seu autor é Carlos Vila Sexto
e o libro é de terror.
Jeremy é un rapaz novo e solitario, sempre apartado dos demais. Unha noite tivo un soño bastante raro. Encontrábase na entrada do cemiterio, coas portas abertas e case arrincadas. No soño Jeremy entraba nese cemiterio, mirando a todas as tumbas, ata que chegaba a unha colina onde había xente, ao parecer nun enterro. Pero Jeremy viu algo á súa esquerda, onde había un bosque. Era unha persoa tapada ata a cabeza e medio escondida no bosque, así que Jeremy correu cara alí. Ao chegar á entrada do que parecía o camiño cara o bosque, parouse, porque lle dera un ataque repentino de medo. Ó darse a volta para marchar tropezou cunha rapaza, pero non era normal, tiña a cara pálida e a pel caída, mellor dito só tiña pel e ósos, non tiña carne. Jeremy asustouse e volveuse para escapar pero había un burato, parecía unha tumba, no que caeu. Despertouse enchoupado en suor e berrando no medio da noite, polo que seu pai asustouse e foi xunto a el, maldicindo a "ela".
Ao día seguinte Jeremy facía unha recollida de caixas no desván, mentras seu pai traballaba nunha escultura. Jeremy atopou nunha caixa unha foto dunha muller e un home, abrazados. Soupo que o home era seu pai, e deduceu que a muller sería súa nai. A noite seguinte tivo o soño, pero esta vez a rapaza falou con Jeremy, e doulle unhos nomes, que Jeremy non coñecía de nada. Ó día seguinte falou con Circuíto, un amigo informático de Jeremy. Díxolle que lle axudara a buscar eses nomes, así que foron á casa de Circuíto e entraron nos arquivos da policía, pero as persoas con eses nomes desapareceran ou morreran, todos o mesmo día, todos menos un. Jeremy planeou ir á súa casa, así que cando seu pai marchou expoñer a escultura, Jeremy marchou cara Smithsville en busca dese home. Ó chegar ali o home contoulle toda a historia, ata que foi pechar unha ventá e a Gárgola matouno.
O home déralle a Jeremy unha foto cunha parte rodeada, así que cando Jeremy marchou de alí, asustado polo cadáver do home, buscou unha tenda de fotografía para ampliala, buscou por toda a vila e atopou só unha aberta, nesa tenda deixou a foto con moita presa e marchou para recollela ao día seguinte. Nesa noite o dono da tenda morreu.

Jeremy douse conta da noticia, e asustábase, sabía que a Gárgola ía por el. Cando volveu da vila, asustado pola morte do fotógrafo, entrou, e un segundo despois seu pai entra tamén.
Jeremy sentouno, e empezoulle a contar a historia. Seu pai botouse a chorar, e entre lágrimas, contoulle a historia. Tamén lle dixo a Jeremy que a Gárgola estaba alí, na súa casa. O rapaz foi á cociña e rebuscou nun caixón, collendo un coitelo. Subeu escaleiras arriba e, cando estaba en pose de alerta, encontrou un muro de xeso que antes non estaba alí. Con todas as súas forzas derribou o muro e veu unha porta que conducia ó tellado. Subeu entre arañeiras ata alí arriba, e ó saír topouse cunha tormenta moi forte, e coa Gárgola, alí, esperándoo. Jeremy asustouse e, amodo, arrimouse pouco a pouco á porta de saída, e a Gárgola non se movía. Chegou ó picaporte e nese intre a Gárgola abreu os ollos, feito que fixo que Jeremy caera polas escaleiras rompendo o nariz e unha perna. Estaba todo a oscuras, o que o fixo peor para Jeremy, porque tiña medo á escuridade. Cando a Gárgola se dispoñía a matalo entrou seu pai cun coitelo, pero a Gárgola non tardou nada en matalo. Despois achegábase a Jeremy e desenfundou o seu longo e afiado dedo e púxoo na fronte de Jeremy, e nese intre Jeremy sacou unha navalla....


Queres saber como acabou?


Gustoume moito, doulle un 8/10

Corredores de sombras

Este libro é o sexto que leo neste curso. O autor deste libro chámase Agustín Fernández Paz. Este libro trata dunha rapaza que se chama Clara. Ela mais seus pais ían todos os veráns de vacacións ó pazo dos Soutelo onde estaba a súa avoa. Cando a súa avoa morreu o seu pai decidiu ir vivir ó pazo. Como o pazo estaba algo deteriorado o pai de Clara decidiu arranxalo. Cando o estaban arranxando atoparon un cadáver soterrado no chan pero no pazo decidiron non darlle moita importacía, e deixárono pasar excepto Clara porque ela atopara un anel e quería saber máis sobre o morto.
Clara, un día foi dar un paseo polos arredores do pazo, e polo camiño atopou un rapaz que estaba roubando mazás. Ela chamoulle a atención e botouno do pazo. Ó seguinte día o rapaz non apareceu pero ó seguinte máis si, e soubo que o rapaz se chamaba Miguel. Ó final pouco a pouco Clara e Miguel fóronse facendo moi amigos. Un día Miguel decidiu levar a Clara ó lugar onde ía el cando quería estar só. A Clara encantoulle o lugar e alí déronse o primeiro bico e empezaron a saír máis a miúdo e a confiar un máis no outro. A mediados das vacacións veu o tío de Clara, Carlos.
Eles dous tiñan moita confianza un no outro e Clara contoulle o que pasara no pazo sobre o cadáver. A Carlos non o querian moito na casa porque era homosexual. Un día Miguel díxolle que se quería podía ir falar con súa avoa para que lle contase algo máis sobre a guerra e díxolle que súa avoa Rosalía nunca estivera namorada de seu avó Pablo, que sempre estivera namorada de Rafael. Despois de ir falar coa avoa de Miguel foi falar con outras persoas maiores que lle contaron que Pablo foi unha das persoas que tivo que mandar mata, pero que el nunca matara a ninguén, tamén lle contarón que Rafael desaparecera a mediados da guerra pero que sospeitaban que podía estar escondido no Pazo dos Soutelos.
Un día Clara decidiu ir ao cuarto que fora de súa avoa Rosalía e alí atopou unha caixiña que tiña dúas fotos e tres carta que llas escribira Rafael nas que lle dicía que estaba no Pazo e que a quería moito, pero como Rafael nunca volveu, deciciu que i a casar con Pablo por portase tan ben con Rafael. Pero a historia foi moi distinta e Rosalía nunca soubo a verdade.
Este libro gustoume moito porque tiña moita intriga e o final foi moi sorprendente e por iso lle dou un 8.

LAS CHICAS DE ALAMBRE



Este libro es de Jordi Sierra i Fabra. El personaje principal es Jon, un periodista que trabaja en las Zonas Interiores. Otras protagonistas son Vania y dos modelos más. Vania y sus amigas eran modelos pero tenían anorexia y estaban en las drogas. Sus dos amigas fallecieron por culpa de las drogas.
Cuando sus dos amigas murieron Vania desapareció sin dejar rastro y nadie sabía nada de ella. Jon fue a junto de su primer novio Nando Él era portero de una discoteca y trabajaba hasta muy tarde fisicamente él era corpulento y muy chulo. Cuando Jon llegó a casa de Nando, él estaba durmiendo, tan solo hacía dos horas que se acostara. Cuando Jon le dijo a Nando lo que quería el se quedó sin palabras y se negaba a hablar de ella. Entonces Jon le dijo que era importante que le contara todo lo que sabía ya que hacía diez años que pasara todo. Mucha gente dice que Vania se suicidó después de lo que pasó con sus dos amigas. Otros dicen que se casó y se fue a vivir fuera. Otros dicen que se marchó del país para poder olvidarse de todo su pasado y rehacer su vida. Pero eso todo Jon ya lo sabía así que no le sirvió de nada. Entonces se fue y quitó un billete para un vuelo a París. Allí vivía el ex marido de Vania. El padre y la mujer de quien las contrató, ya que su marido había fallecido. Antes de irse pasó por la oficina para despedirse de su madre y de la secretaria que le quería como a un hijo. Al terminar de despedirse se fue a hacer las maletas y como aún le sobraba tiempo se acostó un rato.

