jueves, 21 de mayo de 2009

Iberia



Disque a Península Ibérica ten forma de pel de touro. Disque en España hai unha dieta mediterránea. Disque nos gustan as corridas de touro, o fútbol, a sangría e a paella. Disque temos sol case todo o ano...

E ti que dis?

E se amais de opinar queres repasar connoscos a xeografía física e política podes empezar por esta actividade de repaso de Europa e España. Logo facer estes Mapas interactivos e mais este cuestionario sobre xeografía

viernes, 15 de mayo de 2009

Made in Galiza, made in Forcarei

O martes 19 estivo connosco Séchu Sende, de quen lemos varios relatos do seu libro Made in Galiza. Aquí deixamos unha tira cómica tirada a partir dun deles. Agardamos que vos guste.
Uf

viernes, 8 de mayo de 2009

Erros e Tánatos


Este libro esta escrito por Gonzalo Navaza, e ten varias historias.
A primeira historia trata dun galego que está en Suíza e coñece a un italiano, un Don Xoán. O galego ía facer unha viaxe en tren así que foi co italiano. Subeu unha muller fermosa que miraba moito para o galego. O italiano dicíalle que se lanzara a por ela, pero veu un portugués que se adiantou. O italiano, axudándolle ó galego díxolle ó portugués que a muller estaba tola e que se fora. O portugués fíxolle caso e deixouna alí plantada, oportunidade que aproveitou o italiano para irse con ela. Uns días despois apareceu no xornal que o italiano fora devorado polos cans da muller.
____________________________________________________________________
A segunda conta a historia dun rapaz que está nun camarote esperando o día dun concurso de castelos de area. Cando ese día chegou o rapaz fixo o castelo o mellor que puido. O seu castelo recibía admiracións e berros de ánimo. Cando os xuíces foron ver os castelos, foron todo admiracións. Manuel, o rapaz, estaba nervioso. Cando dixeron o nome do cuarto finalista, Manuel posicionouse entre 1º, 2º e 3º. Dixeron tamén o nome do terceiro e segundo. Manuel xa estaba co corazón saído. Dixeron o nome do primeiro... que tampouco era Manuel. O rapaz desilusionouse tanto que foi por un cinto para aforcarse. Pero buscando nos caixóns topou unha pistola. Foi ata onde estaban os xuíces, pero cando ía disparar a arma estaba sen munición. Despois dun anaco chorando, tranquilizouse e acordou que suicidarse non era a mellor solución así que se ía desfacer da pistola. Foi ata unha poza e alí tirouna pero acto seguido aparece un un xuíz, ó que Manuel enganou dicíndolle que lle caera unha pelota e tirouno ó pozo, afogándoo. Volveu ó camarote e foi comer. Chegaron os policías e sinalaron a Manuel. Este asustouse pensando que o cacharan, e foi desmoralizado xunto ós policias. Ó chegar ó lugar onde foron, empezou a chorar. Os policías preguntáronlle que por que choraba, se só lle ían devolver a pelota que perdera.
_____________________________________________________________________
A terceira é que máis me gustou. Trata dun brasileiro que, para estar san, empezou a pasear. Un día no bar entrou un home, dicíndolle que era un vello amigo do seu fillo. Ó principio no se fiou, pero ó final levouno á casa. Ó chegar a neta do brasileiro non se fiaba del, polo que lle dixo ó seu avó que lle dera o número de telefono e que o chamara alí mesmo. Iso fixo. Parecía unha conversación real ata que o brasileiro lle dixo que llo pasara. O amigo do fillo dixo que non llo podía pasar que se cortara. A neta non necesitou máis explicacions. Sacou un revólver e matouno. O brasileiro sorprendeuse. O telefono soou despois, era o fillo do brasileiro preguntando polo seu amigo.

____________________________________________________________________

A cuarta trata dun guía e do seu "guiado". O guía tiña que pasear a un escritor escocés pola zona na que vivía para que coñecera un pouco máis de Galiza mentras non comezaba unha convención de escritores na que se repartía un premio. A noite que chegou o escocés saíron de festa e topáronse cun vello amigo. Cando estaban borrachos o escocés dixo, de broma, que lles daría 5000 se acababan co seu principal rival para que levara el o premio, 2500 a cada un. O guía tomouno en serio e preocupouse. Máis tarde cando ían no coche o escocés quixo conducir, polo que tiveron un accidente, no que o guía rompeu o brazo e o coche levou un g0lpe. O escritor escocés díxolle que lle pagaría o arreglo. Foron para o hotel. Chegaron ó hotel. Ó día seguinte o escocés non saíu do hotel. Ó outro día celebrouse a convención e despois o escocés marchou. Á semana seguinte apareceu no xornal que o contrincante do escocés aparecera morto na bañeira. O guía mandoulle unha carta a ó escocés coa mensaxe "misión cumplida, il migliore intermediario". Ó mes seguinte recibeu un cheque de 2500 e o guía asombrouse. Máis tarde nun programa de radio o guía dixo que o escocés fora culpable da morte do outro escritor, polo que o agarraron e o fixeron calar. Na comisaría deronlle noticias do escocés, e explicáronlle que o cheque de 2500 era para o arreglo do coche.

___________________________________________________________________

A quinta é a dunha muller que estaba moi soa na casa, xa que o seu marido estaba de viaxe sempre, e namorouse dun empresario rico. Paulino Servoi. Era xove e guapo. Empezaron a quedar na casa da muller e a saír por aí. Pero un día citáronse e Paulino non foi a esa cita. Chegou o marido dunha viaxe e invitouna a unha cea con un amigo seu. Era un home baixo, calvo e gordo. Era o verdadeiro Paulino Servoi.

___________________________________________________________________

A sexta é dun rapaz e o home do saco. O rapaz vira o home do saco e asustouse tanto que un soño lle perturbaba a noite. O home do saco era un home que sinalara súa nai para amedrentalo. Un día de nevada que saíu a xogar cos demais rapaces no que chegara a hora da merenda. Cando acabou o rapaz volveu, pero os demais non o fixeron. Así que quedou só. Despois de tirarse 4 ou 5 veces co seu trineo veu outra vez o home que sinalara súa nai. Foi correndo e asustado cara á granxa que tiña un amigo do seu pai. Alí había unha escopeta que colleu o rapaz e coa que lle disparou o home. Cando o rapaz entrou pola porta da casa, feliz por matar o home do saco, veu a seu pai berrando que mataran ó pai de Pedriño de Lores. O rapaz estrañouse de que o pai de Pedriño de Lores fora o home do saco. Ó final descubriu que todo era un soño.

Hai outras historias neste libro que descubriredes cando o abrades e o leades.
A min encantaronme as primeiras historias, aínda que foron en descenso. Doulle un 9.


