Este non é o título de ningún libro. Este é o título dunha aventura que vivimos nós os oito durante dous anos a razón de dúas horas por semana. Tanto tempo deu para moito: para poñerse de mal humor, para mudalo a mellor, para ir aos bungalós de Baiona, para ir de merenda, para saber moito de antroponimia, para rir, para coñecérmonos, ... Foi todo un pracer. Só desexo que a partir de hoxe o destino e as fadas vos sexan propicios. Si a vós. A ti Lucía Leticia. A ti Lucía. A ti Daniel. A ti Iván. A ti Guillermo. A ti Ramón e a ti Santi. Para todos, moita felicidade, moita alegría e sempre. Déixovos un vídeo de Mercedes Péon, Premio Nacional de Música 2008, que estivo hai algúns anos no centro e agardamos que volva vernos.
XVSviernes, 20 de junio de 2008
miércoles, 18 de junio de 2008
FRANKENSTEIN
Este libro de M. Shelley trata dun home que viaxa ao polo norte nun barco baleeiro xunto á súa tripulación.
Este home é o capitán do barco. Un día observan ao lonxes un home co seu trineo no xeo. Ao día seguinte encontran a un segundo. O capitán ao ver a un home moribundo apiádase del e recólleo.
Despois de curalo toda a tripulación pregúntase de onde viña este home e que facía alí.
Por cortesía ningún tripulante llo pregunta, nin sequera o capitán. Entón, el mesmo disponse a contarlle a súa historia ao capitán.
Resulta que era fillo de dous británicos de clase media, tivera unha infancia moi feliz xunto a súa irmá e a un amigo. Interesouse pola alquimia e estuduo durante varios años.
Nota: 6
XUNTOS E MÁIS NADA
Este libro foi escrito por Anna Gavalda.
Esta historia sitúase en París preto da Torre Eiffel. Cóntanos a historia de tres persoas que son moi parecidas. Paulette era a avoa de Frank, pero quen se encarga de Paulette era unha amiga. Cando está enferma o seu neto vaina visitar casi todos os días ao hospital, encambio a súa filla non quere saber nada dela. A relación entre nai e fillo non era nada boa. Frank traballaba na cociña dun restaurante. Frank conoceu a Philibert e foise a vivir con el porque o invitou a irse á súa casa.
Philibert empezou a falar coa súa nova veciña. Ela chamábase Camille. Ela vivía no último cuarto do edificio, nun cuarto das criadas. Cando se puxo enferma Philibertl levouna para a súa casa.
Finalmente Camille e Frank fixéronse mozos e viviron xuntos. A avoa acabou morrendo. (Se queres saber toda a historia xa sabes tes que ler o libro)NOTA:8
A Cova das Vacas Mortas
O protagonista é un rapaz que vive nunha comuna nunha vila que se chama Foxo. Vive coa súa nai que sempre está borracha e drogada pero el xa está acostumado porque xa o facía dende pequeno e ademais a súa nai cultiva plantas de marihuana para despois vendelas e sempre lle vai a garda civil a casa. Un día chegan á vila os donos das casas e como son todos ocupas algúns marchan para os seus países de orixe que está a miles de quilómetros de alí. O seu avó vive en Bérlín e padece de Alzheimer e cand0 morre a avoa, o avó vai vivir co seu neto e coa súa filla a Foxo. O neto sácao a pasear todos os días e o seu avó cóntalle que traballou de fotógrafo con Leni que naquel momento dicían que era a moza de Hitler. A Foxo chega unha rapaza que se chama Iria e un día o avó desaparece. O rapaz gardara as fotos na cova das vacas mortas porque lle dixera ao rapaz que se un día lle pasase algo que lle escondera as fotos. Se queredes saber como acaba o libro lédeo. Está moi ben
NOTA:7El misterio de la cripta embrujada
Este último libro que lin está escrito por Eduardo Mendoza.