Se marchó a ver a la familia de Jesh. Al llegar allí la madre le abrió la puerta. Entonces Jon le enseñó la placa de periodista y la tarjeta de las Zonas Interiores. La madre lo invitó a pasar porque pensaba que venía a hablar de Bárbara, la hermana de Jesh. Pero no era así aunque ella no lo sabía y Jon le seguía la corriente hasta que llegase el momento oportuno para hablar de Jesh, pero no hizo falta porque ya la madre lo hizo. Después de un buen tiempo hablando llegó Bárbara. Jon quedó asombrado al ver la semejanza entre las dos. La madre al ver llegar a Bárbara se maarchó para que pudiasen hablar a solas. Entonces ella le contó todo lo que estaba haciendo, le contó que muy pronto estaría por todo el mundo, lo llevó a su habitación para enseñarle las fotos. Al llegar allí vio que había un corcho en el cual había una foto de las Chicas de Alambre con mujer. Esta era mayor que ellas. Entonces Jon le preguntó quién era ella. Bárbara le dijo que era la criada de Cyrille y también le dijo todo lo que sabía de Norainma. Al terminar Bárbara le invitó a tomar algo y Jon no pudo decir que no. Al día siguiente Jon se dirigió a casa de ella...
Ahora si queréis saber qué pasó con Vania y lo que le contó Norainma sólo tenéis que leer el libro.
Publicar entrada
La nota que yo le doy es un 8



miércoles, 14 de enero de 2009

Ariadna

Este libro titúlase Ariadna, o seu autor é Xosé Miranda.
Trata de dúas irmás xemelgas que, un día, a unha delas, tocoulle unha viaxe a un novo país que se sorteaba nos códigos de barras das caixas de cereais.
A esa viaxe íase nun cohete que tiña as paredes todas de cristal. Del non se podía baixar en ningún instante porque non había osíxeno fóra del.
Por alí sempre pasaba un rapaz que lle gustaba moito a unha das irmás pero nunca falou con el.
Cando chegaron ó novo planeta, só había catro ou cinco naves dalgúns millonarios.
Un día deron unha volta por alí e viron unha rapaza robot que cría que era humana e un rapaz que andaba mal e que tiña a mirada triste.Ó día seguinte decidiron ir cazar mamuts, as dúas irmás comezaron a cabrearse. E se queredes saber o final lede o libro.
Non me gustou moito porque non o entendín moi ben.
Nota:5


El curso en que me enamoré de ti

La autora de este libro se llama Blanca Álvarez. En este libro habla de un chico que se llama Carlos y tiene una hermana pequeña que se llama Beatriz. Su madre se llama Sandra. Cuando Carlos entra en la casa por primera vez y ve su habitación ésta muy asustado porque era la primera vez que veía su habitación y le parecía algo extaño. Carlos coleccionaba fotos de motos y le faltaba una foto de su colección. Sandra era la telefonista de sus hijos porque cuatro de cinco llamadas eran para sus hijos, Carlos y Beatriz.
Carlos un día se fue al mercado comercial. Su madre le dijo que no llegase más tarde de las diez porque a su padre le gustaba cenar con todos a la mesa. Carlos le dijo a su madre que a los profesores no le ha dado tiempo a mirarlo porque solo están en el principio de octubre. Su madre habla con su padre de su hijo y piensan que tiene las hormonas locas como las vacas. A Carlos y a su amigo Dani les gustaba la moto de un amigo. Pero ellos no tenían dinero para comprar la moto. Ellos están pensando cómo pueden conseguir dinero, a Carlos le ha dado una idea para conseguir dinero. Se acuerda que tiene a su compañera Marga. Carlos y Dani se fueron hasta casa de Marga para pedirle el dinero que le hacía falta. Marga le dijo que ella les da el dinero si empienzan a estudiar. Ellos han aceptado la condición y ella les ha dado los cien euros que le hacían falta y les regaló cincuenta euros más.
Ellos se fueron contentos para casa. Marga le dijo que ella estaba dispuesta a ayudar a cualquier compañero de la clase. Como Carlos no estudiaba nada, un día coge los libros y se fue para casa de Marga. Llegó a casa de Marga y estaba su madre en la casa, le dijo que entraría en la habitación de Marga que ella estaba allí. Marga estaba estudiando para un examen pero como prometió que le ayudaría en cualquier momento. Carlos fue hasta su casa para que le ayudase a hacer los deberes. A Dani le molaba Ana la chica que estaba por Carlos, todo era un lío. Marga era una chica muy guapa y le gustaba ayudar a toda la gente. El director del instituto le dijo a Marga que tenía que ayudar al nuevo chico.
El nuevo chico se llama Jorge y tiene diecinueve años. Jorge tuvo mala suerte porque su madre murió y su padre está en la cárcel y le queda mucho para salir. Marga esperó mucho para que viniese Jorge porque le gustaba conocerlo. Después del primer día de colegio, Jorge ya estaba acostumbrado. Cuando llegaba al colegio Jorge siempre estaba soló porque no le gustaba hablar con la gente y en los recreos quedaba siempre sólo. Al tercer día Marga empezó a hablar con él. Después Marga fue hablar con Dani y Carlos para decirle que habló con Jorge. Jorge era un chico muy grande que tenía un cuerpo lleno de músculos por trabajar. Un día llego el profesor Mariano de matemáticas y empezó hablar desde el principio de la puerta. Ignacio empezó a molestar a Jorge llamándolo huérfano y le tiraba bolas de papel a la cabeza.
Después en el recréo Ignacio lo molesta otravez, Jorge se pone nervioso y empieza apretarle el cuello y Ignacio empieza a gritar. Despues de que el profesor Mariano le dijo a Jorge que le dejaba en paz a Ignacio, empezó gritar y insultar a Jorge. El segundo día Jorge quedo en el centro porque como toda la gente sabía que Ignacio tiene amigos peligrosos y que estuvieron en la cárcel. El tercer día los amigos de Ignacio llegaron y le mandó un puñetazo en la nariz a Dani y el empezó a sangrar. Después los amigos de Ignacio preguntan donde esta Jorge. Pero Marga no quiere decir nada. Uno de los amigos empieza a darle golpes a Marga. Antes de que llegaría la guaria civil los amigos de Ignacio se fúeron escapando. El director llamo la ambulancia para que viniese porque Dani y por Marga. Después de que la ambulancia más la policia llegaron los cogieron y se fueron para el hospital.
Cuando Marga estaba en el hospital sus padres estaban siempre con ella. Sus amigos tambien estaban en el hospital. Después de que Marga salió del hospital fue hablar con el director para que Jorge podía volver al colegio. Si queréis saber el final de este libro tenéis que leerlo. Le doy un 8.

jueves, 8 de enero de 2009

ÁFRICA

Este trimestre imos comezar con xeografía. E no principio África. Xa podedes ir escribindo palabras que vos suxiran as fotos de abaixo tiradas da vida cotiá dese continente.

  • Despois atrévete con esta actividade e estoutra e logo elabora ti este mapa
  • E agora imos con estoutro mapa
  • Para saber o máis esencial deste continente chuza aquí. E despois nestrouto sitio. E agora que xa sabes tantas cousas, bótalle unha ollada ao mapa das relixións e ao das linguas de África.
  • E se queres estar ao día dalgunha das situacións máis críticas polas que está pasando este continente infórmate, por exemplo, na prensa diaria.
ÁFRICA 100 FOTÓGRAFOS

viernes, 19 de diciembre de 2008

Unha curta de nadal

Bo Nadal a todas e a todos.

Déixovos esta curta que está na nova canle flocos.tv. Á volta falamos dela.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Asterix e o fouciño de ouro

Un día na aldea de Astérix escoitáronse uns berros. Todos foron ver de onde proviñan e viñan de Asuranceturix, o druída da aldea. Cando a aldea pensou que se trataba de algo malo, Asuranceturix contou que se lle rompera a fouce de ouro. Así que Astérix & Obélix ofreceronse a ir buscar outra ó pobo do curman de Obélix, pero ao chegar alí descobren que o primo de Obelix non esta na casa, e ven que todo está revolto...

Pareceume un bo cómic, aínda que a min non me gusten os de Astérix... Doulle un 7/10






Valdemuller

O autor de este libro chámase Xosé A. Neira Cruz.

