jueves, 20 de diciembre de 2007

EL LAZARILLO DE TORMES




El Lazarillo De Tormes es un libro muy interesante escrito en castellano antiguo. Ahora os lo voy a resumir:
Al Lazarillo de Tormes le llaman así porque su madre lo engendró en el río Tormes, ya que su padre trabajaba en el molino. Él vivía con sus padres hasta que la justicia se llevó a su padre y lo ejecutó. Tiempo después su madre tuvo un novio moro. Lázaro al principio no le quería pero después ya le fue cogiendo cariño. Gracias a él había más dinero, más comida y leña en invierno. Pero la justicia también se lo llevó a la cárcel. Un día estando en la taberna con su madre acordaron que se tendría que ir a vivir con un ciego. Entonces se fue a vivir a Salamanca con su amo. Éste nada más llegar le dio un golpe contra un toro de piedra. Lázaro pasaba bastante hambre con el ciego. Entonces le tenía que robar el vino, el chorizo, el pan....
Pero el ciego cuando se daba de cuenta le daba una paliza. De modo que un día que llovía a cantaros tenía que alludarle al ciego a pasar un regato que iba lleno por la fuerte crecida. El ciego necesitaba la ayuda de Lázaro para pasar. Éste buscó el sitio más estrecho para pasar, y de un salto pasó a la otra orilla. Pero cuando el ciego saltó, en la otra orilla había un poste de piedra con el que chocó y se abrió la cabeza. Después el chaval se escapó corriendo mientras su amo maldecía en el suelo. Después de esto tuvo de amo a un abad de un monasterio con el que vivío pasando hambre, y al que tuvo que robar sus panes por la noche para poder llevarse algo a la boca, hasta que éste lo descubrió y lo echó.

Después de esto, Lázaro se fue a pedir a una plaza y allí encontró a su tercer amo que era un caballero noble. Éste hombre tampoco tenía que comer y pasaba hambre. Pero fue el único de sus amos que no le puso la mano encima. Finalmente escapó de la ley y dejó a Lázaro solo.
Lázaro tuvo otro amo , un buldero con el que pasó buenos y malos momentos.
Si quereis saber más sobre este libro, leedlo.
Este libro me gustó porque es divertido pero es dificil de entender porque está en castellano antiguo, de modo que yo no lo recomiendo.
Nota: 7

O centro do labirinto


Este é o terceiro que lin. O seu autor é Agustín Fernández Paz.
Este libro tratra dunha muller chamada Sara que ten un fillo chamado David. Estes viven en Berlín. Sara é unha muller que viaxa moito por culpa do traballo. Este verán Sara tivo que viaxar a Compostela a ver uns petróglifos. David esta vez decidiu viaxar con ela e coñecer como era Compostela. Esta mañá saíu co seu aeuromóbil dar unha volta, pero nesa saída tivo un accidente. O seu aeuromóbil chocou contra unha árbore. A xente do vila máis cercano collérono e levárono para a súa casa, xa que este perdera o sentido. A súa nai tiña uns compañeiros de traballo chamados Walter e Frida e coa axuda destes mandou a policía na procura do seu fillo. David estaba todo o tempo custodiado por unha rapaza chamada Brenda. Pouco a pouco fóronse namorando. Sara estivo moito tempo roldando o lugar do accidente. Nunca conseguira probas para poder demostrar que o seu fillo tivera o accidente nesa zona. Sara encontrou o pendente que David levaba posto. Ela sempre lle contaba todo a Walter , pero este xunto con Frida querían facer desaparecer a Sara xa que crían que era unha boa oportunidade.
David e Brenda decidiron vivir xuntos, David foi aprendendo palabras daquel costume de vida xa que era moi distinta a súa. Sara enterouse do que lle querían facer os seus amigos e xunto con todo o mundo daquela vila sacaron e buscaron información para xustificar o porqué querían botar a xente das aldeas. Sara voltou para Berlín e David quedou alí con Brenda e este díxolle que se algún día tiña que marchar de alí voltaría se ela non marchaba con el.

Este libro gustoume porque trata de moitas cousas pero sobre todo de aventura.

Recoméndollo a todas as persoas que lle guste a aventura.