Trata sobre un enfermo mental que é recluído por un axente para investigar a desaparición dunha rapaza. Elixírono a el porque era un pobre home e se llo pedían a el íao facer sen pedir ningún favor a cambio. Co paso do tempo descobre quen era a rapaza que desaparecera e descobre tamén por medio de Mercedes, unha ex- compañeira de clase, que naquel colexio había unha cripta. Dentro daquela cripta descobre que houbo moitos asasinatos pero se de verdade queredes saber se o protagonista descobre ou non o misterio teredes que ler o libro.
O libro gustoume moito porque me encantan os libros de misterio.
NOTA: 8
El niño del pijama de rayas
Bruno é un rapaz que vivía en Berlín. Ten que marcharse a Auschwitz poque seu pai era un xeneral que tiña que vixiar o campo de concentración. Bruno cando chegou alí o primeiro que observou foi que aquelo era moito mais feo que Berlín. Aquelo parecíalle moi aburrido posto que o primeiro ano non coñecía a ninguén. Un día cooñeceu a un rapaz que vivía dentro da reixa do campamento. Chamábase Shmuel. Colleu moi boa amizade con el posto que o ía visitar todos os días despois das clases. A nai de Bruno decide volver a Berlín. A Bruno xa non lle facía moita graza volver porque agora tiña alí un novo amigo. Para saber o final hai que lelo.
Pareceume un moi bo libro.
NOTA:9
Flanagan, só Flanagán
NOTA: 9
Nota:8 porque pareceume un libro moi interesante e intrigante.
lunes, 9 de junio de 2008
RETRINCOS
Este libro ten cinco relatos. O seu autor é Alfonso Daniel R. Castelao. Vouvos resumir tan só un deles:
O pai do pragonista estaba vivindo na Pampa Arxentina e un día chamou pola súa muller e o seu fillo. Estes marcharon para xunto el. Onde vivía o seu pai era unha casa que tiña tenda, pero como había moitos ladróns o mostrador estaba protexido por unha fenda con barrotes de ferro. Esa tarde cando estaba alí o protagonista chegou un ladrón no seu cabalo, cando se dirixiu ao mostrador caeu, o dependente dixo que estaba morto. Esa noite puxérono encima da mesa de xogar ao billar, ao seu redor tiña velas. Cando era hora de ir cear a nai do protagonista preguntaba por que había luz na tenda. O rapaz foi dormir e non lle contou nada a súa nai así que polo tanto soubo gardar o segredo.
Outros relatos son "Peito de Lobo", "O inglés", "O retrato" e "Sabela" da que recordo as últimas palabras:-Meu bailador!
Nota: 8
Os comedores de patacas
NOTA: 5,5
viernes, 23 de mayo de 2008
Sandokán
Este é un libro de piratas no que ao protagonista non lle gustan demasiado os ingleses dado que cando era máis pequeno os ingleses mataron a toda a súa familia e dende aquel día xurouse a si mesmo que vingaría a súa famila.
O libro empeza narrando que nunha illa estaba el só, o pirata máis temido do momento. Ese pirata é Sandokán. Este home estaba situado fronte a unha casa fumando un cigarro e divisando ao lonxe un barco. Cando chegou o barco á illa baixou del Yáñez, un irmán de Sandokán. Tan pronto baixou do barco Sandokán foino saudar e mandouno entrar na súa casa e póñense a falar dunha muller loura á que Sandokán non coñecía pero que quería saber quen era.
Despois de varias aventuras Sandokán e os seus homes van recuperar a muller loira dun lord e retirarase da piratería.
NOTA: 7
NOTA: 7
O vixía no centeo
Trata sobre un home que conta a historia que lle aconteceu no seu pasado cando era rapaz. El sabía de pequeno que o ían expulsar do colexio e entón decide deixalo antes. Cando deixa a escola non fai máis que dar voltas ó redor de Nova York. Dá voltas por Nova York durante tres días e descobre que vive nun mundo onde os adultos sempre teñen a razón e ten moitos intentos de fuxir de onde estaba e marchar lonxe, a un lugar donde ninguén puidera encontralo e así non sería molestado por ninguén. Seus pais non sabían nada de que a el o expulsaran do colexio e el decide que é mellor que non se enteren. Se queredes saber que lle ocorre ó protagonista neses tres días recoméndovos que leades o libro.