Este é o quinto libro que leo nesta avaliación e vai sobre unha rapaza que acaba de cumprir os quice anos e na súa casa fanlle unha festa moi grande pero recibe un agasallo de alguén que nunca soubera. A súa tía Olga díxolle que era de súa tía Estrela e que debería ir vela pero soa, como tamén fora ela cando tivo a súa idade, e foi o que fixo Mina.
Sen dicirlle nada a seus pais colleu o autobús para dirixirse a Valdemuller. Cando baixou do autobús preguntoulle a unha muller onde era Valdemuller e díxolle que lle quedaba aínda moi lonxe e que tiña que ir á aldea próxima e alí pedirlle que a levasen a Valdemuller. Cando chegou á aldea un mozo ofrecéuselle para levala e Mina cedeu. Cando ían no coche o mozo meteuse por un camiño que estaba bastante abandonado e parou nel e alí intentou abusar dela pero o colgante da estrela axudouna. Á noite ela seguía alí e uns lobos viñeron a axudala e levárona a un tobo. Á mañá seguinte un mozo que se chamaba Santiago díxolle que Valdemuller atopábase un poco máis abaixo e Mina seguiu andando soa ata que por fín Mina chegou onde súa tía Estrela.
Agora se queredes saber o final lede o libro.
Non me gustou moito este libro porque se enlea moito e a miña nota é un 6.

Veleno tinto


Este é o segundo libro que leo este ano. O seu autor é Ramón Carredano Cobas.
O libro fala dun freire que en inverno ten que ir a Noia porque ten que estar presente cando apareza o bispo Berengel. Cando ía polo camiño unha carabana de soldados e cabaleiros pararon e levárono ata Noia. Dentro da carruaxe ía Pedro Ordoñez vasalo de Rui Soga de Lobeira, a sua filla e a súa muller. Cando chegaron, viron que Noia non era como pensaban. Despois de ir ver o prometido da filla nas carreiras de cabalos foron ata a casa donde se ían hospedar. Deixaron as maletas e baixaron ao comedor para cear. Ao acabar de cear Don Pedro esmaiouse e o Frei Samuel foi ata a súa maleta, colleu unhas herbas fixo unha infusión e deulla. Logo levárono ata a cama onde empezou a poñerse mellor. Estaban todos alí menos Don Crispín que chegou despois rindo. Este xesto fixo que o Frei Samuel empezase a desconfiar e se puxera a pescudar. Empezou por falar coa cociñeira, que lle dixo que él estivo na cociña facendo unhas mesturas que segundo el son para matar ratas. Esta tamén lle dixo que estivo outro rapaz pero que solo veu por unha pouca graxa para a ferida do cabalo. Ao saber isto o frei tibo que abandoar a cociña para ir darlle outra dose a Don Pedro. Cando chegou a habitacion deste, xa se quería erguer porque se atopaba mellor. O frei non o deixou, porque ainda non respiraba ben de todo. Este avisou a un rapaz para que cando viñera o bispo o avisase. O chegar a noitiña o bispo apareceu e todos baixaron o salon para cear. Cando estaban ceando, un dos criados acercouse o frei Berenguel e díxolle unha cousa ao oído. Este enseguida se levantou e marchou co criado. Ao cabo dun anaco, o criado apareceu no comedor. Este foi onde o Frei Samuel e díxolle que fose con el onda o Frei Berenguel. Cando chegou á habitación veu que un dos criados estaba morto por mor de beber viño envelenado. Estes e máis o criado colleron o corpo e foron por unha especie de camiño subterráneo. Ao chegar a fóra enterraron o cadáver. Cando volveron para a casa, Bartolomeu díxolle ao Frei Samuel que podía investigar algo sobre Don Crispín se emborrachaba o xefe dos criados da casa dos Da Costa. Ao día seguinte este foi á taberna e emborrachouse co xefe dos criados. Estes falaron ata que o Frei Samuel se deu conta de que xa sabía bastante. Foi para a casa, subeu ao cuarto do Frei Berenguel e comentoullo todo. O Frei Samuel baixou ás cortes e esperou polo mozo de Sabela, cando chegou este a causa do frade declarou que el era o asasino.

Queredes saber o que fixo Sabela?

Pois non volo conto, teredes que ler o libro.
Nota:7

miércoles, 26 de noviembre de 2008

PODEROSA


Este libro que lin titúlase Poderosa e o seu autor é Sérgio Klein.
Este libro fálanos dunha rapaza chamada Joana de 13 anos que lle gusta moito a literatura e gustaríalle nun futuro ser escritora. Ela vive cos seus pais, seu irmán e súa avoa. Súa nai sempre vai o salón de beleza, alí traballa Salete, un amigo dela. Salete tamén tiña a premonición de ver o futuro, e a nai da rapaza pediulle que lle mirara o futuro co seu marido. A rapaza tamén quería mirar o seu futuro, e Salete díxolle que ela tiña un don de facer todo.
Ao día seguinte no instituto a súa compañeira Danny puxera un pírsin e díxolle aos compañeiros da clase que se descubrían onde o puxera, podía darlle un bico nese sitio. Os rapaces pensaron nun sitio do seu corpo. Ao día seguinte un dos rapaces descubriu o sitio onde tiña o pírsin, pero o rapaz ao que lle tocou darlle o bico era o máis feo da clase. Danny non quería que lle dese o bico porque era o máis sucio da clase. Ela decidiu poñer outro pírsin noutra parte do seu corpo para que llo dese outro rapaz. Un día, o profesor de historia fixo grupos para facer un traballo. O grupo de Xoana era coa súa mellor amiga Danyelle e con Danny, a rapaza que peor lle caía. Xoana quería que quedasen na súa casa, pero as súas compañeiras non querían. Se ían a unha biblioteca podían rematar antes o traballo.
A Xoana non lle parecía unha boa idea porque a tecnoloxía non debía acabar coa literatura, como a poesía non debía acabar co teatro. Ao final quedaron na súa casa para o día seguinte e puxéronse a facer o traballo ata acabalo. Cando tiñan que presentar o traballo diante de toda a clase Xoana quixo facerlle competencia á súa inimiga Danny. Ela presentou o seu traballo pero o profesor e suspendeunas porque estaba mal. Elas fixérano sobre literatura en vez de algo sobre historia. Ao día seguinte tiveron que ir os pais ao instituto para falar cos profesores para que lle desen unha oportunidade. A directora deulle esa oportunidade e ela aceptou. Xoana púxose a facer o traballo e desta vez fixérao ben e elas aprobaron.
Na clase de Xoana había un rapaz chamado Guto que a ela lle gustaba, pero á súa inimiga Danny tamén lle gustaba. Un día a Xoana apareceulle unha nota cunha cita para ir ao cine. A ela esa letra parecíalle a de Guto. Xoana tamén tiña problemas na casa, porque seus pais estaban a punto de divorciarse. Ela vivía con súa nai e sempre ía visitar a seu pai á clínica.
Xoana, cando xa era o día da cita, ela foi a esa cita, estivo esperando a que chegase o rapaz pero, cando xa pasaba da hora, decatouse de que ninguén viña e entón marchou. Cando chegou á súa casa viu a seu pai xunto a súa nai sentados no sofá e vendo a televisión. A ela pereceulle moi ben que seus pais estivesen arreglando os problemas. Xoana estaba moi triste porque o rapaz máis guapo da clase lle dera plantón. Ela quería contarllo a súa avoa, pero ela estaba ocupada. Ao día seguinte Xoana máis seu irmán tiñan que quedar coa avoa. Ela tiña que facerlle a cea a seus netos, despois de cear estiveron vendo unhas fotos da infáncia de súa avoa. Elas estiveron falando dos noivos da avoa. A avoa preguntoulle se tiña algún namorado, e ela díxolle que si, que era Guto. A avoa preguntoulle polo seu número de teléfono e ela, despois de tanto insistir, deullo. Chamárono pero Xoana non quería falar con el porque lle daba vergoña. Despois a avoa deulle o teléfono e tivo que falar con el. Xoana aproveitou para preguntarlle por que lle dera plantón. El explicoullo todo. O motivo do plantón fora que ela se equivocara de sala. Ao día seguinte no recreo, Guto invitou a Xoana a ir ver o seu partido para dedicarlle un gol. Ela foi con moito gusto. Despois de rematar o partido, viu unha nota na súa mochila e o sair do instituto, ensinoulla a súa avoa e pola escritura díxolle que era de Guto.
Ao día seguinte, chegara a festa que ela estaba esperando tanto. A súa avoa foi levar ao rapaz para a casa da veciña para coidar del mentres elas ían á festa. A avoa tiña o problema de que non lle servía o vestido que lle prestaba Xoana. A rapaza,escribíu nun papel que súa avoa volvese ter trece anos para que lle servise o vestido e cando saíu do baño o que escribira Xoana, dera resultado. Chegada a hora, foron a festa, alí tiveron un problema co can que se chamaba Federico. O can lastimárase, todos estaban preocupados por se o can morría, e entón, Xoana escribiu nun papel que o can se curase e de alí a un pouco o can estaba xogando. Cando Xoana chegou a festa e viu que xa non estaba nin Guto nin súa avoa, ela marchou e de camiño para a casa, había unha parella bicándose. Ela non quería interrompelos pero ela tiña que pasar por alí. O mozo co que estaba esa rapaza era Guto, que se agachara detrás da árbore para que non o vise. A moza era a súa avoa, e ela chamou por Guto para presentarllo. Xoana cando el se dou a volta, douse conta de que era Guto e el marchou. Cando elas chegaron a casa, non discutiron nada porque non valía a pena. A avoa foi para o cuarto cambiarse mentres Xoana fora abrir a porta. Abriu a porta e era súa nai. Ela viña enfadada da súa lúa de mel porque estivera discutindo co seu marido. Súa nai quería ir saudar o seu fillo e a súa nai. Xoana non quería deixala ir, foi correndo detrás dela para impedir que fose e tropezou contra unha maleta e lastimou a man. Foron ao médico. Ó saír viu o profesor, que cando pasaron pola casa de Salete axudárona a desfacerse do seu ex-marido que coa axuda do profesor lográrono. Xoana deuse conta pola libreta de Junior que el era o seu namorado e ela díxollo á súa avoa e Junior foi correspondido. Ela dixo que ningún problema dos que ela tiña o solucionara coa súa literatura senón que se solucionaran sós. A súa avoa ao final volveu á súa idade normal e seus pais acabaron xuntos.
Eu doulle un 8