NOTA: 8

Corredores de sombra



Este libro, escrito por Agustín Fernández Paz, trata dunha rapaza chamada Clara que un día descobre un esquelete cun furado de bala no cráneo.

O esquelete aparece envolto nunha alfombra nun pazo que se estaba reformando. Clara ó descubrir o esquelete tivo a intriga de saber todo acerca dese asunto, pediulle ós seus amigos que lle axudasen porque senón ela sóa non ía dar resolto ese misterio sobre o dito esquelete. Os seus amigos axudáronlle a ela encantados porque a eles tamén lle gustaban os asuntos relacionados co misterio. Despois de tanto investigar conseguiron averiguar de quen era o dito esquelete pero se de verdade queredes saber de quen era o esquelete e o seu misterioso furado de bala no cráneo teredes que ler o libro.

O libro gustoume porque é bastante interesante e ten moito misterio en case todo o libro.

NOTA: 7

Pasar o límite





O autor deste libro é Javier Alfaya.
Este libro trata dun mozo chamado Gabriel ao que lle morren os seus pais con tan só 17 anos. A súa irmá pediralle que fora vivir con ela, a Madrid. Pero el non quixo porque non se imaxinaba vivir lonxe do mar e dos seus cans, que son os seus fieis amigos. Entón decide quedar na casa na que vivira sempre cos seus pais. A súa vida segueu transcorrendo tranquilamente como antes de que morreran os seus pais, ata que un día a súa vida cambiou por completo... Como lle facían falta cartos para cubrir os seus gastos e andaba algo xusto deles meteuse no que non devía. Empezou a tratar co "Home Gordo" que se dedicaba ao contrabando. O trato que fixo con el consistía en que lle tiña que deixar a súa finca, que estaba preto do porto para gardar a mercancía de contrabando...Gabriel recibía unha cantidade de cartos por cada vez que escondían a mercancia na súa finca.
Pasou o tempo e a cousa seguia igual, aínda que a Gabriel parecíalle algo moi arriscado pero á súa vez tamén unha aventura coa que gañaba cartos. Ata que un día o Home Gordo lle dixo que lle tiña que axudar unha noite a traer a mercancía. E despois de moito pensalo aceptou porque lle propuxeron moitos cartos. Pero esta aventura saíulles moi cara porque a policía pillounos e leváronos a todos para o cárcere menos a Gabriel porque dou escapado. Isto serviulle para deixarse de meterse no que non debe e centrarse no que realmente quere ser na vida, mariño.

Este libro gustoume porque nos ensina o caro que nos pode saír meternos no que non debemos... Recomendo que o leades porque é un libro que nos ensina o que é a vida en realidade.
Nota:7