A min o libro gustoume moito porque é moi interesante e porque os libros de aventuras gústanme case todos.NOTA: 8
Tim el salvaje
"Tim o salvaxe" foi escrito por P. J. Gary Backwood e editado pola editorial Casals.
Tim era un rapaz moi estudoso ao que se lle dan moi mal as actividades físicas polo que seu pai decide levalo de camping para que se empezara a acostumar a vivir por si só. Os dous primeiros días no campamento foi de pesca e o terceiro foi cortar leña para encender unha fogueira. Perdeuse e cortouse nunha perna coa machada. Botou dous días sen poder moverse. Despois cando puido empezar a andar había que buscar algo que comer e debeber. El contaba que o atoparan axiña pero a cousa tiña mala pinta. Todos os días facía unha cabana que lle permitira durmir máis quente e se chovía non se mollar. Decideu andar pola beira do río cara a súa desembocadura, así atoparía algunha vila. Polo camiño, atopou un lago que tiña moitos peixes pero non tiña con que cociñalos polo que creou coas sus gafas unha lupa e encendeu un lume.
Facendo unha cana para pescar rompeu a súa lupa polo que agora case tiña que atender case todo o tempo do lume.
Se queres saber o final terás que ler o libro.Gustoume porque é moi intrigante e divertido.
NOTA:7
martes, 13 de mayo de 2008
Xuntos e máis nada
A autora deste libro é Anna Gavalda.
Este libro trata de tres persoas que teñen un vida semellante (solitaria, triste, amargada,...). Unha das protagonistas é unha moza (Camille) moi débil que vive nunha habitación moi cutre de París ela soa. Traballa limpando oficinas de noite e polo día pásao na súa habitacón durmindo e lendo libros porque non ten amigos con quen pasar o tempo. Pero un día púxose gravemente enferma porque traballaba moito e apenas comía. Entón o seu veciño Philibert o non vela como de costume, preocupouse e decidiu ir ver o que lle sucedía. Ao atopala tan mal decidiu baixala o seu piso para coidala e para que a vira o médico. Dende ese día Camilla estivo moi ben coidada por Philibert e contábanse moitas cousas. Camille con quen non se levaba ben era con Franck o inquilino que vivía con Philibert. Despois de moitas aventuras, Camille acabou traballando do que realmente lle gustaba que era o debuxo, seu amigo Philibert casou e Franck acabouse namorando de Camille que finalmente conseguiu que esta se namorara del, despois de tantas cousas que pasaron xuntos.
Nota:10 porque pareceume un libro fabuloso e cunha historia moi bonita e bastante realista, por eso vos aconsello que o leades.
DRÁCULA
Drácula é un libro de Bram Stoker. Trata dun home que é avogado e é enviado a Romanía a facer uns trámites de venda dunha casa, pero o novo propietario da casa que hai en Inglaterra é o Conde Drácula. O avogado, Jonathan Harker despois de facer só o seu traballo é encerrado no casteloo sen poder saír do mesmo. Drácula trasládase a Inglaterra á súa nova casa e todas as noites ataca a Lucy Westenra, a mellor amiga da prometida de Jonathan. Entón un dos seus mellores amigos, o doutor Seward dáse de conta de que algo raro está pasando e chama ao mellor médico e científico da época, o profesor Van Helsin .
Van Helsin, o Doutor Seward, Arthur,Morris e mais Lord Godalming intentan salvar a pobre Lucy pero non o conseguen e Lucy convértese en vampiresa. Despois entre todos acaban con ela mentres descansa no seu ataúde de día. Cando Jonathan escapa da torre e volve de Transilvania únese ó grupo para dar con Drácula e acabar con el dunha vez por todas.
Se queres saber máis deste libro lédeo.
Recoméndovolo, é un libro moi bo, que engancha moito e bastante interesante.