MISTERIO DEL COLLAR DESAPARECIDO



Este libro é de Enid Blyton. Cóntanos todas as aventuras que fan cinco nenos e nenas aos que lles gusta moito resolver misterios. Eles chámanse Larry, Fatty, Daisy, Pip, Bets e o can Buster; outro protagonista é o señor Goon. O señor Goon está sempre resolvendo misterios e aínda que el non lles diga nada aos rapaces eles sempre acaban enterándose de que trae algo entre mans, e sempre acaban eles metidos en todo e resolvendo os misterios antes que o señor Goon. A el fastídialle moito que cinco nenos e un can sexan capaces de resolver rápido algo no que el tardou moito tempo. Un dos misterios que resolveron foi o de que Fatty tiña que disfrazarse de algo e os seus amigos tiñan que descubrir quen era. Así foi. Fatty disfrazouse e os seus amigos foron en busca súa. Foilles moi dificil encontralo xa que era un día de feira, souberon que era Fatty porque Bet quería un globo. Ao principio Pip non llo quería comprar pero ela enfadouse moito, enton Pip deulle o diñeiro para que o comprase e eles marcharon mentres ela o compraba. Entón foi cando ela se decatou de que non era normal que tivera as mans sucias e as uñas tan limpiñas, e así foi como descubriu Bets o disfraz de Fatty. A Fatty gustáballe moito disfrazarse.Entón un día disfrazouse dun velliño que había no banco, ata o señor Goon chegou a confundilos, e levou a Fatty ao cárcere pensando que era o vello.
Agora se queredes saber que foi de Fatty e do vello o unico que tendes que facer e ler o libro.
A nota que eu lle dou é un 6

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Os escaravellos voan á tardiña

A autora deste libro chámase María Gripe e é o segundo libro que leo de ela.
Este libro trata duns irmáns que se chaman Xonás e Anika e mais o seu amigo David que lle piden que se encarguen de coidar as plantas dunha casa no verán mentres que a súa dona non está.
Acababa de ser o cumple de Xonás e regaláranlle un magnetófono, e el todo contento grababa case todo pero despois cando escoitaban as cintas escoitaban cousas estrañas.
Un día cando estaban na casa, a Selandria (unha planta) empezóuselle a poñer rara e dirixíaselle cara as escaleira e entón eles subiron arriba e alí atoparon unhas cartas no chan sobre unha parella que se chamaba Emilie e Andreas. As cartas trouxeron moito que falar sobre todo por unha estatua exipcia de máis de 3.000 anos de antigüidade que tiña unha maldición e ata que as dúas estatuas se xuntasen non se acabaría a maldición.
Os tres rapaces puxéronse a buscar a estatua coa axuda dun cura pero ese traballo volvéuselle moi difícil porque non a atopaban. Buscárona nun montón de ataúdes, no Monte da Forca, na casa das plantas... En moitos sitios pero ao final déronse conta de que a estatua que debería de estar na súa cidade estaba na cidade do amigo de Andreas.
Entón eles chamaron ao museo e dixéronlle que tiñan que ser eles quen a buscasen.
Este libro a min gustoume moito e aconséllovolo porque é moi entretido.
A este libro doulle un 9.

Amor dos quinces anos, Marilyn


Este libro titúlase Amor dos quince anos, Marilyn.
O seu autor e Agustín Fernandez Paz.
Este libro trata dun home chamado, o Conde Dracula que tiña moita artrose.
El, un dia non aguantou máis e decidiu ir ó médico para que lle dera algún remedio.Omédico díxolle que o mellor era ir outra vez para Transilvania.
Pero o Conde non tiña un peso.
O médico, comentoulle que vendera o nicho para poder ter cartos, o Conde, díxolle que era millor que o vendera o médico porque a él, non había quen llo comprara.
O médico, puxo o anuncio no xornal e vendéuno, quitoulle os villetes, e o Conde marchou para Tansilvania.
De alí a un tempo apareceu un fantasma, el, era o segundo mais rico do pueblo.Porque a primeira era a moza do seu fillo.
Un dia, o fantasma díxolle a seu fillo que era o eredeiro das terras e da casa, pero sobre a casa había unha maldición para os que a erdaren. Era que tiña que resucitar cada vintecinco anos e logo reencarnarse, así durante un século.
Pero había unha solución para salv

arse que era...
Nota:5

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Nace un campión

A autora deste libro é Ursula Heinze. Este é o terceiro libro que leo. As personaxes deste libro son Andi, Xerardo, Tomas, Ana María, Manolo, Pablo, Suso, Elisa. Andi e Tomas son irmáns. Ana María é a nai e Manolo o pai. Xerardo é o profesor da ximnasia e intenta facer exercicios de ximnasia con Andi e os seus compañeiros rinse del e o profesor bótaos fóra da clase; as rapazas están fóra xogando ao baloncesto. Andi cando chega á casa cóntalle todo ao seu irmán Tomás, pero el non lle fai moito caso porque non entende moito e tamén é moi pequeno. A súa avoa faille caso e dille que ten que estudar e intentar facer o que ten que facer. A súa avoa Elisa fai moitas cousas na casa, ela fai a comida, apréndelle cousas novas aos dous netos. Cando eles teñen un exame Elisa estuda con eles e axúdalle a facer os deberes, pero tamén ten un fallo porque estuda con eles o penúltimo día antes do exame, pero os pais non saben nada porque eles aproban sempre. Os dous irmáns están moi contentos porque os seus pais viaxaban por todo o mundo e cando chegaban a casa os fillos estaban moi contentos porque lle contaban todo o que facían nas viaxes. Un día prometéronlle que ían ir con eles ás excursións e ían ver moitas cousas e ían ver todo o mundo. Despois dun tempo a avoa veu que Andi chega á casa moi pálido e tiña os ollos colorados, pero a pena era que non quería contar nada, pero cando o seu irmán Tomás lle preguntaba el repondía a toda as preguntas. O segundo día Andi tiña un dor da barriga. Andi sempre antrenabase para as competicións de nadar. Como sabemos Andi sempre sabía ganar non sabía perder. Ao final dunha competición súa avoa díxolle que o campión non se nace o campión sae traballando e adestrando. Se queredes saber o final deste libro tedes que lelo. Doulle un 8.