Mutacións Xenéticas










O libro que eu lin titúlase Mutacións Xenéticas e a sua autora é Fina Casalderrey. Este libro trata de que un rapaz que se chama Hadrian e vive en Londres vai pasar as vacacións co seu avó que vive en Galicia, concretamente en Fisterra.
Os pais do rapaz ían ir de lúa de mel e como non tiñan con quen deixar ó rapaz mandárono co seu avó. O rapaz pensaba para si que todo o que estudiara non lle valera para nada porque agora íano mandar co avó e alí íase aburrir moito.
Ó día seguinte que lle deron as notas ó rapaz os pais acompañaron a Hadrian ó aeroporto e Hadrián nunca montara en avión. Cando chegou a Santiago buscou polo avó pero non o atopou e foi para o bar do aeroporto. Acordouse da equipaxe pero cando foi collela xa non estaba. Regresou ó bar e alí viu a un señor que non tiña moi boas pintas pero tiña a súa equipaxe. Preguntoulle se era Manuel e el respondeulle que si. Hadrian montou no seu coche e cruzaron moitas aldeas e moitas montañas. Chegaron a unha casa que era moi vella. O avó parou e baixou do coche. Abreu as portas do garaxe e meteu alí o coche. Baixaron por un corredor que estaba ás escuras e chegaron a unha parte na que había un aparello que ía por debaixo da auga. O avó díxolle que estivera tranquilo que el fixera un túnel especial para que o aparello non rozara contra as paredes para non rompelas. Hadrián miraba para os lados e vía os peixes e as plantas que había debaixo da auga. Chegaron ata a vivenda e era como unha especie de cova, só que tiña mobles, luz e ademais estábase quente aínda que polas paredes caía auga do mar que estaba fría. O avó de Hadrián era un científico moi importante que estaba traballando nun traballo que cambiaría a vida do mundo. El dixera que estaba retirado para que os periodistas o deixaran en paz. En Fisterra toda a xente pensaba que era un campesiño que vivía no medio do monte porque estaba algo tolo. O avó díxolle a Hadrián que se tumbase a descansar xa que mañá lle tiña que ensinar unha cousa moi importante. Ó día seguinte o avó non estaba na casa e Hadrián saíu pola porta pola que o avó lle dixera que esa porta non podía ir só. Hadrián saíu e foi por unha cova e chegou ata o que parecía un pequeno laboratorio. Cando entrou alí había unha gran serpe e Hadrián quedouse quieto. Cando a serpe o ía picar Hadrián gritoulle que parase e a serpe marchou. Hadrián botou a correr para a casa pero con tantos nervios perdeuse e comezou a berrar. O avó ó escoitalo chamaba por el pero non o vía. Hadrián chegou á casa e o avó estábao esperando á porta da casa pero non lle dixo nada. Hadrián preguntoulle que facía con eses animais e entón o avó díxolle que estivera os cinco últimos anos experimentando con todo tipo de animais e lograra amaestralos e agora non farían falta os robots e consumiríase moita menos enerxía. O avó pensaba vender os animais a África para que a xente non traballase tanto. O avó dixéralle a Hadrián que en Fisterra só tiña un amigo de confianza e que vivía nun barco. O avó díxolle a Hadrián que ía facer a compra e que volvía nunha hora máis ou menos. Hadrián esperou toda a tarde e toda a noite pero non aparecía e entón saíu en busca do avó e na praza da vila estaba o coche del coas chaves tiradas ó lado da roda do coche. Hadrián acordouse do que lle dixera o avó e foi onda o seu amigo. Os dous empezaron a buscalo por toda Fisterra pero non o atoparon.

Se queredes saber como atoparon o avó só tedes que ler o libro. E este libro está moi ben porque contén moitas aventuras e ademais é un libro que contén moita intriga porque non se sabe o que vai pasar co avó ata que remata o libro.

NOTA:9

A LUS DO CANDIL



A lus do candil é un libro deÁnxel Fole da editorial Galaxia S. A. Este libro está composto dunha serie de contos e eu voulle contar un deles o que máis me gustou. Este conto titúlase "O LORDANAS".
O Lordanas era un enterrador dunha vila da zona do Courel. El era un home que vivía para a súa profesión e nunca ía a casa para xantar. O seu fillo era o encargado de levarlle todos os días a comida ata o cemiterio. Un día o Lordanas despois de xantar deitouse a dumir un pouco ao lado dunhas tumbas pero cando despertou xa era de noite e estaba tronando. Entón el ergueuse do chan e ía camiño da porta pero mirou cara atrás e atopou un home que levaba posto un chapeu e un abrigo. Ese home era moi pálido. Entón cando ollou ben cara el pensou que era un morto e escapou correndo para a casa e de alí a dous días morreu.

NOTA:8

A Historia do home-can






A Historia do Home-Can escribeuna Pepe Carballude e publicouna Everest Galicia na colección punto de encontro.
Faustino Santos era notario pero non traballaba porque lle tocaran un montón de millóns e agora só tiña unha ilusión, a de recuperar a xuventude.
Atopara un menciñeiro que lle dera unha menciña que el tomara sen ler as indicaciós e non se podia mesturar con alcohol. Por ese motivo volveuse can e a súa muller botouno da casa porque non sabía que era el. Entón decidiu ir ó parque pero todo o mundo cando o oía falar tíñalle medo e collérano varias persoas para facerse ricas a conta del. Foi para a cidade e entón foi a varios sitios entre os cales tivo que ir á caixa de aforros para realizar unha obra benéfica e só lle fixeron caso cando falou de cartos.

Ese día foi para a vila de novo e foise cun amigo para unha choza. Cando espertou a media noite volvía ser como antes. Entón decidíu ir pasar a fin da noite coa súa muller.

NOTA 8

Este libro gustoume moito porque é divertido e moi pouco enrollado.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Nace un campión


Nace un campión é un libro escrito por Úrsula Heinze, publicado por xerais na colección Fóra de xogo.