A pomba e o degolado

Este é outro libro que estou a ler neste curso o seu autor é Fina Casalderrey.
Trata dun rapaz de doce anos ao que lle gustan os paxaros. Seus pais separáranse por mor de que o pai leouse cunha muller na discoteca na que traballa. A partir de aí a súa vida cambiou. Súa nai encerrouse no traballo e non lle facía caso ningún, súa irmá dende que marchou seu pai púxose coma se estivese autista e este escapaba para a casa dos avós onde disfrutaba collendo paxaros. Un día foi co seu amigo ata o cemiterio e viron un niño dun paxaro degolado. Eles como os veu o cura arramplaron polo medio das veigas.
Á noitiña foi co seu avó e colleron o paxaro. Levárono para a casa, déronlle de comer e lavárono. Cando o paxaro xa era grande o rapaz levouno para a casa, ese mesmo día sen darse conta quedouse durmido vendo a tele e aplastouno. Discutiu coa súa nai e marchou para a casa de seu pai en Pontevedra. Ao día seguinte o pai presentoulle a súa nova muller e máis a súa filla. Este como non estaba a gusto marchou de novo para a súa casa. Ao cabo duns días coincideu con eles na casa do avó, a que era súa irmá política ensinoulle unha caixiña que contiña porros, ect... Andrés cando viu iso dixo que renegaba de seu pai. De aí a dous días o avó foi para o hospital. Cando estivo algo mellor foi para a casa, pero non durou moito porque aos tres días de estar na casa morreu.
Andrés cambiou moito, agora xa non escapaba dos matóns da clase senón que lle plantaba cara. Un día levou unha cría de paxaro á clase e cando se deu conta esta estaba a dar brincos pola clase. Halima, unha rapaza da clase, colleu o paxaro e dixo que era dela. Andrés, deulle as grazas a Halima por tentalo encubrir, pero este dixo que non facía falla. Andrés saeu da cuncha e cantoulle as corenta aos matóns da clase. Cando chegou á casa, conectouse a internet para falar coa pomba. Andrés díxolle que era mellor que seguisen como ata agora, porque a el gustáballe Halima. Logo disto volveu discutir con seu pai, desta vez en serio, que non o volveu molestar máis.
O día que foi polas notas, falou con Halima para quedar na casa dos avós del. Ela aceptou. Logo de coller as notas e comer foi para onda os paxaros a esperar por ela. Cando chegou, Andrés soltou os paxaros. Este preguntoulle se ela era a pomba, ela díxolle que si. Logo disto puxéronse a contemplar os paxaros deitados no chan agarrados das mans.
A miña nota para este libro é un 9.


miércoles, 6 de mayo de 2009

América, América


América, América. Un novo e afastado continente que a partir do s. XIX se volveu moi próximo e familiar para os galegos. Como moitos dixeron, América para nós ficaba moito máis preto que Europa. E quen non ten na casa un recordo americano?
E se lle queres dar un repaso á xeografía deste continente fai as actividades que aquí se propoñen.


E, por último, cóntanos que obxectos tes na túa casa que chegaran de América. E non esquezas dicirnos como chegaron ata a túa casa.





lunes, 4 de mayo de 2009

Cazaría salvaxe

Este libro titúlase Cacería salvaxe. O seu autor é Agustín Agra
Este libro trata dun persoaxe chamado Wotan que é a morte.
Wotan saía cos seus cans polas noites pola cima dunha montaña da vila. Este cando saía nunca era por un bo motivo, senón que era sempre para matar á metade da xente que vivia alí, non o facía él, facíano os seus cans.
Un día pola noite cando xa estaban todos deitados, oíron un ruído que fixo levantar a toda a vila, miraron todos para a montaña e alí xa viron dous ollos de lume e un corpo medio invisible rodeado de centos de cans. Era Wotan e os seus cans que viñan matar á xente.
A xente empezou a correr toda para poder escapar, pero os cans corrían máis e empezaron a pillalos e a matalos. De alí a unhas horas, Wotan e os seus cans marcharon por detrás da montaña e desapareceron.
Ese mesmo día, empezou a chover como nunca chovera toda unha semana.
Ó que parou, a pouca xente que quedaba decidiu saír a fóra, todo estaba cheo de cadáveres, e todo cheiraba que tiraba patrás. Andando por alí atoparon a unha muller que estaba a medio morrer, e un pouco máis adiante, atoparon a outro que estaba vivo. Estes colléronos e decidiron levalos para unha casa e coidalos.
A xente preguntoulle como era que aínda seguían vivos, e o rapaz, que se chamaba Rodrigo empezoulle a contar que ía correndo diante de dous cans cando esvarou e caeu no medio dunha brañeira. Os cans ó ir tan rápido non se deran conta de que Rodrigo xa non ía correndo diante deles, senón que quedara tirado atrás, e así foi como se se salvou.
Ela díxolle que se salvara de milagre, sen darse de conta.
De alí a uns días, Wotan volveu a aparecer na cima do monte sen os seus cans. Rodrigo, púxose a mirarlle os ollos cando se deu de conta que non sabía donde estaba e que quedara cego de todo.Tocando todo ó seu redor, deuse de conta de que estaba tirado nunha praia.
Empezou a camiñar e atopou o camiño que o conducía de volta á vila, un río. Cando comezou a andar, algo lle rozou nunha man, el deuse de conte de que era un can.
Ese can foi o que lle axudou a chegar á vila, cando chegou entrou nunha taberna onde había un vello que era só óso e pel.
Pero el traía uns poderes que adquirira na illa que foron os que lle axudaron a acabar con Wotan.
Nota:5

A cabeza de medusa


Este libro que lin titúlase A cabeza de medusa é a súa autora e Marilar Aleixandre
Trátase dunhas rapazas chamadas Sofía e Lupe que eran moi amigas. Elas estaban xuntas na clase. Un día a profesora Olga mandoulles facer un traballo. Era buscar información sobre A cabeza de medusa e ela atopou que era unha cabeza con serpes. Un día elas saíron xuntas de festa e de regreso para a casa non tiñan con quen ir de volta. Elas quedaron coa nai de Sofía en que ían ir para a casa en taxi, pero nese momento non había ningún por alí. A Lupe ocorréuselle a idea de parar a algún coche que pasase por alí para que as levase, pero a Sofía non lle gustaba esa idea. De alí a un pouco achegábase a elas un coche e eran dous rapaces novos da universidade. Eles viron que eran dúas rapazas novas e paráronlles, ofrecéronse a levalas á casa e elas foron. Elas preguntáronlle que por onde ían que elas non coñecían ese camiño e eles dixéronlles que era un atallo. Despois eles pararon o coche nun sitio escuro e dixéronlles que baixaran do coche para ensinarlles as estrelas. Elas baixaron e despois un deles bicou a Lupe, mentres que o outro levou a Sofía para o coche. Alí el forzouna a ter relacions con ela. Ela negábase pero ela non logrou sacalo de encima. De alí a pouco tempo, eles marcharon e deixáronas alí soas e tiradas. Sofía estaba chorando porque fora violada, e Lupe tamén se encontraba mal polo que lles pasara a elas dúas.