Póñolle de nota un 9.
martes, 29 de abril de 2008
ASASINATO NO ORIENTE EXPRESS
A historia deste libro transcorre nun tren. O que leva a responsabilidade desta viaxe chámase Poirot. Ten dous compañeiros un chamado Bouc e outro Constantine. Este tren ten varios vagóns e diferentes compartimentos. Neste tren aconteceron moitas cousas, pero o máis estraño foi un crime durante unha viaxe moi longa. Poirot empezou a investigar a xente que visitaba ese vagón, despois de encontrar a Ratchell morto con doce coiteladas no pescozo. Cando Poirot preguntaba moito os pasaxeiros mentian iso foi debido a que todos eses pasaxeiros do vagón traballaran na casa dos Amstroms. Resulta que nesa casa raptaron a rapaza máis pequena chamada Daisy. Cando Poirot quería descubrir quen fora o asasino decatouse de que todos podían ser, pero finalmente o asasino foi Peter Michel este era o revisor dos corredores e atendía os compartimentos cando o chaman polo timbre.
Se queres saber como foron as cousas paso a paso xa sabes, tes que ler o libro.
Eu recoméndolle este libro a todos que lle gusten as historias de intriga.
NOTA: 9
O neno do pixama a raias
NOTA:7,5
martes, 22 de abril de 2008
Robinson Crusoe
Resistencia
Este libro trata dun rapaz chamado Dinís que a maior parte do tempo pasábao coa súa veciña chamada Carmen. Vivía nunha casa moi pobre xunto coa súa nai chamada Isaura. Ela traballaba de peixeira, repartía o peixe polos alredores da vila onde vivía. Estaba namorada dun home chamado Antonio que traballaba nunha fábrica. Na súa vila as veciñas estaban todo o día falando dela xa que estaba solteira e tiña un fillo. O pai dese rapaz era Antonio o mozo da súa nai da xuventude. Cando Isaura morreu Dinís foise a vivir preto da praia. Estando alí nun verán coñeceu a unha rapaza da que se namorou dela. Esta rapaza ao chegar o final do verán marchaba para a cidade, pero aínda así o seu amor sobrevivía porque se escribían todas as semanas. Dinís enterouse da morte da súa nai cando tiña idade de entender esas cousas. Se queres saber o final deste libro tes que ler o libro.
NOTA:8
Eu recoméndolle este libro a todas as persoas que lles gustan as historias enredadas.
Rosa Aneiros falando de Curros:
NOTA:8
Eu recoméndolle este libro a todas as persoas que lles gustan as historias enredadas.
Rosa Aneiros falando de Curros:
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Balbino é un rapaz da aldea. Ademais de vivir na aldea era dunha familia moi pobre polo que nunca saíra de Galicia e el quería ir para América. Seus pais eran caseiros e Balbino non entendía moi ben por que tiñan que darlle parte das ganancias e parte do que recollian ao dono das terras nas que traballaban. Balbino levantábase moi cedo polas mañás para levar as vacas ao monte e logo ir para a escola. Balbino era un rapaz que sempre estaba pensando porque pasaban as cousas como pasan. Un día veu unha profesora nova da que se namorou. Outro día coñeceu o seu mellor amigo que se chamaba Lelo co que compartía todo.
A Balbino nunca lle saían as cousas moi ben. Pronto quedou sen porque o seu amigo marchou para América, morreulle seu avó e outras cousas que para sabelas terás que ler o libro.
Pareceume un moi bo libro porque fala de como foi Galicia no pasado.
NOTA:9
NOTA:9
Orgullo e prexuízo
A autora deste libro é Jane Austen.
Este libro trata da familia Bennet que ten cinco fillas (Lissy, Jane, Mary, Lydia e katty) que cada unha ten diferente maneira de ser. A nai destas o unico que pensaba era en casalas pronto e con homes ricos. Lissy unha das fillas maior non quería o que dicía a súa nai senón casar con alguén que ela quixera, de tal forma que cando o seu primo Collins lle pediu a man esta rexeitouno o cal fixo que todos se sorprenderan moito e a súa nai púxose fatal dos nervos, porque para ela Collins, ao ser rico, era o marido perfecto para a súa filla. Lissy ao final de moitos sucesos acabou guiándose polo seu corazón. Despois de moitos encontros desagradables e odio ante Darcy, acabáronse namorando e casaron. Jane viviu moitas desilusións por un amor que para ela era imposible, por culpa de que todos os querían separar, pero finalmente o amor de ambos puido con todo e acabaron casando. Lydia era a máis traste e escapou cun home que non lle conviña e para non acabar coa reputación da familia, acabárona casando con el aí nda que non lles agradou nada. Finalmente todo quedou amañado e todos felices porque despois de tantos problemas conseguiu cada un estar con quen quería...