As cousas claras


Este libro que lin titúlase As cousas claras. O seu autor é Xose A. Neira Cruz.
Trátase da historia duns rapaces dun instituto. Un dos profesores do instituto chamado Mon estaba no hospital enfermo. Un día os rapaces dixéranlle á directora que querían visitalo, pero non podían. Os rapaces marcharan para a casa e a directora Fina foi visitalo e non veu ningún cambio. Ao día seguinte os alumnos da clase de Mon tiñan que resolver algúns asuntos sobre o bar. Eles querían montar un bar pero os profesores decidiron que montaran unha tenda e que vendesen todo tipo de complementos e artículos como por exemplo preservativos. As nais estaban en contra diso. Un día o profesor Mon obrigou aos seus alumnos a ver películas porno. A raíz diso, os seus alumnos andaron dicindo que lle gustaban os homes.
A unha das rapazas non lle gustou que dixeran eso do profesor e entón intentou aclarar o tema. Ela, chamou a Mon e deixou as cousas claras e o profesor volveu ao instituto a dar clase con normalidade. Á rapaza parecíalle raro que o seu compañeiro Elías estivese tanto tempo sen asistir a clases, e entón Afonso tamén lle quixo axudar a saber que lle pasaba a Elías. Afonso e ela quedaron para mirar que ían facer. A rapaza ao día seguinte falou coa directora e preguntoulle onde vivía Elías, pero a directora non lle dixo nada. Unha das súas compañeiras díxolle o enderezo. Despois ela máis Afonso foron ata ese enderezo pero non lograron saber nada. A rapaza non se dou por vencida, e ela quixo saber todo sobre o que pasaba. Despois eles preguntaron nunha tenda algo sobre a súa vida, e lograron saber algo. Eles chamaron ao fontaneiro e dixéronlle que fose arranxar unha lavadora na súa casa. O fontaneiro foi e eles tiveron que inundar a casa para que parecese un estrago.
Cando o fontaneiro foi para arranxar a lavadora, a rapaza rouboulle as chaves que deixou encima da mesa a propósito. Afonso chamou o fontaneiro dende a rúa para mandalo ir arranxar algo na outra punta da cidade. Cando o fontaneiro marchou, a rapaza foi falar con Afonso. El díxolle que tiñan que ir ata a casa de Elías e intentaron abrir a porta cas chaves. Eles oíron un ruído e asustáronse. Chegoulle o fontaneiro e obrigou os rapaces a entrar á súa casa. O fontaneiro encerrounos e...
Non me gustou moito porque é un libro que me resultou algo aburrido.
Nota:5

Las Pelirrojas Traen Mala Suerte

O autor de este libro chámase Manuel L. Alonso.
Este libro trata dun rapaz que se chama Buenaventura que se marcha da casa porque seus pais lle berraron por traer malas notas.
O rapaz coñece os ocupas dunha fábrica e pídelle se pode quedar con eles. Alí coñece a unha moza que se chama Helena e se namora dela pero por desgracia o amor non é correspondido por Helena e Chico (que era como lle chamaban os seus amigos ocupas) intenta facer todo o posible para que Helena o queira. Os dous pasan aventuras moi intensas pero intentan estar sempre xuntos ata que ó final Helena e Chico sepáranse porque Helena marcha co seu mozo Juan.
Este é o terceiro libro que leo neste curso e gustoume pero ten un final bastante infeliz para Chico e a min non me gustan os finais infelices.

A este libro doulle un 6.

miércoles, 29 de octubre de 2008

O Inferno de Marta


O autor deste libro chámase Pasqual Alapont.
Marta era unha rapaza normal que tiña un mozo, pero o mozo decidiu cortar con ela porque se sentía moi agobiado. Marta sentiuse moi mal cando romperon e as súas amigas por non vela triste animárona a saír de festa para que se distraese pero alí coñeceu a Héctor que ía facer da súa vida un inferno pero ela como non o quería perder como lle pasara co seu outro mozo, perdoáballe todas as cousas que facía mal ata que Marta un día non aguantou máis e decidiu cortar con el, e el enfadouse moitísimo porque a quería ter manipulada e intentou acabar con ela.
Este libro gustoume e por iso doulle un 8.

¿Sobrevives?




O segundo libro que lin é de Fina Casalderrei.
O protagonista é Francisco Sánchez Loiro aínda que todos lle chaman Moli. Estuda na clase de 2º B. Con el tamén estudan Luís e Tito. O libro cóntanos todas as trasnadas que fan. Un día marcharon da clase de relixión e foron para outro instituto xogar á güija. Para poder xogar sen que ninguén os vira foron para o baño das rapazas, empezaron a invocar os mortos e todas esas cousas... Ata que pasaba por alí unha profesora e sentiunos falar. Entón entrou e viu que estaba alí Moli e mais o Luís.
Non só conta as trasnadas, senón o que lles pasa cando saen de festa. Por exemplo, nas festas da Peregrina, andara a golpes cuns mozos por culpa dunhas rapazas...
Conta tamén unha aventura moi curiosa que lles pasou aos dous nunha discoteca. Como estaba algo bébedo empezou a facer o tonto co seu amigo Tito. Entón apareceron uns homosexuais que querían ligar con eles. Cando se decataron marcharon rapidamente de alí.
O libro cóntanos cal foi a causa da morte da nai de Moli.
A nai tiña cancro aínda que Fran e a súa irmá Marianxo non o sabían. Moli empezou a sospeitalo cando un día veu do instituto e entrou no cuarto da nai para saudala. Ela estaba deitada na cama e no chan había unha perruca e ela non tiña pelo. De alí a uns días súa nai contoulle o que lle pasaba. Díxolle que tiña cancro e que non lle quedaba moito tempo de vida. De a alí a un tempo ela morreu. Fran non o quería crer. Ao principio nin sequera chorou. Para que non tiveran que estar alí vendo toda aquela xente, mandáronos para a casa dunha tía.
Un día ao vir da escola seu pai díxolle que fora para a tenda que alí ía ter unha sorpresa. Cando Fran chegou viu que había unha preciosa moto. Fran supuxo que era de alguén que estaba na tenda, ata que seu pai lle dixo que era del e entregoulle as chaves. Fran marchou todo contento para a casa. Cando estaba a piques de chegar Marianxo, seu pai mandouno que a fora buscar á tenda. Cando súa irmá viu chegar a Fran non o podía crer. E se queredes saber como lle foi a Fran e a Marianxo coa súa moto e moitas aventuras máis o único que tendes que facer é ler o libro.
Este libro está bastante ben. Recoméndollelo a todas esas persoas que lles gusten as aventuras. A miña nota é de un 7.

As flores radiactivas



O autor deste libro é Agustín Fernández Paz. Este é o segundo libro que leo. As persoaxes deste libro son Alba, Xavier, señor Mc Logan, Lois, Antía, Helena, Touriñán, Novoa.
Xavier e Alba son amigos, están esperando que cheguen os turistas para ensinarlle a cidade. Dentro de dez minutos chega un señor que ía de pesca e tiña un radiocasete para escoitar o xornal. Empezou o xornal e Alba estaba escoitando pero Xavier non. O xornal falaba dunha mancha brillante que estaba no mar. Desta mancha tiña moito medo o señor Mc Logan que lle dixo ao comandante Touriñán, pero el non tiña moito medo desta mancha e díxolle que non ía pasar nada que esta mancha non era tan importante. O señor Mc Logan díxolle ao soldado Novoa que collese doce soldados e que van ir coller mostras de auga de onde estaba a mancha. Os soldados estaban todos cun traxe branco como o dos astronautas. Novoa foi o primeiro que se tirou na auga e despois os otros soldados. Despois dun tempo moitos xornalistas foron a Santiago de Compostela porque pensaron que ía ser unha guerra mundial pero despois déronse conta que eran os resultados da mancha brillante . E no final deste libro Xavier e Alba intentan escapar dos xornalistas que estaban esperando aos dous amigos. E así acabouse o libro As flores radioactivas.
Doulle un 8.