Elas chamaron por teléfono á nai de Sofía para que as fose buscar. Súa nai foinas buscar e levaron a Lupe para a súa casa. Sofía, na súa casa, contoulles a seus pais todo o que lles fixeron eses rapaces e entón Sofía díxolle que quería denunciar e o pai levouna á comisaria. Alí, Sofía estaba moi nerviosa. Despois de tanto esperar, dixéronlles que entrara pero ela soa. O comisario díxolle que estivese tranquila e que se era capaz de contarlle todo, que llo contase. Despois de contarllo todo, mandouna marchar e que descansase. Cando ela saíu do despacho, atopouse con Lupe e seus pais. Sofía preguntoulle se viña a denunciar e ela díxolle que si. Sofía despediuse dela e marchou para a casa. Ao día seguinte tiñan que ir ao instituto e Sofía tiña medo de que soubesen a verdade e se metesen con ela, pero xa o sabían todo por información do xornal. A nai de Sofía chamara ao instituto e xa falara coa directora. A directora díxolle que estivese tranquila que antes de que elas entraran nas aulas, xa había informar aos alumnos. Cando elas entraron, ninguén fixo ningún xesto e elas estrañáronse.
No seu instituto, había dous rapaces de bacharelato e metéronse con elas. Andaron escribindo nos baños das mulleres palabras ofensivas para elas, pero a directora arreglou o problema porque unha amiga de Sofía viunos escribindo con esprais no baño e ó final expulsáronos do instituto durante tres días.
Lupe quería retirar a denuncia, pero Sofía sabía que todo se había solucionar e que eles habían de ter o seu castigo .O comisario chamou os pais das rapazas para falar con elas porque...se queres saber como remata este libro leo.
Nota:7

Los armarios negros

O autor deste libro é Jose Manuel Gisbert. Este libro trátase de un rapaz que vive co seu pai nunha casa onde traballa o seu pai. Nesa casa hai un misterio dos armarios.
A señora desa casa chámase Barrientes. A Pablo interésalle moito o que hai neses armarios. A señora Barrientes vive con eles nesa casa.
Ela vive na habitación dos armarios. Á señora Barrientes non lle gusta que Pablo viva aí co seu pai pero o seu pai dille á señora Barrientes que Pablo vive con el porque hai veces que lle axuda. Un día pola mañá o pai de Pablo espertou antes ca el para facer o almorzo. Despois de que almorzaron o Alfredo foi traballar e díxolle a Pablo que tiña que axudalo despois de que acabara de lavar os pratos e todo. Pero Pablo despois de que limpou as cousas foi arriba para escoitar atrás da porta dos armarios xa que alguén facía un ruído alí dentro.


O Alfredo dentro de dez minutos chamou a Pablo para que fose axudarlle. O Pablo esperou cinco minutos máis e foi para abaixo. Pero tiña unha escusa para tardar porque a finca ata chegar ao traballo do seu pai era moi grande. Alfredo xa ía por el pero atopáronse os dous no camiño. Despois de que acabaron de traballar os dous foron para casa. O segundo día chegou unha veciña súa para dicirllle que ten unha rapaza da súa idade e que lle encantaría se Pablo podía ir ata súa casa para falar coa rapaza que tiña un problema cos ollos. Ao día seguinte o Pablo ás catro foi ata á casa desa rapaza para falar con ela. Cando chegou á casa desa rapaza súa nai estaba na casa esperándoo na porta. Acompañouno ata arriba á habitación da rapaza.
Cando chegou á habitación ela estaba deitada na cama. Súa nai marchou e deixounos sós. A chavala díxolle se o podía describir como era porque ela non lo podía velo. Ela díxolle se lle quería ler un libro. El díxolle que non lle apetecía. Despois el dixo que tiña que irse porque o chamou a súa nai. El marchou moi rápido para que a señora non o vise.
Despois chegou á casa e foi axudarlle a traballar ao seu pai. Á noite foron os dous a cear e deitáronse moi cedo. Pablo cando espertou pola mañá foi almorzar co seu pai e despois pola tarde foi á casa desa chica que tiña un problema cos ollos. Cando chegou á porta no estaba ninguén alí. Entrou e a nai da rapaza escondeuse e apareceu cando el estaba no corredor da habitación da rapaza. Ela díxolle que aínda non era as catro para poder entrar na habitación de su filla. Ela foi mirar se se despertou e díxolle a Pablo que podía entrar na habitación. El despois empezou a contarlle un libro de medo á rapaza. Á noite xa se foi para casa. O segundo día el despertouse pola mañá, almorzou e foi axudarlle a traballar ao seu pai. Pola tarde foi ver á Carla. Cando chegou á súa casa ela estaba na cama esperando por el. Empezaron a falar os dous e despois ela díxolle que se lle quería contar a historia de Los armarios negros. El ó principio negaba e dicíalle que iso era unha historia inventada por el. Ela díxolle que non era inventada porque contoulla moi sentimental. El díxolle despois que Los armarios negros estaban na súa casa. Pola noite Carla quería escapar para ver Los armarios negros. E se queredes saber o fin deste libro lédeo.
Doulle un 8.

miércoles, 22 de abril de 2009

Barrotes dourados.

O autor deste libro chámase Pasqual Alapont.
Este libro comeza cun grupo de rapaces que ian ir de cea para celebrar que acabara o curso. Xa estaban todos e só faltaba a moza de Alex.Ó final os rapaces enteráronse porque tardaba tanto a rapaza, e fora porque tivera un accidente e estaba no hospital. Os rapaces foron ó hospital pero acabaron marchando e só quedou Alex. Cando Alex foi comer algo coñeceu a unha rapaza que se chamaba Nuria e que tiña unha tenda de Exipto e se quería pasar algún día por alí que estaba invitado. Despois diso foi onda os pais de Nuria e dixéronlle que Nuria morrera. Despois diso o Alex púxose moi triste e pasou case unha semana no seu cuarto, ata que ao final foi á asociación Papirus e como el se sentía moi ben Nuría díxolle que se quería ir pasar unha fin de semana ao lugar onde facían todo o de Papirus, e el díxolle que si.
Cando estaban alá veu que todo o mundo vestía igual e entón decidiu que el tamen ía poñerse igual que o resto. Nuría ao pricipio estaba moi ben con el pero pouco a pouco foi cambiando ata que casi non lle falaba.
A terceira vez que volveu alí foi falar co que consideraban o xefe que lle dixo que era o seu preferido e que a partir dese momento chamaríalle Sobek.
A Alexandre xa lle gustaba moito estar alí e como Nut non lle dicía nada decidiu ir a falar co líder e dicirlle que Nut estaba moi introvertida e que quería que alguén a axudase. o lider díxolle que non se preocupase que a ia axudar. Dende ese día Nut desapareceu porque lle díxeron que estaba en cuarentena.
Agora se queres saber o final só che queda ler o libro.
A miña nota e un 8.