Este libro non me gustou moito porque pereceume moi lioso e pouco comprensible.
Nota:5
Este libro non me gustou moito porque pereceume moi lioso e pouco comprensible.
Nota:5
Aire Negro
Este libro gustoume moito porque pareceume intrigante e misterioso e intrígate ata o final do libro.
NOTA: 8
martes, 15 de abril de 2008
TERRA BRAVA
Tempo despois, o Miguel fíxolles unha aposta ó Ferrete mais ó Séneca. Se tiñan peito suficiente para ir ao cemiterio de noite. Se se atrevían a ir esperaríalles unha cea gratis, pero se escapaban serían recordados na vila enteira coma dous covardes.
E, coma sempre, se queredes saber o final deste relato e doutros lede o libro de Ánxel Fole que paga a pena pois está moi ben.NOTA: 7
lunes, 7 de abril de 2008
A ILLA DO TESOURO
O libro que eu lin titúlase A Illa do Tesouro e o seu autor é Robert Louis Stevenson. Este libro trata de unha familia que ten unha pensión con un bar e un restaurante e un día apareceu un home que dicía ser un pirata. Déronlle pensión e os primeiros meses pagaba a hospedaxe pero despois deixou de pagar e aínda por encima cantaba unha canción moi rara, ademais era moi desagradable coa xente e os clientes protestábanlle ao dono pero non se atrevía a decirlle nada xa que era un pirata e tiña medo o que lle puidera pasar se lle dicía algo. O dono do bar tiña muller e fillo e o fillo era amigo do pirata. O pirata decíalle que tiña un tesouro escondido e contáballe as aventuras que o pirata vivira. O pai do rapaz enfermou e o pouco morreu, o rapaz e mila nai quedaron o cargo da pensión. Ó pirata veuno visitar un home que se facía chamar O Gato Negro e tiña un coitelo enorme. Viñera a visitar ó pirata para que lle dixese onde se atopaba o tesouro pero o pirata non lle dixo nada e o outro marchou. Despois apareceu un cego que tamén viña buscando ó pirata e quedaron no porto para falar. O pirata doulle un ataque e morreu xa que sempre estaba a beber ron e o médico dicíalle que non podía beber tanto que lle ía a dar algo pero él non lle fixo caso. O rapaz e maila nai subiron a habitación do pirata e coleron as cousas que tiña no baúl e alí había un mapa que o rapaz colleu. Cando estaban collendo as cousas do pirata sentiron unhas voces e o rapaz ó lonxe veu ao cego que traía moitos homes con el para atacar ó pirata e o rapaz e a muller escaparon de alí deixando ó pirata morto nas baldosas do bar. Os dous escaparon para o porto e a muller desmallouse o sentir que estaban pollendo a pensión patas arriba xa que estaban rompendo os cristais e estábanlle dando patadas as portas. Chegaron os gardas e os bandidos escaparon a correr e o cego meteuse no medio do camiño e como había moita neboa non se vía nada e os gardas atropellárono cos cabalos e matárono. Despois disto o rapaz marchou co garda e foron a casa do médico que tamén era o xuíz da vila. Cando o rapaz lle ensinou o mapa chamaron o home mais rico do pobo e ensináronlle o mapa. O home o ver o mapa sabía que podía gañar moitos cartos e comprou o barco mais grande e veloz que había e partiron para a illa. Levaban unha tripulación que estaba composta por uns homes que escollera o home. O capitán do barco era un home moi honrado e un día o rapaz escoitou a uns homes falar de que ían matar a tódolos tripulantes do barco para quedarse co tesouro. Só lles faltaba atopar o mapa e despois mataríanos. Ó rapaz contoulle todo ao capitán e mais o médico e estes tramaron un plan para contraatacar. Ó rapaz, cando chegaron á illa foi a dar unha volta e viu a un home que levaba tres anos alí metido sen falar con ninguén. Descubrirón un fortín e escondéronse alí. Cando os outros o descubriron empezaron a pelexar e a metade deles morreron. Atoparon o tesouro e se queredes saber o que pasou co tesouro e co grupo do rapaz lede o libro.