O brindo de ouro I. A chamada do brindo


O libro que estou lendo é de fantasía. O seu autor é Xose Manuel Marcos.
Selmo é un rapaz dunha aldea arxina, que é unha tribu da zona, que ten un lobo de amigo. Un día desperta para ir traballar ás montañas onde está seu pai, gardian do brindo (un instrumento que serve para avisar de ameazas inimigas). Ao chegar alí, fai o seu traballo normalmente ata que ve unha columna de fume moi estraña que viña do seu poboado. Asustado, el máis o seu lobo baixaron correndo monte abaixo para ver que ocorría. Ao chegar alí viron que o seu poboado era levado a forza polos inimigos e as casas estaban queimadas. Selmo meteuse na súa aldea para ver o seu estado, e acto seguido descubrírono. Escapou a través do monte, e xa se fixera de noite, chovia e tiña fame, pero gracias a iso coñeceu a Toimil, un ex-alobrí que vivía no monte. Máis adiante e nas memas circunstancias coñece a Oulego, un valeco marxinado. No seu camiño descobren a un poboado de arxinas de Mogoxe, famentos e sen enerxía. Ese poboado contaralles a historia da maldición do Brindo de Ouro, e que por iso o tiñan vixiado constantemente. Despois diso marcharon en busca do Brindo, e no seu camiño toparon un campamento inimigo e trataron de rodealo, pero a néboa facíallo imposible, así que atáronse unha corda entre eles e proseguiron o seu camiño, ata que, un tropezón de Toimil fixo que os descubriran e lles lanzaran frechas.
Máis tarde chegaron a unha fervenza, e Oulego botoulle un emplasto a Selmo, porque unha frecha o alcanzara, e despois durmiron. Ao despertar era pola mañá e deslumbraba o sol, así que decidiron saír e viron que estaban nun lugar moi bonito, así que concordaron en adentrarse nel. No camiño toparon colmeas de mel. O grupo tiña moita fame, pero o mel sería de alguén e non o colleron por iso. Quedáronse alí un pouco e sentiron rebulir uns matorrais detrás deles. Puxéronse en estado de alerta e berraron para que saíra quen estivera alí, e de golpe saíulles un oso gris, atraído polo cheiro do mel. Eles asustáronse e recuaron cara un muro que estaba alí, pensando que os comerían, pero escoitouse un zumbido no aire e unha pedra impactou no oso, facéndoo recuar. Un segundo zumbido e outra pedra impactou no oso. Esta arrincoulle un anaco de pelo e pel, facendo que o oso recuara ao mesmo tempo que se enfurecía, pero antes de que ocorrera nada, soou un silbato e un enxame de abellas atacou ao oso gris. Neste caso o oso caeu rendido e retorcíase no chan. Mentres isto ocorría un home saíu de detrás dun matorral cun silbato colgado no pescozo, saudounos e todos se levantaron excepto Oulego que estaba encaramado a un carballo, temblando e pálido.
Ese home doulle a benvida a Abellonenia. O grupo doulle as grazas ao home que os salvara e dixéronlle que lle axudarían en todo o que fora, así que o home deulles unhas ferramentas e díxolles que lle axudaran a arranxar unhas cousas. Mentres traballaban oíron cantigas, e tres mozas chegaban ata onde estaban eles. Oribio (o home que lles axudou) díxolles que eran as súas fillas. Selmo fixouse especialmente nunha. Despois dunha cea o grupo marchou en busca do brindo. Despois refuxiáronse nunha palloza porque chovía, e mentres durmían, Toimil despertouse de golpe e veu a Lucenza, unha criatura dun Lago que o quería convencer de marchar con ela, pero non o conseguiu.
Despois marcharon e pasaron por outros lugares ata chegar a onde estaba Mardul (o inimigo) e o Brindo de ouro. Conseguirano? Se o queres saber le o libro.
Gustoume moito 8/10

miércoles, 8 de octubre de 2008

Matilda

O autor deste libro chámase Roald Dahl e escribiu a historia dunha nena que se chama Matilda.
Matilda era unha rapaza de catro anos e tiña un irmán que se chamaba Michael. Os pais de Matilda eran moi afeccionados a ver a televisión pero a ela non lle entusiasmaba mirar para ela, porque ela prefería ler os contos e revistas que atopaba pola casa, ao final acabounos de ler todos os que había na casa. Un día pediulle a seu pai que se podía comprar un libro e seu pai todo anoxado díxolle que os libros non servían para nada e que era moito mellor a televisión. Entón Matilda decidiu ir á biblioteca pública mentras que seu pai ía traballar e súa nai ía ó bingo e seu irmán ía xogar por aí. Cando Matilda chegou preguntoulle a unha muller onde se atopaban os libros infantís e ela indicoulle onde estaban e Matilda foi empezando a lelos un por un cada día ata que acabou os de infantil e pediulle á bibliotecaria se lle podía aconsellar algún libro para maiores que os outros xa os lera e entón ela doulle un libro e díxolle a bibliotecaria que os podía levar para a casa e entón ela non volvía á biblioteca todos os días, só cando ía para devolvelos. Un día estaba Matilda no comedor lendo un libro e seu pai mandoulle que mirase para a televisión e deixase o libro que non valía para nada e como Matilda non lle fixo caso, seu pai colleulle o libro e rachoullo e díxolle que agora ía ter que pagalo coa súa paga.

Matilda empezou a ir ao colexio aos 5 anos e medio cando o normal era aos 4 e medio ou 5 pero como na súa casa ninguén se preocupaba por ela pois foi máis tarde. Cando chegou o colexio presentouse a súa profesora a señorita Jenni Honei. A profesora empezou a preguntarlle cousas ós alumnos e decatouse de que Matilda sabía moitísimo e decidiu ir falar coa directora para dicirlle que Matilda era moi lista e que había que pasala a un curso superior, e a directora dixo que o quería ela era desfacerse da rapaza que xa lle dixera o seu pai que era unha traste e que había que tela vixiada así que quedábase nese curso.
Como seus pais a trataban tan mal decidiu facerlle unha trasnada para poder vingarse, o que fixo foi o seguinte: colleu o bote do tinte de súa nai de loiro platino e botoullo ao bote do champú de seu pai e cando seu pai lavou a cabeza quedoulle como se non lavase a cabeza en moitísimo tempo.
Un día cando estaban no recreo Matilda máis a súa amiga, e foi a xunto delas unha rapaza de sexto e contoulle que había un armario moi estreitiño onde só podían estar de pé e non te podías apoiar porque as paredes do armario estaban cheas de agullas e a alumna de sexto estivo alí dúas veces e un día enteiro. Cando acabou de falar a alumna de sexto elas presenciaron como a directora colleu a unha rapaza polas coletas e a lanzou polo aire porque tiña o pelo moi longo. A directora trataba moi mal a todos os alumnos. Matilda e a señorita Honei levábanse moi ben e un día a señorita contoulle a súa historia e díxolle que a directora quedárase con todas as súas cousas.

Matilda cos poderes que tiña cos ollos axudoulle á señorita a recuperar todo o que tiña. Un día Matilda volvía da casa da señorita Honei e seus pais estaban recollendo todo para se marchar porque a policía descubriu que era un estafador e marchaban do país, e Matida pediulle a señorita Honei se podÍa quedar con ela e díxolle que si e quedaron xuntas e seus pais marcharon.
Este libro non me gustou porque me parece aburrido así que póñolle un 3.

A quinta do 2008-2010

De novo ou de vello. De volta. Outra quinta máis. Dous anos máis nos esperan. Esperamos. Sete máis: Iria, Raquel, Alba, Jonatan, David, Dani e Marius. Vémonos por aquí. Todos: os de Valga, os de Silleda, os de Guadalix, os de Puebla de Sanabria e os amigos búlgaros.
Para comezar con ánimo, aquí tedes un vídeo de DJ Son1c co seu famoso "A festa non vai parar" ao cal tivemos oportunidade de escoitar no centro a finais do pasado curso.