Do outro lado do espello

Este libro é de Jordi Sierra i Fabra e titúlase Do outro lado do espello. A protagonista chámase Marisa e é unha rapaza de uns dezaseis anos. Marisa ten un montón de complexos xa que todas as súas amigas teñen moito máis peito ca ela e todas teñen mozo agás ela. Marisa odiaba verse no espello porque só sentía noxo e vergoña do seu propio corpo. Aínda que por sorte tiña un bo apoio, Amalia, a súa mellor amiga que a apoiaba en todo. Marisa tamén tiña unha irmá chamada Chari. Chari era dous anos maior ca Marisa. A pesar de ser irmás eran moi distintas. A Chari gustáballe moito ir de festa e sempre estaba cos mozos. Un día Marisa coñeceu a Luís Enrique que era un rapaz que ía con ela ó instituto. El quería facer unha obra de teatro e pensara nela porque Luís Enrique cría que Marisa tiña todas as cualidades. Ó principio ela non o quería facer, dicía que tiña moita vergoña pero de alí a uns días e despois de comentarlle a proposta a Amalia decidiu dicirlle que si a Luís Enrique. Entón Marisa foi á aula do teatro onde ían ensaiar. Ó chegar alí Luís Enrique quedou moi abraiado xa que non contaba con Marisa. Luís presentoulle a todos os seus compañeiros e quen mellor lle caeu foi Fuensanta. Ó rematar a obra Luís díxolle que a quería acompañar ata a casa e así foi. Camiño a casa Luís díxolle se quedaban para maña xa que era fin de semana. Ó día seguinte Luís foi buscar a Marisa a casa e decidiron ir ó cine ver unhas película. No medio da película Luís púxolle o brazo por riba dos seus ombros e de alí a un pouco bicouna. Ela tamén o bicou aínda que ó saír arrepentiuse. Ó dia seguinte Marisa convidou a Amalia á súa casa xa que seus pais irían para a casa de súa tía Carolina. Cando chegaron á casa Amalia díxolle a Marisa se se podía duchar. Cando foron para a ducha Marisa foi con ela e mentres Amalia se duchaba ela non lle quitaba ollo. Ó rematar foron para a cama e Marisa sentiu algo moi raro pero non lle deu importancia. Ó día seguinte Luís convidouna a unha festa que facia un amigo...
Agora queredes saber que pasou nesa festa? Pois é moi sinxelo. SÓ tendes que ler o libro. Eu recoméndovolo a todos xa que a min gustoume moito e por iso a nota que eu lle dou é un 8.

lunes, 20 de abril de 2009

O hobbit



Este libro está esrito por J.R.R. Tolkien. Este libro conta a historia de Bilbo Bulseiro, un hobbit que, un día tranquilo, recibe a Gandalf na súa casa e este cóntalle que acompañe a uns ananos ata as terras do leste. Despois de coñecer os ananos e pensalo moito, acepta. Marchan a unha montaña perigosa, onde coñecen os elfos das montañas os que lles proporcionan armas e provisións. Perden de vista a Gandalf. Unha tormenta titánica alcánzaos e nese intre recuperan a Gandalf. Gorécense nunha cova e os trasgos captúranos. Matan o Trasgo xefe e, por mor da persecución que sufriron despois diso, Bilbo perdese e coñece a Gollum, un ser posuído polo Poder do Anel. Bilbo consegue escapar como pode de Gollum e alcanza ós demais. Pero os orcos tamén os alcanzan a eles, outra vez. Gracias as aguias conseguen saír do recuncho no que estaban atrapados. Despois disto coñecen a Beorn, o único lugareño da Carrocha, que se transforma en oso pola noite. Proporciónalles provisións e cabalos. Grazas a isto, chegaron ó Bosque Escuro, o seu obxectivo, onde Gandalf se despideu do grupo.
Entraron nel, e aí dentro comezou un calvario. Topáronse con arañas xigantes e, nesa situación, Bilbo demostrou valentía acabando coas arañas. Tamén se toparon con elfos, pero estes apresáronos a todos menos a Bilbo, que, ó meter o anel no dedo, volvíase invisible. Aí tardou moito tempo en atopar as forma de sacalos e saír dese sitio. Cando o descubriu, fíxoo, aínda coa desaprobación xeral dos ananos. Cando o seu plan fallou, Bilbo acabou durmindo fóra e os ananos envasados en bocois, isto último era parte do plan de Bilbo.
Cando os puido reunir a todos a duras penas foron á Cidade do Lago, onde recibiron a Thorin, o xefe dos ananos, coma un heroe, aínda que o gobernador da cidade desconfiaba deles. Pero cando lle dixeron que ían marchar ata o seu obxectivo, o gobernador creunos. Pero tamén os deixou marchar por librarse deles. Partiron e chegaron a ladeira dunha montaña. Atracaron ahí e montaron un campamento. Decidiron ir a explorar para topar máis provisións, e, un día, explorando, Bilbo topou unha porta grande. Avisou os demais e foron todos.
Pasaron días antes de que poideran encontrar a maneira de abrila. Cando a abriron tivo que entrar Bilbo só, xa que ós ananos dáballes medo. Baixou por un longo túnel e ó fondo descubriu a Smaug, o dragón que andaban buscando os ananos. Aparentemente estaba durmido, así que Bilbo aproveitou para roubarlle un copón de ouro. Cando volveu arriba e os ananos viron o copón alegráronse moito, pero Smaug espertara e andaba voando por aí e Bilbo díxolles que se meteran no túnel. Así que aí quedaron un tempo. Esperaron a que o dragón chegara para poder saír do túnel, pero tardaba moito. Así que Bilbo decidiu ir á cova do dragón a ver que había. Cando chegou alí o dragón chegara tamén e mantivo unha conversación con Bilbo, na que lle contou que non se fiara dos ananos. Cando volveu, contoulle o que lle dixera o dragón ós ananos, e estes dixéronlle que era todo mentira.
Moito máis tarde decidiron volver a cova de Smaug, aproveitando que na última conversación con Bilbo marchara de novo. Chegou el só á cova e sorprendeuse da cantidade de ouro que había. Topou a Pedra da Arca, que tanto ansiaba Thorin, pero houbo un problema, apagóuselle o facho e comezou a berrar. Bilbo non lles contou o da Pedra. Cando o dragón voltou, enfureceuse e marchou cara a Cidade do Lago. Chegou alí e todos se tiraron á auga para que o lume non os alcanzara, todos menos o Rei Bardo.
Era un elfo arqueiro, que con axuda do seu arco matou a Smaug e converteuse no novo gobernador da Cidade do Lago. Cando Bilbo e os ananos saíron duns túneles que usaron para escapar de Smaug, foron á Cidade do Lago onde se aloxaron, e, mentres durmían os ananos, Bilbo foi ata onda Bardo e doulle a Pedra da Arca. Cando Thorin se enterou disto, enoxouse con Bilbo, botándoo da Cidade do Lago.
Máis tarde cando estaba de volta a casa, Gandalf reuniuse con Bilbo, e pasaron por todos os lugares de onde viñeran. Na súa aldea perdéranlle o respecto a Bilbo. Pero el viviu feliz.
A min gustoume moito, doulle un 8.