Nace un campíon trata dun rapaz que en educación física non se lle daban moi ben as probas que mandaba facer o profesor. Un rapaz que non era un dos seus mellores amigos axudoulle e mellorou moito.

No colexio todos os anos facían unhas probas nas que os que gañaban tiñan un aprobado xeral e unha excursión pero o problema que tiña Andi era que non sabía nadar porque lle tiña fobia á auga por algo que lle pasara de pequeno. Súa avoa fora campioa de natación cando era nova, entón ó enterarse axudoulle a Andi a perder a súa fobia coa auga e Andi empezou a mellorar a pasos axigantados. O día da competicion un dos seus amigos estaba moi enfadado porque lle quixera axudar e el negárase con disculpas. Ese día ninguen confiaba nel excepto súa avoa e seu irmán todos daban o aprobado xeral e as vacacións por perdidas pero Andi fixo os cen metros braza perfectos e gañou, así conseguian os puntos que lle faltaban e conseguirongañarlle o colexio rival.

Dende aquela os dous amigos foron fichados polo equipo nacional de natación pero nas primeiras competicións non lle saíron moi ben e case se rende pero súa avoa animouno e entón seguiu coa competición quería ser profesional para saber como o fixo hai que ler o libro

Este libro pareceume moi bo

De nota doulle un 8

Retrincos


O libro que vos vou resumir escribiuno Castelao e chámase Retrincos . Consta de varios relatos , un deles titúlase PEITO DE LOBO.

Nuha pequena vila galega un rapaz fixo un cabezudo para carnavais. Logo acordou cun rapaz para que este se disfrazara da cabezudo. Cando chegou o día de carnavais o cabezudo saíu o cabezudo e toda a xente comezou a decir que o cabezudo era un retrato de peito de lobo. Peito de Lobo era un home moi forte e bruto e se pillaba ó rapaz íao esnaquizar. O rapaz meteuse na casa e a muller de Peito De Lobo foi avisar ó rapaz de que o seu marido andaba atrás del e que tivera coidado. De aí a uns meses topouse con Peito de Lobo ó lado río .Mirouno e comezaron a falar , e fixéronse amigos. Tan amigos que non lle importou que todos os anos por entroido saíra o cabezudo. O cabezudo saía cada ano e toda a xente saía das casas para ver aPeito De Lobo .

Se queredes saber o final lede o relato.

Este libro gústoume bastante e recoméndollo á xente que lle guste a súa terra.

Nota: 7

martes, 4 de diciembre de 2007

Xoel


É un rapaz que tivo unha vida bastante dura. Xoel cando chegou do colexio, na súa casa pasara algo moi grave. A súa nai ese día tivo dous infartos que lle costaron a vida e por se fora pouco tamén nese mesmo momento o can de Xoel todo asustado polo sucedido cruzou a rúa cando pasaba nise momento un camión que acabou coa súa vida o mesmo tempo que morria a súa nai. Pero el deuse conta de que non sentia nada en realidade polo que lle estaba a suceder cousa que lle seguia sucedendo ainda que pasaran os días dos sucesos e claro iso era de supoñer que non era normal o ser a súa familia, pero o seu pai pensaba que realmente estaba mal polo sucedido e estaba moi pendente del.
Xoel nos estudos ía realmente moi mal. Pero antes de comezar o curso puxose realmente moi enfermo que case xoga ca súa vida, ista enfermedade fixolle estar tres anos na cama de repouso.Pero a Xoel dentro do malo serbeulle estos anos na cama para coñecer como son en realidade as persoas que o rodeaban, e tamen a mellorar nos estudos grazas a Lurdes, a moza do seu pai. O tiverono que operar e como quedou bastante ben o pouco tempo puido continuar os estudos.
Cando por fin lle ía todo bastante ben con todo, sobre todo coa súa moza María. Chegalle un día a noticia de que o seu pai morrera. Venlle o mundo encima pero grazas o apollo de todos os que o rodeaban e o seu traballo deuse recuperado do sucedido dentro do mal...
A nota que lle poño a este libro é un 9 porque aprendese a dura que pode ser a vida pero apesar de todo o sucedido podese seguir cara diante. A autora é Isabel Clara Simó.
NOTA: 9