O diario doutra maniatica

O meu primeiro libro que lin foi escrito por Ann McPherson e Aidan Macfarlane. A protagonista do libro chámase Susie e ten 16 anos. Cóntanos todas as cousas que lle preocupan, fálanos do amor, da morte, da anorexia e a bulimia, das drogas, do sexo, da sida... Tamén nos conta algunhas das cousas que lle preocupan ao seu irmán Peter Payne. O libro ensínanos algunha das reportaxes que publicou Peter no xornal escolar, algún folleto e incluso as cartas que lle escribia á súa amiga Charlotte que vivía en Francia. Cóntanos tamén os problemas que teñen algunhas das súas amigas, como sobrevivir nun romance de verán, e unha traxedia moi triste, o pai dun dos amigos do seu irmán morre no traballo dun infarto. Ponnos tamén cuestionarios sobre a vida sa e comentarios sobre a comida e a saúde no instituto.

O libro está bastante ben, a min gustoume moito aínda que me costou moito resumilo porque cada capitulo trataba de algo distinto.
A miña nota é de un 6.

Cartas de Inverno


O autor deste libro é Agustín Fernández Paz. Este é o primeiro libro que leo.En Cartas de inverno fálase destes personaxes: Xavier, Tareixa, Adrián e Laura .
Xavier e Tareixa son irmáns, Adrián é o noivo de Laura, Xavier e Adrián son amigos.Os dous estiveron moito tempo en Galicia, despois Adrián marcha a Berlín en Alemaña para estudar pintura. Xavier queda en Galicia (Santiago de Compostela) para estudar Filosofía . Adrián compra un piso en Berlín e queda moito tempo enviando cartas a Xavier .Os dous amigos estan falando por cartas, despois dun tempo Xavier non lle contesta as cartas que seguía enviándolle Adrián. E ao final do libro desapareceron os dous. Queda só Tareixa que vai á policía para denunciar que desapareceron os dous amigos e despois Tareixa sobe no coche e marcha. Así se acabou o libro Cartas de inverno. Doulle un 7


Ideas de bombeiro



Este é o primeiro libro que leo na vida. O seu autor é Andreu Martín.

Este libro trata dunha familia que ía ir de vacacións. Entrementres uns ladróns quérenlle invadir a casa para atracar un banco que tiñan xusto ao lado da parede do soto.

Un día de verán os pais de Guillerme decidiron ir de vacacións a Austria, pero Guillerme tiña que aprobar todo no colexio para poder ir. Guillerme, que non quería ir para poder estar con Carmele, dixo que ía suspender todo.

Cando Guillerme chegou á casa, seus pais xa tiñan as maletas feitas para marcharen de viaxe, pero Guillerme díxolles que el non podía ir porque suspendera todo na escola e eles non lle deixaban. Entón seus pais todos anoxados dixéronlle que este ano non había vacacións para el nin para eles, e quedaron todos na casa.

De alí a uns días chegáronlle os ladróns á casa pensando que non había ninguén. Pero levaron a sorpresa de atopar con Guillerme e con seus pais.

Os ladróns, todos sorprendidos, dixéronlle por que estaban na casa e non en Austria.

Eles dixéronlles que a eles non lles importaba nin lles deixaba de importar.

Entón os ladróns colleron a Guille e a seus pais e leváronos para o soto, dicíndolles que ían roubar o banco que tiñan ao lado da súa casa e éralles máis fácil roubar a través da parede do seu soto. De alí a unhas cantas horas empeza a soar o teléfono, os ladróns foron ver o número e viron que era unha tal Carmele.

Guille díxolles que era a súa mellor amiga e que seu pai era policía. Os ladróns dixéronlle a Guille que contestara e que lle dixera que non viñera para aquí. Pero Carmele como era tan testaruda díxolle que ía ir puxese como se puxese. Os ladróns mandáronlle dicir a Guille que lle dixera que eran médicos e que non fose porque estaban todos contaxiados por unha epidemia e para que non se contaxiara ela tamén.

Ela díxolle que ía ir igual e ía ir xusto naquel momento.
Cando chegou alí, abreulle Guille a porta, ela tan pronto o veu doulle un bico na meixela.Os ladróns collérona e levárona para o soto.

A ela o que lle parecía raro era ver uns médicos con ferramentas furando nunha parede. Guillerme intentou dicirlle o que pasaba do revés pero ela non se dou conta de nada, só de que non eran policías. Ela preguntoulle a eles que facían uns médicos con pistola, e, eles, dixéronlle que eran médicos do exército.

Eles dixéronlle a Carmele que tiña que marchar de alí para que non se contaxiara ela tamén. Pero ela díxolle que xa era tarde para marchar porque xa estaba contaxiada, e se querían que marchasen tiñan que facerlle unhas análises que demostraran que non estaba contaxiada.

Un dos ladróns, o que estaba vixiando a Guillerme e a Carmele, marchou á farmacia por agullas e tubos para quitar sangue. Mentres Guille díxolle a Carmele o que pasaba.

Cando chegou o ladrón da farmacia trouxo a outro home. Estes colleron a Guillerme e levárono para un cuarto á parte, mentres que a Carmele deixárona alí sentada. Un dos ladróns tiña un cordel na man que ía dar ao soto onde estaba atado a unha pistola apuntando aos pais de Guillerme. Cando a pistola se disparaba, a nai de Guillerme rompía a rir cos nervios.

Os ladróns dixeron que tiñan que tirar a parede con dinamita e facíanlle falla uns tapóns para as orellas. Guillerme díxolles que ía por eles arriba. Cando subeu, veu a Carmele alí. El díxolle ao revés que o agardara no baño, e ela, alá foi.

De alí a un pouco entrou tamén Guillerme, e, meteuse na ducha.
Alí estiveron un pouco pensando un plan para escapar. Unha vez que o tiñan pensado decidírono poñer en práctica, pero non saíu como planearan.

Ao final os ladróns quixeron rebentar a parede pero era de criptonita e non foron capaces, pero, co ruído que fixo botaron a correr e marcharon.