Asia


Despois de dedicarnos un tempo ao continente europeo, imos agora coñecer un pouco máis o asiático.
E para empezar podes realizar as actividades sobre mapas que se che propoñen neste enlace. A continuación responde no teu caderno ás 9 primeiras preguntas desta ficha.


martes, 17 de marzo de 2009

Pel de lobo

Este libro que lin titúlase Pel de lobo e o seu autor é Xosé Miranda.
Trátase dun home, da súa esposa máis o seu fillo. O pai é cazador de lobos e algunhas veces leva o seu fillo con el de caza porque lle gustaba o que facía o seu pai. Un día, á noite, chegou un home á súa casa para falar con el. Díxolle que tiñan un lobo grande e eles non o daban matado, e como el tiña fama de ser bo cazador, aceptou axudarlle á parte de advertilo de que era case imposible de matar porque era grande. Ao día seguinte foron dacabalo el máis o seu fillo. Cando chegaron á aldea, que tiveron dificultades para chegar, as mulleres desa aldea ofrecéronlle hospedaxe. Á mañá seguinte foron para cazar os lobos ao monte. De camiño, atopáronse cuns lobos pequenos que lle asustaron os cabalos e o cabalo do rapaz escapou con el por un camiño no que se perdeu.
O rapaz non sabía onde estaba, pero de alí a pouco tempo o pai foi buscalo e o rapaz xa aparecera na aldea. Cando xa era de noite, fóronse para a cama para que á mañá do día seguinte puidesen estar tranquilos para poder ir cazar. Ao día seguinte non lograron matar os lobos grandes que eles querían matar, só lograron matar os pequenos. Os veciños máis ese señor decidiron poñerlle unha trampa que sería unha ovella. Puxéronlla pero non lograron pillar os lobos grandes. Eles pensaban que os lobos actuaban como un ser humano porque non lograban matalos con nada. Despois decidiron asustalos con fogos de artificio, para que se metesen nun sitio que eles lle tiñan preparado para podelos matar, pero os lobos non foron ata alí.
Ao día seguinte foron o señor máis o seu fillo sós porque os veciños non lle axudaban nada. Eles foron e atopárons cos lobos grandes, os lobos enfrontáronse a eles, o señor intentou dispararlle pero un dos lobos empuxoulle e tirouno ó chan. Despois, os lobos marcharon para detrás dunhas rochas onde o rapaz viu que marchaban de pé coma as persoas. O rapaz foi axudarlle a seu pai a levantarse e marcharon.
Nesa masma tarde, o rapaz atopouse cun deses lobos e ...
Nota:7

miércoles, 11 de marzo de 2009

Flanagan Blues Band

Este é o terceiro libro que leo este curso, o seu autor é Andreu Martín.

Trata dun rapaz que quere ser detective, e o seu amigo Charcheneger preséntalle nun bar a un detective de verdade. Este estaba moi emocionado porque coñecía un de verdade. Flanagan ía marchar para resolver un caso cando o detective Laoz insistiu en acompañalo. Non deron resolto o caso porque caeron na lama e tiveron que ir á casa para cambiarse. A este non lle importou porque coñecía a un detective de verdade. Pola noite aí sobre a unha Laoz entrou na casa de Flanagan ás agachadas para dicirlle se lle podía ir polo coche onda a igrexa. Flanagan aceptou e cando chegou á igrexa viu unha chea de xente amoreada e dous coches da policía. A Flanagan non lle importou moito porque el sabía que Laoz era inocente. Entrou no coche, meteu primeira e saíu coma un lóstrego chocando con todo. Devolveulle o coche e meteuse outra vez na cama. Este sentiu sirenas a soar e deuse conta de que pillaran a Laoz. Ao día seguinte, este foi á igrexa disfrazado de boy-scout. Entrou na igrexa preguntando por unha pelota que lle confiscara o párroco. Flanagan foille preguntando á muller cousas do seu interese. Este colleu unha pelota calquera e marchou.

Como xa sabía algunhas cousas e o asilo lle quedaba de camiño foi ata este. Alí preguntou pola criada da vella dos "Garreta" a señora Teresa. Flanagan fíxolle algunhas preguntas para averiguar algo máis. Despois de falar con ela marchou. Ao día seguinte Flanagan foi co Charche ao piso de Laoz, alí púxose a buscar. Mirou no contestador e colleu a casete que había dentro.

Cando ía marchar, escoitou que viña unha persoa e agochouse por fora da ventá. Ao marchar atopouse con Blanca, que lle dixo toda a información que quería. Chegou un seiscentos, era Martina a filla da vella "Carracha". Puxéronse a falar, Flanagan dixo que tiña que facer un caso importante. Esta acompañouno, logo de sacarlle a foto ao Pingüín Fedorento foron ata unha casa para que Flanagan se cambiase. Martina colleulle a roupa e díxolle que non lla devolvía senón lle dicía onde estaban as xoias. Flanagan meteuse no seiscentos espido e díxolle a Martina que foran onda un ex-policía para contarllo todo. Foron onda o ex-policía e comentoulle todo, logo disto Martina devolveulle a roupa e o ex-policía marchou.

Flanagan tamén ía marchar cando Martina lle dixo que esperara. Esta sacou do bolsillo o carrete de fotos na que estaba o Pingüín Fedorento. Logo foi para a casa e chamou a Blanca para que convencera a Vanesa, e fora onda o Pingüín Fedorento. Esta aceptou e foi. Foron ata o bar onde acostumaba estar el. Alí Vanesa fíxolle chantaxe coa foto que lle tirara Flanagan para gañar os planos do Centro Comercial ICS. Logo disto, Flanagan e Blanca foron ata o Centro Comercial para ir estudando como ían facer. Flanagan tivo a idea de dar eles un concerto. Aí é onde da comezo a "Flanagan Blues Band". Flanagan chamou os serial Killers para dicirlle que se retrasaba o concerto para estes actuar. Logo ao día seguinte, estes empezaron a actuar as nove e media. Como estaba previsto as once, houbo un apagón. Todo o mundo empezou a tortas mentres Flanagan e Martina foron coller as xoias.

Ao día seguinte, estes sacaron a Oriol Laoz do cárcere e foron trocar as xoias por diñeiro en metálico. Logo de facer isto entregáronllelo aos Sellarés. Como viron que estaba todo arranxado foron ata o hospital a visitar o Charche, se queredes saber como remata tédelo que ler.

A miña nota para este libro é un 7.


martes, 10 de marzo de 2009

A banda sen futuro

A autora deste libro é Marilar Aleixandre.

Este libro trata dunha chavala de dezaseis anos que empeza a prepararse para o colexio. Sae da casa con súa nai e vai á librería para comprar libros e libretas para o colexio.
Cando chega á librería ve nun periódico unha noticia que lle importaba moito. Cando empezou a lela douse conta que o seu grupo musical favorito desmontouse porque morreu Poch.
Ela tiña un amigo que se chamaba Ricardo que lle regalou un cd do seu grupo musical favorito dos anos 70. O cd chamábase: "El chico más palido de la playa de Gros".
Despois marchou para a súa casa e empezou a escoitar o cd e gustoulle moito. Despois de escoitar o cd foise para casa do seu amigo para pedirlle máis cd do grupo musical que lle gustaba moito. Ricardo gravoulle todos os discos de música que lle gustaban a el.
A chavala estaba na cama e pensaba que falaba con Poch. O Poch sempre cando ía aos concertos tiña o cabelo de punta, as gafas pegadas aos ollos, o micrófono metido na boca, parecía que o ía comer, parecía un chupa chups.
Ás veces o Poch tiña debaixo do micrófono un xamón. O segundo día súa nai dixolle que tiña que empezar a estudar para prepararse para o primeiro día de colexio.
Pero ela díxolle a súa nai que aínda quedaba tempo para estudar e que non empezara o colexio. A ela non lle gustaba estudar pero estaba obrigada por súa nai.
Ao siguiente día a chavala empezou a inventar cousas para non ir ao colexio. Pero foi igual ao colexio porque súa nai obrigouna a ir. Ela non quería ir ao colexio porque tiña o pelo rapado por unha emfermidade da pel. Cando chegou a clase os seus compañeiros empezáronlle a dicir que quitase o gorro pero ela non lle facía caso a ninguén. Unha compañeira súa empezou a preguntarlle por que levaba o gorro posto na cabeza. No recreo a rubia empezou a falar con ela pero ela non lle facía nin caso. Despois de moito tempo a Carlota empézalle a gustar un rapaz que vai ligar coa mellor amiga de ela. Dentro de dúas semanas Moncho namórase de Carlota e empezan a saír os dous. El dille que quite o gorro pero ela dixo que non quería porque ninguén lle veu a cabeza. Ela dixo que sen gorro era moi fea e a Moncho dáballe igual que a el gustáballe moito e non lle importaba o seu pelo Se queredes saber o final deste libro lédelo. Doulle un 9. Gustoume moito.