NOTA:9
Debuxos animados
Debuxos animados
miércoles, 2 de abril de 2008
Unha noite de venres
Trata sobre cinco mozos. Conta cada un o que lle sucede durante unha semana antes de chegar o venres e os problemas que teñen cada un... Estaban ansiosos de que chegara o venres pola noite porque para eles os venres son para desconectar e pasalo cos amigos sen ninguha preocupación. Pero cando por fin chegou a noite do venres preparáronse para saír e máis tarde reuníronse no bar de sempre aínda que antes tiveron diversos percances. Estiveron tomando unhas cantas cervexas e contando cada un os seus sucesos durante a semana. Ao pouco tempo cambiaron de lugar para ver que ambiente había nos diferentes sitios. Pero un dos mozos comezaba a encontrarse nervioso porque necesita un porro ou algo que o axudara esa noite a olvidar todas as preocupacións que tivera e así poder pasar ben ese venres como todos os anteriores... pero despois de moito buscar ninguén tiña nada por culpa do rexistro que fixera a policía pouco tempo antes, pero el non se conformaba e seguía buscando e preguntándolle a toda a xente que sabía que puidera ter. Así pasaron a noite dun sitio a outro de tal maneira que tiveron graves problemas toda a noite. Pero nada foi tan grave comparado coa disputa que tiveron cun mulato que coñecían e que foron á súa casa pensando que podía ter algo de droga e este como se negaba acabaron pelexando tanto que sen darse conta acabou todo moi mal porque a este matárono sen querer. Pero por se fora pouco a casa do mulato incendiouse. Entón marcharon todos asustados cada un para a súa casa pensando que ían acabar todos no cárcere pero tiveron sorte porque debido ao incendio non quedaron pegadas.
Este libro pareceume moi interesante porque trata sobre a realidade de hoxe en día, polo tanto aconséllovos que o leades.
Nota:8
martes, 1 de abril de 2008
Cairo Branco
Cairo Branco foi escrito por Jack London .
Dous homes levaban un morto a unha vila ó outro lado das montañas. Lévano nun trineo arrastrado por cans .
Na viaxe encontráronse cunha manada de lobos onde unha loba lle ía quitando os cans. Un dos homes enfrontouse aos lobos e morreu no enfrontamento, o seu compañeiro seguiu ata chegar a unha vila.
A loba tivo seis crías, cinco delas da cor dos cans e unha da cor dos lobos, o único que sobreviviu, os outros morreron nunha época de pouco alimento."O torto", pai dos lobos morreu no enfrontamento cun lince. A loba e máis a cría encontráronas uns indios que fixeran un campamento ao lado da cova onde vivían os lobos. Os indios foran os donos da loba chamada "Quichie"; ao lobezno puxéronlle o nome de Cairo Branco. Cairo Branco acabouse acostumando ás persoas pero a unha en especial. A nai morreu nunha pelexa de cans e Cairo branco foi co seu dono recorrer o mundo. Para saber o final hai que lelo.
OPINION:Gustoume o libro pero é algo pesado á hora de lelo.
NOTA: 6
miércoles, 5 de marzo de 2008
Las aventuras de Tom Sawyer
O último libro que lin é Las aventuras de Tom Sawyer e o seu autor é Mark Twain.