Nota:6

A casa da luz



Este é o primeiro libro que lin. O autor deste é Xabier P. Docampo. Este libro trata dunha rapaza moi traste que quere descubrir as cousas por si soa. Ten catro amigos (Álvaro, Alba, Aida e Anxo) cos que está a facer unha cabana detrás da igrexa. Un día cando a estaban a construír apareceu "Pumariño". É un home duns setenta anos que non fala e só se comunica por debuxos, que lles axudou aos rapaces a construír a cabana. Ao día seguinte houbo un roubo dun santo en Eiravella. Todo o mundo lle botaba as culpas ao Pumariño e por iso foron tras del escorrentándoo do lugar.
Ao cabo duns días os rapaces cando estaban na cabana déronse conta de que o Pumariño non aparecera polo lugar nuns cantos días. Ao día seguinte os rapaces xuntáronse todos e decidiron ir á casa deste. Cando chegaron á súa casa berraron desde a cancela, pero el non aparecía, entraron ata a porta e alí petaron. El saíu, e cando os viu invitounos a pasar. Os rapaces cando entraron quedaron moi abraiados por todo o que topara este home escaravellando nos valados. Antes de que marchasen os rapaces el saíu fóra, levantou unha pedra e sacou o santo que estaba desaparecido. Dous días despois pola tarde volveron ata a casa do home. Este cando os viu saiu da casa e díxolle que o seguiran. Todos foron tras del por un camiño estreito ata chegar a unha casa de dúas plantas moi bonita. O Pumariño sacou unha gran chave do peto para abrila. Alí dentro el ensinoulle a casa, ata chegar a un cuarto grande onde había moitos cadros.
Alí o Pumariño deulle a volta aos cadros e coa mesma entrou nun deles. Os rapaces puxéronse nerviosos porque non sabían onde ía. Ao cabo dun pouco o Pumariño apareceu do cadro rindo. El díxolle a Alicia que se metera nun cadro, e ela meteuse nun cadro dunha mazá. Cando estaba dentro ollou para a mazá e deulle un bocado pola parte verde. Ao saír ela explicou o que pasaba dentro dos cadros.
Como viron que Alicia saíu do cadro ben, Álvaro meteuse noutro dunha fraga. Alí el subeu ata o alto dunha montaña. Cando mirou o reloxo deuse conta de que xa era tarde e saíu do cadro. Cando estaba fóra todos lle peguntaron que tal lle fora no cadro. Anxo como tamén quería entrar nun levantouse e foi ata unha esquina onde había moitos cadros. Alí escolleu un cadro dun rapaz xogando a un videoxogo. Cando entrou viu que dous homes coas pernas tortas e con espadas o perseguían. Subiu ata unha terraza que non tiña saída. Os homes achegáronse a el. cando estaban preto, Anxo agachouse e un dos homes bateulle o outro na cabeza. O rapaz escapou, viu unha porta e entrou. Alí dentro había un can moi fero que se botaba a el. Cando quixo saír da habitación atopouse con que a porta estaba pechada. Mirou para unha pata do can e viu que estaba alí a chave para abrir a porta. Mirou nun curruncho un pao, e con este arreoulle na ao cabeza o can. Colleu a chave e saíu do cadro. Fóra estaban os seus amigos para marchar. Os rapaces dixéronlle ao Pumariño que ían volver ao día seguinte. Ao outro día chegaron a casa del, comezaron a camiñar todos xuntos, pero esta vez foron por outro camiño que foi dar por detrás da casa. Cando entraron estes só viron un cadro grande pegado á parede. Entraron nel todos xuntos. Alí viron unha chea de columnas que ían dar á ladeira da montaña. Alí viron unha aldea que era coma na realidade. Había persoas. Cando se deron conta viron dous gardas de seguridade que lle preguntaron os seus datos persoais. Estes foron listos e déronllos falsos. Os gardas dixéronlle que debían respectar unhas normas que lle comentaron. Os gardas leváronos á cidade. Alí todos os amigos visitaron os monumentos que tiñan. Ao acabar achegáronse a unha taberna onde había tres rapaces. Alicia aínda que non podía púxose a falar con eles. Ao acabar de falar o pai chamou polos rapaces.
O Pumariño escoitou unha voz que chamaba por el. Entraron todos dentro da taberna. Alí viron a un home de longas barbas que o coñecía. Por sorpresa era o Señor Duarte, o autor de todos os cadros. Puxéronse a falar da torre, os rapaces miraron cara ela e nun descoido viron unha cousa que brillaba. O Pumariño tamén o viu. Era o pucheiro que tanto buscaba. Todo o mundo miraba como o Pumariño escaravellaba na parede da torre. Este acto atraeu os gardas que arrestaron a todos os rapaces menos a Alicia que se escondeu. Os gardas leváronos á torre. Alí meteron os rapaces nunha cela e o pintor noutra. Cando marcharon os gardas apareceu Alicia para sacalos de alí. Cando todos estaban fóra das celas, Alicia dixo que tiñan que buscar o Pumariño. Estes entraron nunha porta que ía dar a unha chea de escaleiras. Os nosos amigos dividíronse e cando se deron conta viron que Álvaro e Aida baixaban a todo dar con dous gardas detrás. Cando se desfixeron dos gardas foron ata onde o pintor, para que lle dixera por onde subira o Pumariño. Alicia subiu e entrou nunha porta que daba a unha sala cunha mesa no medio rodeada de cadeiras. Nesta sala había unhas portas que foi abrindo. Na primeira apareceulle un garda, na segunda aparecéronlle dous gardas, a terceira xa non a abreu porque tiña medo de que lle apareceran máis gardas, a cuarta abreuna despacio e con coidado pero nesa porta non había nada.
Despois todo o mundo saíu fóra da torre e cando estaban alí chamaron o Pumariño. Este saíu de onde estaba agochado. O pintor díxolle unha cousa e o Pumariño arreoulle na cabeza co pucheiro fecendo saltar todas as moedas polos aires.
Ata aquí vos podo contar, se queredes saber o que posou ao final terédelo que ler. Eu recoméndovolo.
A miña nota é un 6.

Deixámosvos con imaxes da rodaxe da película


Diario dun xove maniático


Este é o meu primeiro libro do curso, unha guía para os adolescentes escrita por Aidan Macfarlane & Ann Macpherson.
Pete Payne é un adolescente hipocondríaco. Ten 14 anos e vive no Reino Unido, con seus pais e dúas irmás. Durante un ano escribe todo o que lle pasa nun diario, cousas como os seus amores e amizades, así como o que descobre medicamente, xa que é un maniatico da saúde. Así, este libro recolle temas como o acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e mais...
O libro está bastante ben, axuda bastante e tamén informa.
Doulle un 8/10

Una luz en la marisma

Este é o primeiro libro que leo neste curso. O seu autor é Xabier Alfaya.
Trata dun rapaz que se chama Gabriel e vive coa súa familia e a súas criadas. O rapaz que estaba enfermo na súa habitación soía mirar pola ventá co catalexo que era de seu avó. Un día viu unha muller ir por un lado da rúa e un home polo outro lado.
A muller atravesou para o outro lado da rúa e foise con el para outro sitio polo que o rapaz xa non lograba ver nada co seu catalexo. De alí a un rato volveron pero cada quen polo seu lado. Cando pasaron unhas horas ,pasou un home que era vagabundo chamado Solapo que ía pola rúa cara a marisma e de alí a pouco tempo Solapo saíu da marisma. Ao día seguinte na vila falábase de que había unha muller medio espida preto da marisma. Dende o balcón da casa do rapaz víase a garda civil na marisma observando e sacándolle fotos á muller asasinada. A nai de Gabriel mandouno ir para o seu cuarto para que non vise o que acontecía na marisma. Cando era a hora da cea estaban todos na mesa e todos calados. Ao día seguinte ,com0 culparan a Solapo do crime ,o rapaz non o cría ,el contoullo á súa irmá África que ela tampouco non o cría. Cando o pai o soubo foron ver as pegadas do coche que estaban marcadas na marisma. O seu pai falou co axente para que as fosen analizar ,pero o axente cando foi ,só dixo que fora perder o tempo porque o día anterior borráranse as pegadas.
Gabriel quería que se soubese toda a verdade sobre Solapo porque el sabía que el non era o culpable do crime. El non podía saber nada do que pasaba porque estaba enfermo na habitación ,pero o avogado un día chamouno por teléfono para contarlle que marchaba porque non atopaba pistas suficientes para defendelo. O rapaz tivo unha idea. Decidiu falar co seu mellor amigo Pucho ,porque el coñecía a Farauteira; ela era a muller á que Solapo visitaba moito. Gabriel pensou que ela podía testificar no xuíz.
El díxolle á criada Ramona que fose falar con el para que viñese á súa casa que quería falar con el . Ao día seguinte ,Pucho xustamente veu visitalo para falar con el. Contoulle todo o que lle pasaba a Solapo ,pero Pucho non quería axudarlle porque Solapo fixéralle cousas que lle desagradaban. Gabriel díxolle que necesitaba que lle axudara porque el non merecía ir para o cárcere sen ter a culpa. Pucho sentía que si que tiña que axudarlle. Entón eles axudáronlle e quedaron para o día seguinte para ir falar coa Farauteira. Á mañá seguinte foron á súa casa e ela recibiu a Pucho e Gabriel quedou fóra agardando. Cando lle contou o que pasaba ,tamén decidiu axudarlle e quedaron para ir ao xuízo para declarar. O día que chegou o xuízo de Solapo ,só foron declarar a favor de Solapo tres persoas ,pero bastou para que se soubese a verdade. O culpable do asasinato desa muller fora un home que a deixara embarazada e el non quería que a súa muller o soubese. Á fin todo o asunto estaba aclarado ,Solapo podía andar con liberdade coa Farauteira ,porque eran mozos de novos e os fillos que tiña a Farauteira eran deles dous ,e o rapaz xa estaba san e podía ir ao colexio.

A miña opinión: Pareceume un pouco bonito e interesante porque che aprende a que os erros que cometes se poden resolver con moito esforzo.

Nota:7

viernes, 20 de junio de 2008

Dous anos despois


Este non é o título de ningún libro. Este é o título dunha aventura que vivimos nós os oito durante dous anos a razón de dúas horas por semana. Tanto tempo deu para moito: para poñerse de mal humor, para mudalo a mellor, para ir aos bungalós de Baiona, para ir de merenda, para saber moito de antroponimia, para rir, para coñecérmonos, ... Foi todo un pracer. Só desexo que a partir de hoxe o destino e as fadas vos sexan propicios. Si a vós. A ti Lucía Leticia. A ti Lucía. A ti Daniel. A ti Iván. A ti Guillermo. A ti Ramón e a ti Santi. Para todos, moita felicidade, moita alegría e sempre. Déixovos un vídeo de Mercedes Péon, Premio Nacional de Música 2008, que estivo hai algúns anos no centro e agardamos que volva vernos.
XVS