.

Cando petan na porta pola noite


Este libro que lin ten catro historias e eu vouvos contar unha que se titula" A loba",e é a que máis me gustou, o seu autor é Xabier P. Docampo. Trátase dun home que cada ano ía a unha parada de cabalos que había na Rebórica e alí tiña as súas amizades. Ese home, de camiño perdeuse por culpa dunha gran nevarada que había e non lograba ver nada, tiña que guiarse polas pagadas que había no camiño. O home chegou a unha casa na que lle ofreceron aloxamento. Alí díxolle que quería ir para a Rebórica e que se perdera por culpa da nevarada, e entón díxolle o home desa casa que para o día seguinte acompañaríao o seu fillo ata a aló. De alí a un pouco fóronse para a cama, pero antes de ir escoitaron un lobo e entón preguntoulle se alí nese pobo había moitos lobos e entón contoulle unha historia de lobos que el sabía. O home quedouse asombrado con esa historia. Ó día seguinte, o home foi para a Rebórica e acompañado do fillo e cando chegou...Se queredes saber como acaba esta historia lede o libro
Nota:6

Cando petan na porta pola noite



Este libro é de Xabier P. Docampo e ten catro historias e vouvos contar a que máis me gustou que se chama" O fornadas".
Esta historia cóntalla un pai ó seu fillo. Esta historia é moi vella, trata dunha vella moi lercha que se metía na vida de todos e non deixaba en paz a ninguén. Entón un día unha pandilla deles decidiron ir darlle un escarmento para que deixara de molestar. Entón foron unha noite e entráronlle na casa. Ó principio só tiñan pensado asustala, pero de tal malleira que lle deron pensaron que a mataran e escaparon, pero de alí a un pouco un deles decidiu ir ver se realmente a mataran ou só a deixaran inconsciente. En efeto a vella seguía tirada no chan inconsciente pero non morta. Entón Teixo foi buscar os seus compañeiros para facer algo con ela. A un deles ocorréuselle ila levar a un forno que había no pobo para queimala e non deixar rastros, así foi colleron o carro cos bois e cargárona nel ata chegar ao forno onde a meteron e lle prenderon lume. Cando pensaron que xa estaba ben asada marcharon para a casa. De alí a uns días os veciños botárona de menos. Entón empezaron a sospeitar. Entón viñeron os gardas para saber o que pasara.
Quedades intrigados? Pois para saber o que pasou coa vella e co Teixo só tendes que ler o libro.
A miña nota é de un 7.

Poderosa

O autor deste libro chámase Sérgio Klein.
O libro vai dunha rapaza que ten 13 anos e que se chama Johana Dalva. O nome dela decidírono entre o seu pai e súa nai, e por culpa diso pelexaban moito ata que o pai marchou da casa. Como súa nai estaba moi namorada do seu pai foi á perruquería para que lle lesen o destino do seu matrimonio. Cando chegaron á perruquería a perruqueira fixouse na man de Johana e díxolle que ela podería ter o poder de cambiar todo o mundo se quixese. Johana está namorada dun rapaz que se chamaba Guto, e el tamén a quería e intentaron quedar unha vez no cine pero Johana equivocouse e foi ó cine que non era. Tamén había outra rapaza que estaba por Guto e chamábase Daniela, e para que os rapaces lle fixeran caso fixera dous piercings e outro puxérallo Johana para fastidiala cos seus poderes. Johana fora un día á perruquería e alí atopara o a unha muller que falaba dun home que se estaba a separar e que xa estaba con ela. Johana cando oíu iso pensou que era o seu pai e decidiu que ía ir ó sitio onde ían quedar para comprobar que era seu pai. Cando foi ó restaurante comprobou que non era o seu pai que era o de Leninha a súa amiga, pero a súa amiga non se enterou. A nai de Johana pediulle que lle axudase na volver arranxar as cousas con seu pai e Johana axudoulle cos seus poderes e o seu pai volveu para a casa sendo un romantico enpedernido e foron facer unha segunda lúa de mel. Mentres ían de lúa de mel a súa avoa Nina curarase e tigira o pelo de vermello. Como seus pais non ían estar na casa ían a ir a unha festa e para non ir soa escribiu nun papel que a súa avoa tivese os mesmos anos que tiña ela e iso ocorreu. Cando estaban na festa Johana tivo que marchar e pediulle a súa avoa que vixiase de Daniela para que non lle roubara a Guto.
Vindo Johana para a casa veu que súa avoa estaba cun rapaz e cando veu o rapaz douse de conta de que era Guto. Dende esa Johana non lle falou máis a Guto.
Súa nai chegara antes do normal da viaxe e dixéralle a Johana que fora porque o seu pai era demasiado romántico e xa o aborrecía. Como a avoa de Johana aínda era unha rapaza Johana botou a correr para escribir nun papel que súa avoa volvese ser unha vella, pero caeu polo camiño e rompeu o brazo. Como rompeu o brazo non puido facer que súa avoa volvese ser vella e súa nai decatouse dos poderes que tiña a súa filla. Agora se queres saber o final tes que ler o libro.
Este libro estaba bastante interesante e doulle un 7.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Europa I



Despois do paseo polo continente africano, coa súa música incluída -e xa sei que vos gustou o raï- imos dar un pulo e agora toca o vello continente europeo. E desta vez na radio soará música dos países máis orientais de Europa. A ver se vos gusta.
Imos empezar polo relevo. Chuza aquí e aquí.E continúa con esta actividade.
Aquí tes máis actividades sobre:

E agora imos facer algunhas actividades relativas ao mapa político de Europa. Podemos continuar por aquí. E se aínda non estamos seguros chuzamos aquí. E como non hai dúas sen tres pois facemos estoutra actividade e aí vai a derradeira. E como resumo, chuzade neste enlace.