Este libro trata das aventuras dun rapaz chamado Tom Sawyer. A súa tía Polly estaba chamando por el para que fose merendar pero el non se daba conta de que Polly o estaba chamando porque estaba encerrado no soto comendo cousas azucradas. A súa tía estaba bastante preocupada porque xa había algún tempo que non sentira a Tom na casa e decidiu ir mirar á despensa para ver se estaba alí. Cando abre a porta e ve que alí esta o seu sobriño bótalle unha bronca moi grande porque a ela non lle gustaba que tomase cousas azucradas pero el nunca lle facía caso. Polly castigou a Tom sen saír da casa cos amigos porque el non lle fixera caso. Un día Tom, xa farto de tantos castigos e de tantos berros, decide marchar da casa porque xa non aguantaba que a súa tía non lle deixase comer o que el quixese e lle berrase por todas as cousas que el fixera. Mentres escapaba encontrouse con un dos seus mellores amigos, Joe. Tom cóntalle que está marchando da casa e dille se quere acompañalo. Joe dille que si e vanse vivir a un bosque e, para non aburrirse, deciden xogar a que son piratas e deciden ir buscar a outro amigo deles chamado Huck. Deciden facelo prisioneiro e ao final aliouse con eles e fixéronse os tres piratas do mesmo bando. En principio estábano facendo de broma porque estaban xogando a ser piratas pero un día descobren a uns homes falar sobre un tesouro que estaba soterrado no medio dun bosque.... Se queredes saber máis deste libro teredes que leelo.
Este libro gustoume porque está moi ben e porque me gustan os libros de aventuras.
NOTA: 7
martes, 4 de marzo de 2008
As aventuras de Pinocchio
Este libro está escrito por Carlo Collodi.
Pinocchio foi feito dun anaco de madeira. O home que o creou chamábase Geppeto. Geppeto era un home pobre que quería facer un monicreque. Cando xa tiña rematado o monicreque, este empezou a gastarlle bromas. Cando Pinocchio xa se fixo algo maior o seu pai queríao mandar á escola, pero faltáballe o silabario. Geppeto vendeu o seu abrigo para poder comprarllo. Esa mañá cando Pinocchio saíu da casa para a escola encontrou un teatro no medio dunha rúa, el decidiu vender o silabario para poder mercar unha entrada. Alí coñeceu a varios monicreques e o xefe deulle cinco moedas de ouro. Cando volvía de volta para a casa encontrouse cun golpe e cun gato, estes dicíanlle que podía ter moitos mais cartos se plantaba as moedas nunha leira. Estes empezaron a gastarlle bromas ata que o colgaron dunha póla. Unha fada salvoulle a vida, ela encariñouse con el e mandou chamar ao seu pai para poder vivir todos xuntos. Pinocchio botouse a correr polo camiño e perdeuse ata que se fixo can de garda nunha casa. Cando Pinocchio se dispoñía a volver para a casa da fada viu unha lápida co seu nome. Despois de todo o que lle ocorrera decidiu facerlle caso ao seu pai e ir á escola. O primeiro día todos os nenos burlábanse del. Coñeceu a Mecha co que tivo moitas aventuras. Pero un día cando xa non querían ir á escola marcharon para o país dos enredos e volvéronse burros. Pinocchio foi para un circo e Mecha para unha casa. Finalmente Pinocho encontrou ao seu pai e volveuse un neno.
Eu penso que este libro está ben para a xente que lle gusten as aventuras.
NOTA: 9
martes, 26 de febrero de 2008
CONTA SALDADA
O pai de Catalina, segundo contaban suicidárase pola ventá da súa oficina. Á súa familia afectoulle moito a súa morte, sobre todo Á súa filla. Catalina colleulle a súa nai as chaves da oficina onde traballara o seu pai para ver onde morrera e para recordalo. O primeiro que viu ó entrar foi que o ordenador estaba encendido e apareceulle o espirítu do seu pai, este explicoulle como fora realmente a súa morte, que o matara un cliente porque lle fixera mal un traballo...e contoulle todos os detalles que sucederon. O seu pai aproveitou tamén o momento para contarlle que tiña un irmán que tivera con outra muller. Catalina dispúxose a falar co seu suposto irmán para vingar a morte do seu pai...
Despois de moitos sucesos entre o seu "irmán" máis ela puxéronse de acordo e foron en busca dos homes que lle dixera seu pai que o mataran. Pasaron moitas cousasa xuntos dende conducir un coche sen carnet ata un lugar bastante lonxe ata incluso matar unha persoa, pero en defensa propia.
