Este libro que lin trata dun rapaz chamado Bruno que se tivo que mudar con toda a súa familia para Auchviz por motivos de traballo do seu pai. Bruno tiña dez anos e non quería mudarse para alá porque tiña a súa vida e os seus amigos en Berlín. Un día, súa nai díxolle que fixese as maletas porque pronto se ían ir, que estaba esperando por eles seu pai.
Cando xa chegaran a Auchviz, Bruno quedou asombrado porque a casa era máis grande cá de Berlín. Bruno e súa irmá, que era máis vella ca el, levaron as súas cousas para os cuartos e Bruno foi á ventá e alí viu un patio con moitos rapaces, entreténdose. Bruno díxolle a súa irmá que fose mirar e pareceulles moi estraño que tivesen a mesma roupa, un pixama a raias.
Un día, Bruno, que estaba canso de estar en Auchviz, decidiu falar con seu pai e foi ata o seu despacho onde lle díxo que quería marchar de alí porque se aburría moito e seu pai díxolle que tiñan que estar alí porque a familia tiña que estar xunta en todos os momentos.Bruno marchou enfadado do despacho de seu pai.
Despois foi a xunto da criada, pediulle que falase ela con seu pai para marchar de Auchviz; pero ela díxolle que non podía pedirlle iso porque a ela axudoulle cando máis o necesitou dándolle traballo. Entón díxolle que tiña que entender que seu pai estaba facendo todo pola familia, para que estivesen todos ben. Bruno estrañaba moito aos seus amigos, pero tamén estrañaba moito os seus avós que quedaran en Berlín. O pai de Bruno era un militar que estaba destinado ao exterminio de Auchviz. Un día, Bruno decidiu dar una volta para coñecer o lugar donde ía vivir. Chegou a una alambrada dentro da cal había un neno sentado no chan. Bruno preguntoulle como se chamaba e que facía alí só. Entón o neno díxolle que se chamaba Shmuel e que non facía nada. Bruno marchou, pero díxolle que volvería.
Ese mesmo día, á noite, o pai de Bruno trouxo a cear á casa un home que traballaba con el e estiveron sós sen Bruno e súa irmá. Bruno fíxose moi amigo de Shmuel e íao visitar case todos os días.Shmuel cóntalle a vida que pasou no campo traballando e a Bruno non lle gustou nada. Un día, a nai de Bruno discutiu con seu pai porque quería volver para Berlín pois non lle gustaba esa vida para os seus fillos. Bruno estaba contento de volver para a súa casa e xunto cos seus amigos. Esa tarde Bruno foise despedir de Shmuel, pero presentóuselle un problema e era que Shmuel non encontraba a seu pai e entón Bruno decidiu axudarlle antes de que marchasen. Shmuel tróuxolle un pixama a raias para poder entrar e que ninguén se decatase. Shmuel e Bruno non atoparon o pai de Shmuel e entón Bruno quixo marchar para a casa pois xa era tarde, pero xa non podía saír porque os vixiantes do recinto estábanos mandando entrar. O pai de Bruno e os seus compañeiros de traballo xa tiñan pensado meter os nenos daquela alambrada para un lugar cerrado con gas dentro para axfisialos e fixérono, pero o problema estaba en que alí dentro estaba tamén Bruno e ninguén se dera conta. Os rapaces morreron xuntos e o pai de Bruno decatouse pola roupa do rapaz, que estaba tirada ao outro lado da alambrada. Entón, ao pai de Bruno xa lle daba todo igual, el sabía que cometera un erro moi grave. A el e mais aos seus compañeiros leváronos de Auchviz e a cidade quedou defendida polo Exército Vermello. A cidade quedou liberada dos nacis.
A nota que lle poño:8