E que vos parece toda esta serie?

lunes, 2 de marzo de 2009

Pel de Lobo


Xose Miranda escribiu este libro, chamado Pel de lobo. Esta historia trata dun rapaz de dezasete anos que vive con seus pais e o seu querido can Bal nunha casa, non moi luxosa. Seu pai é un recoñecido cazador, que vive diso, da caza. Un día chega un estraño home á casa do rapaz, e pídelle ó seu pai que mate un lobo moi grande e raro. O pai do rapaz non cre a ese home estraño xa que a historia que lle conta non é crible, pero o home ensínalle unhas rabuñaduras que verifican a historia. Cando están de camiño cara a aldea xa oíron uns lobos oubear. De noite chegaron a unha casa onde vivían unha "señora" e outra muller. A "señora" díxolles que non se ían enfrentar a un lobo normal, xa que se contaba que eran dous lobishomes. Un negro e un branco, grandes e cunha mentalidade humana. Ningún cazador era capaz de cazalo. Xa recorreran a unha chea de cazadores e, como oíran as historias do pai do rapaz, chamárono a el. Explicáronlle como era e como actuaba o lobo. Despois de pasar a noite na casa da "señora", e esperar ata a seguinte noite para ir á cazar. Volveron sin os lobos que buscaban. De camiño toparon unha casa grande con dúas rapazas, das cales unha delas gustáballe ó rapaz. Unha rubia e gorda e outra morena e delgada. Unha tímida e a outra lanzada. Esa noite comeron todos na casa da "señora", que se chamaba Rosa dos Chantos. Nela tiveron unha discusión por mor do lobishome. Todos crían que si era un lobishome menos as rapazas e o seu pai. Nesa noite estaban todos durmindo e oíase un ruído fóra, así que Puga, o fillo do cazador, levantouse para mirar que era. Pola fiestra veu que era un lobo negro. Negro e grande. Despois veu que a porta se abría, así que foi cerrala rapidamente e veu o fociño do lobo. Os veciños xa cansos, decidiron entre todos facerlle unha redada ós lobos, así que esperaron a noite para empezar. Cando xa estaban preparados, uns homes foron espantar ós lobos para que caeran nunha zanxa que previamente cavaran. O resto estaba detras da zanxa por se algún lobo lograba escapar. Empezou todo, e todos vían que os lobos que pillaban eran os normais, nin rastro dos lobishomes. Pero era cuestión de tempo. Apareceron os lobos grandes e empezaron a facer estragos. Mataron a moitos. O pai de Puga, Fulxencio, estaba no medio do campo apuntando coa súa escopeta ó lobo negro cando este lle saltou enriba e lle tirou a escopeta. Puga correu a cubrirse nunha casiña que había por alí abandoada. Cando estab dentro escondido, o lobo negro entrou dentro. Puga escondeuse detras dunhos sacos. Cando estaba observando ó lobo, veu que se transformaba nunha rapaza que se quitaba unha pel negra de enriba. A rapaza era a filla do home que non cría no lobishome. Despois desto Puga queimou a pel de lobo negra e casouse coa rapaza.
Nota:7

Flanagan de luxe

Este libro titúlase Flanagan, o seu autor é Andreu Martín. Trata dun rapaz e dunha rapaza que son socios dunha empresa de detectives.
Un día Flanagan que era o rapaz decidiu invitar á rapaza a cear, e ela aceptou. Cando chegaron á casa dela Flanagan decideu bicala. Pero eses bicos foron cada vez eran máis frecuentes. Un día el díxolle a ela que era mellor que non se bicaran máis porque de mozos íalles ir moi ben pero cando cortaran íanse levar mal e non habían de querer seguir xuntos no negocio.
Un día chamárono por teléfono, era a súa amiga Nines, que levaba moitos anos sen vela. El preguntoulle que quería, e ela preguntoulle se podían quedar nun bar que se chamaba A Estación. El díxolle que si. Cando Flanagan chegou, aínda non chegara Nines.
De alí a un pouco veuna entrar pola porta, pero detrás dela tamén viña un rapaz moi chulo. Cando se sentaron á mesa Flanagan preguntoulle que querían e Nines empezou a contarlle que había dous camelos que andaban atrás del porque lle perdeu un paquete de droga que custaba 100 millóns e querían matalo. Errreá preguntoulle se se podía agochar na casa de alguén uns cantos días, e el díxolle que si.
Ó día seguinte levouno á casa de María, que era a socia de Flanagan.
De alí a uns días, decidiron marchar Nines, Flanagan, María Gual e mais Erreá para a casa de Erreá.
Cando chegaron a Sant Paul, un pequeno que había alí díxolle que había dous camelos preguntando por eles. Eles, co medo, dicidiron escapar no barco do pai de Erreá.
Cando estaban no medio do mar, saíron os dous camelos da bodega do barco e mataron a Erreá. Flanagan saltou pola borda e conseguiu escapar, pero non daba chegado á orilla. De alí a un pouco, pasou por alí unha lancha. El decidiu parala para poder subir a ela e chegar san á orilla. Cando os viu ben, douse conta de que eran os irmáns de Flanagan. Els vírono e decidiron pararlle. Cando subiu á lancha contoullo todo e dicidiron denunciar. Despois de falar coa policía descubriron que era todo mentira. E se queres saber o final, le o libro.
Nota:7

AS MIÑAS PULSEIRAS



As miñas pulseiras son todas regaladas por xente que quero moito. A dos axóuxeres hai pouco que ma regalaron, regalouma meu irmán pequeno a ultima vez que foi de excursión. As dos olliños regaloumas a miña avoa supostamente son da sorta e cada unha ten un significado distinto. A das pedriñas lilas é a máis valiosa para min, regalouma alguén moi especial o día do meu cumpreanos. E por último as outras que quedan fixéronmas rapazas que coñecín no verán pasado.

Pel de lobo

Este libro que eu lín titulase Pel de lobo e é de Xosé Miranda. O trátase dun home que é cazador e mata lobos, o seu fillo algunhas veces tamén vai con el. Un día a noite, un home chamado Eduardo, foi ata a súa casa para dicirlle se el podía matar un lobo grande que había no seu lugar, que xa matara unha rapaza e algunhas persoas maiores. O home quedou de axudarlle e que xa ía ir mañá. Ó día seguinte o home foi e foi tamén o seu fillo. Eles foron a cabalo e cando chegaron alá, hospedáronse na casa do señor Eduardo. Ó día seguinte foron ata o sitio onde pensaban que estaban os lobos pero non había nada. Cando estaban na casa á noite, mentres estaban ceando, discutían de que estes lobos non eran lobos normais, senón que eran como lobishomes. O pai do rapaz díxolle que non dixese iso, porque non era verdade. Os homes foron a porlle unha trampa, e puxéronlle unha ovella. Os lobos viñeron a comer a ovella pero despois escaparon e os homes non lograron cazalos. De camiño para a casa pensaron en facerlle un cerre e porlle alí a trampra para ver se entraban e así os podían pillar. Pero só puideron cazar os pequenos xa que os grandes non foron.Ó día seguinte volveron e un dos lobos feriu o fillo de Eduardo. Entón Eduardo disparoulle ó lobo e os lobos escaparon correndo para detrás dunha rocha e de alí a un pouco os lobos saiíon convertidos en persoas.
Agora se queredes saber quen eran o que tendes que facer e ler o libro.
A nota que eu lle dou é un 5

viernes, 20 de febrero de 2009

Saída a Santiago + El sí de las niñas

Vouvos contar a excursión que fixen hai uns días. Fun a Santiago de Compostela, principalmente a ver unha obra de teatro, aínda que tamén fun á catedral, á parte do Palacio de Xelmírez, onde había unha exposición, unha galería de fotos de todo o mundo. A exposición titulábase Roma-Santiago.