Finalmente conseguiron vingar a morte do seu pai e tamén descubreron por un análise de sangue que realmente non eran irmáns. Como resultado desta aventura que pasaron xuntos fixéronse moi bos amigos. E Catalina estaba contenta porque conseguira que a alma do seu pai descansara en paz xa que os homes que o mataran morreran...
O autor deste libro é Suso de Toro. Dun dos seus últimos libros podedes ver a o vídeo publicitario de abaixo.
A nota que lle poño a este libro é un 8 porque é un libro moi interesante e que se pode aprender moito da vida polo cal vos animo a que o leades.
miércoles, 20 de febrero de 2008
El Libro de la Jungla
O seguinte libro que lin escribiuno Rudyard Kipling e titúlase El libro de la Jungla.
Mowgli é un bebé humano, pero foi roubado polo tigre Shere Khan. A partir dese momento criouse cunha manda de lobos. O seu mestre foi Balú e a mellor amiga foi Bagheera. Mowgli tivo moitas aventuras xunto con estes habitantes da selva. Na selva tivo algúns problemas, sobre todo co tigre. Cando xa era un home el era o que mamdaba na selva.
Kotick era unha foca branca que naceu na praia de Novastoshah. Ela naceu alí porque as focas voltan ó seu lugar de orixe á hora de ter crías. As focas cando xa teñen tres meses de vida son abandonadas polos seus pais. Cando tivo un ano e medio de vida voltou á praia onde nacera para poder levar as súas compañeiras a un sitio novo onde o home non soubera del e así poder libralas de ir ó matadeiro.
Unha mangosta chamada Rikkitikkitavi encontrou unha familia que a criou. A mangosta fíxose moi boa amiga de Teddy. El quería a mangosta como unha mascota. No xardín da casa Rikkitikkitavi tivo un problema coa serpe Kaa. Os seus amigos no xardín eran o paxaro Darzee xunto coa súa muller.
Os animais da selva tiveron que deixar o seu lugar de orixe e acampar na entrada dunha cova, que resultou ser unha mina. Todos os animais empezaron a obedecer ao home e a acatar as súas ordes.
Penso que este libro esta moi ben sobre todo a quen lle guste a natureza e o que pasa entre animais e o home.
NOTA:9
martes, 8 de enero de 2008
Raquel

A autora deste libro é Isabel Clara Simó.
Este libro trata sobre unha rapaza que conta sucesos da súa vida nun diario. Nel conta diversos acontecementos que lle sucederon durante o curso, algúns bos e outros malos.
Raquel tivo un momento no que o pasou realmente mal porque cando a súa mellor amiga enfermou gravemente de cáncer tivérona que levar a outro país para que a intentasen curar. Raquel dende que a súa amiga marchara apenas sabía nada dela e iso que lle mandaba cartas porque a estrañaba moito. Ata que un día enterouse de que a súa amiga volvera á vila, pero ela non a avisara. Ós poucos días Raquel entérase de que a súa amiga empeorara de repente, e morrera. Raquel pasouno realmente mal, pero co tempo foise recuperando e seguindo coa súa vida.
Raquel conta tamén no seu diario que se sente contra gusto co seu aspecto físico e intenta buscar unha solución ó seu problema...A relación entre os seus pais cada vez empeora, ata tal punto que deciden separarse, porque o pai de Raquel enamorouse doutra muller. Isto a Raquel e a súa nai afectoulles moito. Unha vez separados, Raquel decidiu quedar coa súa nai pero o seu irmán preferíu ir co seu pai.
Finalmente Raquel a causa da separación dos seus pais tense que poñer a traballar, para axudarlle a súa nai cos gastos e pagar os seus estudos. Pero isto non lle importaba porque tiña o apoio do seu gran amor, Oriol.
Nota:7
O motivo de que lle poño esta nota é porque é un libro bastante bonito que nos fai ver como é a vida realmente para algunhas persoas e mirar igualmente pase o que pase cara adiante, e por isto mesmo aconsellovos que o leades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