O meu grupo e eu tivemos que buscar unhas palabras que a profesora nos deu. Despois fomos andando ata o C.E.I.P / I.E.S La Salle onde puidemos facer unha parada e descanso antes de entrar no teatro e sentarnos a ver a obra " El sí de las niñas".



Unha rapaza, Dña. Francisca e obrigada a casar cun señor moito maior ca ela, só polo interese da súa nai polo diñeiro. Pero a rapaza non está namorada del senón doutro rapaz, máis acorde coa súa idade, e que é militar. Eles os dous vense a escondidas, e o rapaz, Carlos, di que se vai desfacer do prometido de Francisco, sen saber que este e o seu tío. Así que, cando os criados de Carlos e Francisca lle arreglaron unha cita, Don Diego, o tío de Carlos e prometido de Francisca, sorprendeunos e mandoulle a Carlos volver ás filas do réxime militar, pero Carlos volve e dálle unha carta a Francisca, que intercepta Don Diego. Este ó comprender que está estorbando nunha relación, permítelles verse e continuar coa relación, cousa que á nai de Francisca non lle acaba de gustar.


A pulseira de Raquel


A miña pulseira sérveme para poñer no pulso da miña man. O seu tamaño é pequeno e de forma delgada. Ten unhas arandelas de dobre fío e cunha placa onde ten escrito o meu nome en maiúsculas e a data de nacemento. A súa cor é de prata. Para min ten un valor moi especial porque regalouma miña nai con moito aprecio e cariño. O seu prezo non o sei porque é un regalo. A súa procedencia tampouco a sei. Para min non se pode comparar con ningunha outra porque aínda que haxa algunhas máis bonitas só me gusta esta.

Unha estrela no vento

A autora deste libro chámase Ledicia Costas.
Este libro vai dun rapaz que se chama Miguel. No instituto había unha rapaza que estaba namorada de Miguel e quedaran para ir despois de clase a un bar que se chamaba a Lagoa. Cando estaban na Lagoa había unha rapaza que estaba vendendo rosas e todo o mundo se ría dela pero Miguel foi alí e defendeuna. Ela díxolle que se chamaba Reina. Cando Miguel estaba andando para ir para a casa atopouse cun rapaz que lle chamaban o Bruto, e como días anteriores Miguel o insultara agora o bruto queríalle das unha malleira, e cando lle empezou a pegar el insultouno e entón o Bruto doulle unha navallada, e el quedou alí tirado no chan ata que o atoparon.
Despois de ir ó hospital foi para a casa e alí seu pai díxolle que ía uns días de vacacións e despois deuse conta de que seu pai ia pasar uns días coa súa amante entón seu pai marchou da casa. Cando estaban na casa chamou unha persoa e díxolle que morreran o seu irmán e mais a a súa muller e que o seu fillo que era descapacitado fora o único que sobrevivira.
A nai de Miguel foi ao seu enterro e de paso trouxo a Abel para vivir con eles. Abel e Miguel levábanse moi ben e pronto se instalou. Despois de que pasara un pouco de tempo o pai quixo volver para a casa pero non lle deixou Miguel.
Un día que estaban na Lagoa, Miguel saíu para fóra con Reina para estar un pouco máis tranquilos, alí fora atopounos un amigo do Bruto e díxolle dentro de pouco pasarian por aí para arranxar contas. Reina díxolle que o Bruto era o seu irmán pero que ela estaba da súa parte. O pasar un minutos apareceu por alí o Bruto cuns amigos pero non pelexaron porque a pelexa ía ser o domingo non antes. O seu curmán Abel díxolle que quería estar presente na pelexa senón diríalle a súa nai o que ía facer. Despois de que o Bruto vise que Reina estaba da parte de Miguel botouna da casa e foi vivir para a de Miguel.
Chegou o día da pelexa estaban todos alí, eran máis da parte de Miguel que da do Bruto, pero na pandilla do Bruto estaba o que fora o seu amigo. Cando comezou a pelexa Abel díxolle que se quería estar alí era porque sabía que así Miguel non pelexaría porque tería que estar pendente del.
Agora se queredes saber o final só vos queda lelo.
A miña nota é un 10 porque é moi bonito.

miércoles, 18 de febrero de 2009

El collar de Marius




El collar es de oro. El oro es un material muy caro que cuesta por lo menos cien euros y tiene una procedencia de un país muy rico en oro.
Ese país es Turquía. Tiene mucas partes y es muy dificil de trabajar con el oro.
Está entre los cinco materiales más caros del mundo y no se puede conseguir muy rápido.
Tiene un color amarillo brillante. Tiene un tamaño de 50x2cm. Es como un collar normal pero tiene muchas diferencias. No tiene el mismo color, forma y esctructura.
Sirve para atarlo al cuello y que queda hermoso. Para mi tiene un valor sentimental muy grande porque me lo regaló mi abuela cuándo cumplí diez años.

O pendente de David


O pendente que vou describir é de cor branca.
Está composto de tres partes:unha variña e dúas porcas.
As porcas teñen forma de pico, e son de cor branca e moradas. A variña é de cor prateada e curvada.
Para poñelo tes que meter a variña polo buraco da orella e despois poñerlle as dúas porcas, que se lle poñen enroscándoas na variña.
A min gústame telo posto para decorar, aínda que o día que o fixen non me gustou moito pola dor que pasei.



O reloxo de Jonatan

Aqui tedes o obxecto que sempre me acompaña: o meu reloxo.
O meu reloxo é de plástico e ferrro. O tamaño é o dun reloxo normal, e a forma é moderna. Ten a correa de plástico, a caixa de metal pulido e algo de plástico nos bordes. As agullas están feitas de ferro e material fluorescente e os números, árabes, están impresos nunha lámina de chapa. Ten unhas cores frías, azuis e negras. As azuis para a correa, negra para os bordes de plástico e azuis e pratas para a caixa e o resto.
O prezo non o sei xa que foi un agasallo e valor sentimental para min non ten ningún pero o reloxo gústame bastante polo seu deseño.


Chaveiro de Dani

Este obxeto é o meu amuleto porque a todos os lados que vou sempre me acompaña.
Está feito de metal de cor gris.O seu tamaño é pequeno. Ten a forma dunha lágrima, nel distínguense tres partes: un aro onde se pon a chave e unha pequena cadea que agarra a parte máis importante do chaveiro, a parte de metal co escudo gravado.
Serve para xuntar e para non perder as chaves, aínda que hai moita xente que as perde igual. Nel diferéncianse tres cores: azul, granate e branca.
O seu valor para min é moi grande xa que ten gravado o escudo do meu equipo favorito. O seu prezo non o sei porque mo regalaron. A chave que se ve é a da miña casa. Sen ela non vou a ningún lado porque senón despois non podo entrar.